Décheslle sentido a cada sentimento que tiven, non só me gustas, é mais ca iso. Fasme sentir segura cando estou contigo. Quero lembrarte sempre así, como a primeira vez que te coñecín. A túa imaxe na miña mente quedou. Os teus ollos fixos nos meus. Es a marabilla dun amencer nos teus ollos brillantes do sol. A maxia de mirarte non se acaba. Es parte do meu ser, en min estás. Sei que o tempo pasa rápido e máis estando contigo, ao teu lado. Sinto un oco no meu interior, faime feliz e pecharase. Cólleme da man e apértame e dime que me amas, logo bícame e agarda a miña resposta, pero por favor, dime o que sentes por min.
Só de ti quedan as lembranzas, aínda que non chegásemos á nosa fin. Non choro porque aturo, senón...un mar de bágoas habería, bágoas de amor, de sentimentos que atopei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario