Fíxoo nun comunicado publicado con motivo da celebración do Día de Galiza pola Fundación Instituto de Estudos Políticos e Sociais, no que invita a pensar sobre a necesidade de actualizar o autogoberno galego e poñelo "á vez" do resto de nacionalidades históricas –é dicir, Catalunya e País Vasco.
"De abordar, por fin, a reforma do noso Estatuto con espírito de consenso e entendemento, co obxectivo de reforzar os nosos sinais de identidade, as nosas competencias e a nosa presenza nos distintos ámbitos de decisión que nos afectan", proclama o comunicado.
O que foi secretario xeral do PPdeG con Manuel Fraga, avoga por estender a "reflexión" á necesidade de tratar "entre todos" o difícil momento económico actual, "desde o entendemento e diálogo, a racionalidade de gasto e a solidariedade", como resposta aos que "de forma interesada", pretenden usar a crise "como elemento de descrédito" para o Estado autonómico, "nostálxicos seguramente dun centralismo afortunadamente superado".
“Maior promoción ao galego”
Tamén insta a reflexionar sobre o necesario que, ao seu xuízo, resulta dispensar "unha maior protección e promoción" da lingua galega, que identifica como o "faro" da cultura e da identidade galega. "O xesto co que nos proxectamos na nosa realidade e na nosa historia, a garantía do noso futuro", reivindica, convencido de que "non haberá Galiza sen galego".
"Non perdurará o amor á terra, o amor a Galiza sen o amor ao galego", avisa Xesús Palmou, antes de reclamar aos poderes públicos que sexan "garantes da realidade, vitalidade e supervivencia da lingua galega".
"Con esta convicción, con estes obxectivos, temos que tratar pois este Día Nacional de Galiza, con felicidade, ilusión, afán de superación", conclúe o comunicado, que arrinca cunha cita sobre como imaxinaba Castelao desde o seu exilio arxentino, o amencer do día 25 de xullo en Galiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario