23 de xan. de 2013

CONCURSO DE COPLAS DO ENTROIDO 2013

BASES: 1.-Haberá dúas modalidades, unha para alumnado de ESO e outra para o de Bacharelato. 2.- As coplas realizaranse de maneira individual ou em grupo. 3.-As coplas estarán feitas en galego e tratarán de temas diversos e de actualidade. 4.- O alumnado que desexe participar terá como data límite o 7 de febreiro. As coplas presentaranse nun sobre pechado cun pseudónimo. Dentro do sobre irán os datos do grupo (Nome, apelidos e curso). Deberanse entregar no Departamento de Galego. 5.- Haberá premios para as mellores coplas e o xurado estará composto polos membros do E.D.L.G do centro.
COPLAS GAÑADORAS 2013 O Entroido achégase temos moita ilusión para disfrazarnos con moita emoción No mes de febreiro como no Nadal a gastar os cartos ata rebentar Neste Entroido nada de festas xa que a crise deixounos débedas En tempo de crise estamos en España con tan pouco diñeiro ninguén nos gaña Neste instituto todos nos disfrazamos para festexar o Entroido deste ano

Ningún comentario:

Publicar un comentario