A Coordinadora Galega de ENDL está detrás desta publicación que ten como destinatarias as familias do alumnado non universitario.
"Ollos de aula" é unha nova publicación que dará cabida á actualidade
educativa e a temas de interese pedagóxico e achegará suxestións para
axudar na tarefa educativa ás familias.
A Coordinadora Galega de ENDL está detrás desta revista para as
familias do alumnado non universitario que chegará ás casas a través dos
centros educativos e dos Equipos de Normalización Lingüística.
A publicación ten como obxectivos achegarlles ás familias información
variada ao redor da educación e convidalas a reflexionar sobre aqueles
temas que lles preocupan como
nais e pais. Ao longo das distintas seccións procurarase darlle
resposta ás preguntas que formulen as familias, afondar en temas de
actualidade, explicar conceptos propios
do ensino ou achegar suxestións (lectura, música, viaxes…) para seren compartidas cosfillos e fillas, sen esquecer, loxicamente, a actualidade da lingua galega e as reflexións sobre a súa aprendizaxe.
Especialistas no ensino
Os artigos estarán asinados por profesionais do ensino e especialistas
na materia que se trate co obxectivo de que a información sexa rigorosa e
se axuste o máximo posible
á realidade que se vive nos centros e nas casas.
"Ollos de aula" ten unha periodicidade mensual, unha extensión de oito
páxinas e pode ser personalizada por cada centro ou ENDL para adaptala á
súa realidade máis
próxima. Ten unha versión dixital que pode visionarse na www.coordinadoraendl.org.
EN GALICIA CONFIDENCIAL
EN GALICIA CONFIDENCIAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario