Este sábado día 26 de febreiro dará comezo un novo taller de disfraces de entroido, organizado pola concellaría de Cultura do concello do Carballiño, e dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos. Este taller impartirase en horario de tarde, desde as 16:30 ás 19:30, no local de Familias Madrugadoras.
A edil de Cultura, xunto coa monitora deste taller, mostraron cales serán os disfraces que realizarán, todos de sinais de tráfico “e desa forma ademais de divertirse e crear unha máscara para este entroido, irán aprendendo algunhas normas de tráfico”.
O taller desenvolverase este sábado e o próximo, 6 de febreiro, e os interesados poderán inscribirse na oficinas municipais de Cultura, situadas na segunda planta do concello.
(na web do concello)
Ningún comentario:
Publicar un comentario