26 feb. 2014

COPLAS DE ENTROIDO



Xa vén o Entroido
disfrazámonos todos
Comeremos cacheira
Comerémola enteira


Xa vén o Entroido
A nosa alegría
Xa vén o Entroido
Bailemos todo o día


Xa vén o Entroido
minivacacións
Xa vén o Entroido
Cantemos cancións


Xa vén o Entroido 
días para descansar
Xa vén o Entroido
 pero podes estudar

RUBÉN PAZ (2º A)

Todos temos outra cara
ninguén é quen debe ser
perrucas, gafas e bigotes
todo o mundo está ó revés


Meu irmán é unha vella
e meu pai un xaponés
xa ninguén me recoñece
ninguén sabe quen é quen

LUCAS MARQUINA (2º A)

No hay comentarios:

Publicar un comentario