22 de xan. de 2013

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2013

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2013 1.- Poderá participar todo o alumnado de ESO e Bacharelato deste centro. 2.- A carta terá como tema o amor e a extensión será como máximo de dous folios. 3.- Os participantes entregarán as cartas no Departamento de Lingua galega, dentro dun sobre onde tamén irán os apelidos e nome do participante así como o curso. 4.- Haberá dous premios, un na modalidade de ESO e outro na modalidade de Bacharelato. 5.- O xurado estará composto polos integrantes do Equipo de Dinamización da Lingua Galega 6.- O prazo de presentación rematará o xoves día 14 de febreiro.
CARTA GAÑADORA 2013 SEUDÓNIMO: DAFNE Lémbralo? Foi deste mesmo xeito a primeira vez que falamos. Eu estaba sentada ao teu carón sen dicirche nada. Estaba a tremer da emoción e de amor, escribíndoche da mesma maneira que o estou a facer agora. A miña man tremía, tiña medo, pero seguía escribíndote porque cada día amábate máis. Pero pasou o tempo, pasou... e agora estás con outra. Ogallá puisese arrincarte do seu lado e levarte comigo e fundirnos nas horas felices daquela vez, naquela loucura, naquela loucura que sentía ao teu carón. Lembro todos os momentos que vivimos e pasamos xuntos. Lémbralos? Non os esqueciches porque aínda os lembras tanto coma min. Doeríame saber que non me queres da mesma maneira que eu o fago. E aínda agora que esteamos separados, quero expresarche con esta carta o que aínda sinto por ti, porque es a miña razón de existir. Vólvome tola de ciumes, cando lle sorrís a el. O único que fixen foi amarte e quererte e ese dereito non quero que ninguén mo quite, porque aínda te sigo querendo , porque es parte do meu ser. Praceríame verte durmido de novo ao meu carón, seguir vivindo o soño que tiñamos os dous e que volvésemos ser un. Se soubeses as veces que te busquei. Moitas veces agardei fóra da túa casa, para poder verte desde lonxe porque necesito sentirte preto de min.
Gustaríame que cando leses esta carta pensaras o mesmo e que volveses lembrar aqueles momentos inesquecibles que vivimos e que sempre levarei gravados no meu corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario