17 de ago. de 2010

200.000€ para promocionar a lingua entre os bebés

Lido en A Nosa Terra:

Andrea Bayer de Galitoon na presentación das Festas dos Axóuxeres Andrea Bayer de Galitoon na presentación das Festas dos Axóuxeres



A secretaría xeral de Política Lingüística vai continuar coa promoción do galego mediante eventos pensados para as familias con nenos cativos. Este departamento resolveu a comezos de agosto o concurso negociado sen publicidade para a "Produción e Execución de Eventos para a Dinamización Lingüística destinados ao Público Familiar con Bebés".

A única empresa á que lle solicitou orzamento Política Lingüística soi Galitoon CSA. Esta compañía ten varios anos de experiencia na promoción do idioma entre os máis cativos por encargo da Xunta, mediante a programación das Festas dos Axóuxeres, eventos nos que se tentaba promocionar o galego entre os rapaces de entre 0 e 3 anos mediante a música e os xogos.

Desta volta, o departamento de Anxo Lorenzo investirá máis de 207.600 euros na nova quenda de eventos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario