O Carballiño celebra o próximo 6 de marzo a XVII Festa da Cachucha
O alcalde de O Carballiño presentou a programación da XVII edición da Festa da Cachucha, que terá lugar o próximo 6 de marzo. Carlos Montes destacou esta festa como unha cita máis dentro do calendario carballiñés, asegurando que xa se están a barallar cambios para próximas edicións xa que “na actualidade a carpa da praza do Emigrante, xa non se pode ampliar máis, e cada ano é máis a xente que quere acudir”. Un ano máis poderase disfrutar o cocido de cachucha no recinto da Pista Roxa, ou nalgun dos 16 restaurantes que participan este ano.
Para a primeira opción deberase mercar a entrada na oficina municipal de recadación ao prezo de 12 euros se se acude disfrazado, ou 17 euros se se decide ir sen disfrazar. O menú consistirá en cacheira, lacón, chourizo, carne, verdura y patacas, doces de antroido, viño do Ribeiro, café, e licor café.
Os que queiran desfrutar do cocido de cachucha deben saber que os restaurantes participantes serán Baccus, Muiño das Lousas, Derby, Esclavo, La Cubana, Casa Gazpara, O Noso Lar, Pazo do Outeiro, O Pituxo, O Pote, O Lecer, A Maquía, Bar dos Callos, Pulpería O Carballiño, Restaurante do Xosé y el Mesón do Pulpo.
O programa oficial da Festa da Cachucha comezará ás 11:00 horas coas bombas de palenque. Á 12:00 terá lugar o primeiro pasarúas das charangas de antroido. A carpa para a comida oficial abrirase ás 14:00 horas, no transcurso da mesma entregaranse os premios da III Olimpiada da Tapa. Está tamén prevista a actuación da charanga Garrafón.Com de Chantada e o grupo de percusión Aperta de Vigo.
(na web do concello)
Ningún comentario:
Publicar un comentario