21 mar. 2011

Carta de amor gañadora na modalidade de Bacharelato

Pan bendito o sentido, é a túa face,
que se funciona fareime monaguillo.
É o teu corpo, sínodo escrito marcan os meus dedos, non hai nada que non sexa fermoso. Doce camiñar sobre a túa pel, é o liño, que non hai vida se non é contigo. Atractivo danzar, son os teus ollos, que ao mirar hipnotizan os meus recunchos. É o vento, agradable voar sobre o teu cabelo, que non me chega nin un momento. Fértil sorriso fan os teus beizos, é divino, que non hai sabor agre, se non é contigo.
Se non é contigo, non é amor, non existe razón para seguir o meu camiño. Se non é contigo, non é sexo, o que sinto, cando me arrimo.
Se me arrimo, non é cariño, o rozar, se non me vas amar. Se non me vas amar, meu amor, dimo, que eu pecharei a billa. Se pecho a billa, meu tesouro, morrerei, porque non existirei, se non é contigo.
Ai, meu amor, se non é contigo, non é. Se non é contigo, non é.

No hay comentarios:

Publicar un comentario