24 de xan. de 2011

Uxía - Eu en ti / Celso Emilio Ferreiro



Eu en tí

Eu xa te busquei,
cando o mundo era unha pedra intacta,
cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei,
no comenzo dos mares e das chairas,
cando Deus procuraba compaña,
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei,
cando soio o vento soaba,
cando o silencio chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei,
cando o amor era unha folla branca,
cando a lúa namoraba ós altos cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre, sempre,
dende a neve dos tempos,
sempre, sempre,
eu na túa alma.

Celso Emilio Ferreiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario