8 de feb. de 2011
O afiador-Los Suaves [Ourense, 18-09-10]
Vaise achegando á sua casa
onde se afoga o sol
e vai pechando os ollos
para poder ver mellor
A choiva xa se afastou
esperataron as estrelas
e vese o camiño do ceo
moito más ca o da terra
E vaise achegando só
cavilando triste e vello
vive mentras non morre
a soedade mete medo
Foi daca pra acolá
e xa que chega a sua hora
ven botarse a descansar
a deixa-la roda soa.
Noite, neboa hora segreda
tempo do afiador
e que nunca vai gañar
solitario soñador
solitario perdedor...
Os longos dedos do sol
afastan o mato da néboa
país que por centos de anos
fuches o cabo da terra
Vai chorando coma sempre
por cousas que son máis que penas
tras a fiestra non hai lume
nin benvida na cancela
No pozo das lembranzas
foi coitado remexer
e das augas acougadas
chegan falas de muller
Contan que cando o soubo
eso foi o que o matou
a bágoa de ter que sabelo
a bágoa dunha traición
Noite, néboa hora segreda
tempo do afiador
e que nunca vai gañar
solitario soñador
solitario perdedor...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario