É emocionante. A decisión da RAG. O feito.
Miro os post-it en Poesía última de amor e enfermidade, o caderno do paxaro cheo de anotacións.
Penso nos amigos xa inoculados pola súa poesía. En todos os que quedan.
Penso nesa cita das balas que tomei para un poema da escrita do desexo, que aínda non.
Penso en tódolos adolescentes e escolares que chegarán agora a Pereiro.
Penso no moito que se vai ler.
Leo o artigo de Iago Martínez e asinto, e sorrío.
Sorrío e penso nos posts de febreiro (Lois Pereiro I, Lois Pereiro II), naquelas semanas léndoo, estudándoo, rendida. Rendida.
E na rayuela infinda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario