6 feb. 2014

CONCURSO DE MICROCONTOS

Co gallo do Día dos Namorados, o Departamento de Lingua galega convoca un concurso de MICROCONTOS para alumnado de ESO e Bacharelato deste centro.

BASES:

1.- Os contos estarán escritos en galego.

2.- A extensión dos contos será como máximo de dez  liñas e como mínimo de unha.

3.- A temática será sobre o AMOR ou o DESAMOR.

4.- Os microcontos virán dentro dun sobre pechado, cun seudónimo. Dentro do sobre estará o microconto e os datos persoais do alumno/a. Nome, apelidos e curso.

5.- A data límite para entregalos no Departamento de galego será o día 13 de febreiro.

6.- Haberá tres modalidades de premios: unha para o primeiro ciclo de ESO, outra para o segundo ciclo de ESO e outra para Bacharelato.

7.- O xurado estará composto polos integrantes do Departamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario