25 de dec. de 2010

Guia Branca: COLABORA!!!!!!!!!!! (búscao en Galego Lab)


Guia Branca
Todos coñecemos guías telefónicas ou guías de negocios. Calquera de nós pode pór exemplos delas. Quen está canso de non poder saber se nun negocio determinado a nosa lingua vai ter cabida? Quen está xa un pouco farto de non coñecer bares, pubs, tendas, empresas, supermercados, etc nos que a nosa lingua se empregue con certa normalidade? Quen gostaría de poder acudir a un local falando galego e querendo atopar a información en galego sen sentirse por iso un “becho raro”?
Xa chegou o momento de crear unhas páxinas onde incluír todos aqueles negocios da Galiza/Galicia que empreguen a nosa lingua!
Para levar acabo este proxecto precisamos crear unha páxina web de tipo colaborativa. Para iso, énos importante contactar cun ou varios webmasters responsábeis dispostos a traballar pola causa. A nosa idea é que nesta páxina web, unha vez aberta, calquera persoa poda participar mandando unha suxerencia ou subindo a información dalgún local: empresas, sedes de xornais revistas e outra prensa, bares, restaurantes, tascas, pubs, editoriais, tendas, lugares de ocio (parques, salas de cine, salas de teatro, salas de xogos, asociacións / centros culturais...) organizacións, colectivos, negocios varios, hoteis, moteis etc que empreguen o galego. Neste aspecto debemos facer un inciso. Non todos os locais “en galego” empregan o idioma ao mesmo nivel. Algúns soamente o usan no nome do negocio, outros empregan soamente o idioma no contacto co cliente e cando este se dirixe en galego aos dependentes ou donos, outros máis usan o galego como lingua normalizada entre os propios traballadores do local e en contacto cos clientes, uns outros usan a lingua galega tamén na documentación interna (panfletos, cartaces, sinalización do local, avisos, documentación do local...) e a externa (en caso de empresas, organizacións, asociacións, sedes de diferentes negocios etc...en referencia á documentación dirixida a outras empresas ou a clientes e particulares asiduos ou rexistrados ao negocio). Nós consideramos no seu día non incluír na web absolutamente ningún local que empregue o galego en tan só no seu nome, tampouco aceptamos a inclusión de ningún outro local que empregue o galego nun nivel ínfimo tanto no aspecto escrito como no falado. Procuramos locais que empreguen a nosa lingua tanto no nivel escrito como no falado e onde o galego teña incidencia. Posiblemente podamos facer algunha excepción con aqueles locais que empreguen o galego a nivel escrito en todos os aspectos dun negocio. Mais esta excepción será anteriormente debatida entre os promotores da idea, e no caso de incluír un negocio destas características sempre aparecerá situado nun epígrafe diferente ao conxunto.

Por tanto, tendo isto en conta é preciso que a xente que aporte información sobre o local faga constar o grau de uso do galego: desde a lingua empregada cos clientes, pasando pola documentación interna e externa (explicada con anterioridade) e até a música empregada en certos locais: restaurantes, pubs, bares, tascas etc. A información resultante das aportacións subirase á web e inmediatamente abrirase unha especie de votación na que os usuarios e outra xente visitante que coñeza os locais expostos poda votar e opinar sobre a información subida. Aqueles locais que presenten unha votación negativa e cuxa información non se adecue á realidade serán eliminados do web.
Para o pago do web tiñamos pensado en facer un fondo común ou se cadra vender unha parte dos “píxeles” do web para permitir a empresas (en galego) publicitarse e poder obter algúns beneficios desta actuación cos que poder facer fronte aos gastos.
Pola outra banda, para poder iniciar e pór en marcha o proxecto, precisamos moita xente de toda Galiza / Galicia, de diferentes concellos e localidades, de diferentes cidades, vilas e aldeas...xente responsable e disposta a colaborar. Xente que outorgue informacións sobre diferentes locais, empresas, entidades que coñezan da súa zona, etc que empreguen o galego indicando sempre o grau de uso. No caso de alguén non coñecer local ningún, sempre se pode fixar na súa contorna mentres vaia camiñando pola rúa. Ao final, ben que ha de atopar algún negocio onde se empregue de certo o galego. No caso de non saber o grau de uso da lingua dun determinado lugar, todos podemos dialogar amablemente cos traballadores de cada local, dándolle a coñecer o proxecto e pedíndolles información ao respecto. Cremos que poucos se negarán a facilitala.
Non estaría mal que a xente que decida colaborar aportando a información, indicara:
- Nome correcto e completo da empresa, do bar, do restaurante, da tasca, do pub, da editorial, da tenda, do lugar de ocio (parque, sala de cine, sala de teatro, sala de xogos, asociación / centro cultural...) da organización, do colectivo etc...
- Enderezo onde se localiza (rúa, número, localidade, concello...)
- Páxina web e correo electrónico (se dispoñen destes servizos)
- Número de teléfono (se dispoñen dese servizo).
- Fotografía do negocio (da súa entrada ou do interior). A fotografía debería ser propia, tirada por cada un. Moitas das que circulan por Internet teñen copyright e sería ilegal empregar unha foto que xa emprega outro medio. Hai que ter moito coidado con isto se non se quere ter problemas. No caso de non dispór de cámara, non pasa nada, é un elemento do que se pode prescindir.
Cales son as necesidades
- Grande cantidade de xente colaboradora (un exército se for preciso) para recabar información.
- Novos coordinadores para o proxecto. Actualmente somos 3, precisamos de máis xente para repartir esforzos. Xente de diferentes lares da Galiza/Galicia.
- Xa existe un espazo no facebook para estar en contacto. Leva por nome: “Locais onde tratem bem aos galegofalantes”. O título será mudado por un novo.
- Un webmaster responsable e disposto a traballar por esta causa.
Cales son os obxectivos
- Crear unha páxina web onde se inclúan todos os negocios e lugares que empreguen o galego (a nivel escrito e falado) e onde a presenza da lingua non sexa anecdótica.
- Informar á xente galega sobre os establecementos, empresas, asociacións, bares, pubs etc que usan a lingua galega e nos que non se sintan discriminados ou mesmo raros.
O básico: cando, onde, para quen...
Este proxecto está dirixido e aberto a toda a xente que queira colaborar nel. Consideramos que é un proxecto moi interesante xa que da información verquida nel poderase beneficiar toda a poboación galega.
Cal é o prazo de execución
Embora para que bote a andar, una vez conseguidos os apoios, nos propoñamos un tempo de dous meses para ter a páxina activa, a duración do proxecto é ilimitada, pois ten vocación de ser un web que perdure e evolucione, tendo en conta as empresas que vaian abrindo, pechando ou simplemente muden de política de atención ao cliente, conforme as informacións e valoracions do usuarios da páxina.
A miña propia contribución
Xunto a dous amigos, somos coordinadores da idea e do proxecto. Debateremos, daremos ideas, modificaremos outras tantas para poder chegar a bo porto cun bo proxecto rematado. Tamén nós mesmos recabaremos información sobre locais, empresas, negocios etc que usen o galego.
Lugar de realización
En toda Galiza e pola rede.
Algo máis que dicir?
A páxina web estará escrita en dúas normativas diferentes do galego: Galego RAG (Real Academia Galega), Galego AO(Acordo Ortográfico). O español non se recollerá na páxina web. Sobre todo coherencia. É un proxecto en galego e para os galegos.

Sobre a sentenza...



- A Mesa considera as sentenzas do TS sobre o catalán no ensino “unha mostra evidente de involución lingüística”

A asociación que preside Carlos Callón pensa que a actual situación lingüística en Galiza é só “un banco de probas” dun proceso “liquidacionista” da diversidade lingüística e cultural que se estende a todo o Estado

A Mesa valora con preocupación o contido das tres sentenzas do Tribunal Supremo sobre o uso do catalán como lingua vehicular do ensino en Cataluña dadas a coñecer no día de onte, ao tempo que rexeita o “espírito de fondo” das mesmas, na liña do denunciado polo movemento normalizador catalán, por constituíren “un ataque á convivencia e a cohesión social” do Principado, ao tempo que ás competencias propias que en materia de ordenación do sistema educativo teñen as comunidades autónomas.

Para a entidade cidadá presidida por Carlos Callón, estas resolucións xudiciais do Alto Tribunal inscríbense nunha “evidente ofensiva de involución contraria a calquera diversidade lingüística e cultural do Estado”, promovida polos sectores sociais e políticos “nostálxicos dun estado centralizado e centralizador, negador de calquera pluralidade lingüística, cultural e territorial”.

A Mesa xa advertiu da involución na política lingüística aplicada en Galiza polo actual goberno do Partido Popular na Xunta como “un banco de probas” inserido “nun proceso involutivo máis amplo” que ten como seguinte destino as Illes Balears, onde o candidato popular concorre ás eleccións autonómicas do vindeiro mes de maio coa pretensión pública de “tombar” a política lingüística que, con anterioridade, este mesmo partido iniciara desde o goberno autonómico.

A Mesa lamenta que o Supremo, facendo valer unha posición de “tribunal plenipotenciario”, pareza avalar con estas sentenzas “o maior retroceso xurídico-lingüístico das últimas tres décadas”, cuestionando un modelo educativo como o catalán, amplamente avalado tanto polos seus resultados concretos como pola lexislación internacional e contradicindo xurisprudencia anterior, como a coñecida Sentenza TC 337/1994, do Tribunal Constitucional, que ratificou a plena constitucionalidade do modelo de inmersión lingüística no ensino.

Buscando unha estrela (do disco "O Quiquiriquí)

23 de dec. de 2010

Medios en galego (na web de Converxencia Galega)

Linguas indíxenas, vehiculares en Bolivia (nova tirada do Portal Galego da Lingua)


Nova lei da educação estabelece que as línguas indígenas serão veiculares na Bolívia
Nas populações onde o quíchua, o aimará ou o guarani forem predominantes, a educação passará a fazer-se naquela língua, em vez do castelhano · A lei estabelece a obrigatoriedade do ensino até o bacharelato e não só até primária · A igreja católica opõe-se frontalmente porque estabelece a laicidade da educação

Quarta, 22 Dezembro 2010 00:00

Evo Morales e a lei "Avelino Siñani-Elizardo Pérez"
- O governo da Bolívia, presidido por Evo Morales, aprovou nesta passada segunda-feira a nova lei da educação, denominada "Avelino Siñani-Elizardo Pérez", que estabelece que "a língua predominante será a que irá ser usada nas aulas".

Assim, nas populações onde a "língua originária" se falar de maneira predominante, a educação será naquela língua, em vez de se fazer em castelhano, como até agora.

A lei -que estabelece a obrigatoriedade do ensino até o bacharelato e não só até primária, como até agora- também tem em conta as línguas em perigo de extinção, afirmando que "serão implementadas políticas linguísticas de recuperação e desenvolvimento com participação direta dos falantes destas línguas, motivo pelo qual serão desenhadas estratégias pedagógicas e linguísticas específicas para a cada região ou comunidade".

Quanto ao ensino de idiomas estrangeiros, a nova lei estabelece que serão ensinados "desde os primeiros níveis de escolaridade de maneira gradual", conquanto não especifica qual ou quais serão estes idiomas.

Conscientemente, a lei denomina-se "Avelino Siñani-Elizardo Pérez" em honra aos dois mestres pioneiros na educação para indígenas a princípios do século XX, que experimentaram um tipo de educação intercultural que promovia o conhecimento e os direitos dos povos indígenas desde uma perspetiva libertadora.

Educação "libertadora"

Morales afirmou que a lei pretende "descolonizar" Bolívia, fomentando o "patriotismo" nas aulas para serem os alunos os que defendam "os interesses nacionais face as imposições estrangeiras". De fato, o novo texto derroga a conhecida como Lei 1565 de Reforma Educativa, imposta precisamente pelo Banco Mundial no ano 1994. "A nova lei foi construída pelos bolivianos e não por consultores do Banco Mundial ou do Fundo Monetário Internacional, como passava faz uns anos. A educação boliviana já não será alienada, submetida e subordinada, senão que será revolucionária e libertadora", enfatizou Morales.

Apesar de ter sido elaborado de maneira participativa, implicando tanto educadores como famílias, especialistas e autoridades, para que fosse o mais consensuada possível, a lei agora aprovada conta com a oposição frontal da igreja católica e das escolas confessionais, porque propõe uma formação laica e não confessional, conquanto garante "a liberdade de consciência e de fé, e do ensino da religião."

Este Nadal, merca viños etiquetados en galego

22 de dec. de 2010

O Concello do Carballiño consigue que se fale do Apalpador fóra do país


A televisión nacional, TVE, realizará un programa sobre a recuperación da figura do Apalpador no Carballiño.


A idea do departamento de Normalización Lingüística do concello do Carballiño, integrada dentro da concellaría de Cultura, de recuperar a figura do Nadal do Apalpador, espertou interese fóra das fronteiras autonómicas. Así o programa Xente de TVE, acudirá á vila carballiñesa o próximo 23 de decembro, para realizar unha gravación sobre este personaxe, que aos poucos empeza a ser unha figura típica do Nadal galego, sobre todo nas provincias de Ourense e Lugo.


O Apalpador estará o citado día 23 no local de Familias Madrugadoras, e ofrecerá aos nenos os tradicionais froitos secos, á vez que lles contará a súa historia e como é necesario comer ben e san para recibir agasallos na noite do 24 de decembro.


Para asunción Rivero, edil de Cultura “este tipo de actuacións, como son as de recuperar imaxes típicas de Galicia, contarán sempre co apoio da concellaría que dirixo, xa que cremos que, sen apartar as actuais tradicións, debemos apostar sempre polo noso, como xa fixemos con festas como o Samaín, ou as tradicionais Regueifas”.


A figura do Apalpador visitará novamente a vila carballiñesa o día 24 de decembro, como manda a tradición, para que todos os nenos da vila poidan coñecerlle e recibir algún dos seus agasallos.


(nova tirada da web do noso concello)

21 de dec. de 2010

O galego, "responsabilidade empresarial" (nova tirada de Galicia Hoxe)


"A nosa lingua favorece a empatía"
Lorenzo (secretario xeral de Política Lingüística) di que o galego é unha "responsabilidade empresarial".

Incorporar o galego é "parte esencial" das responsabilidades das empresas que traballan en, ou desde, Galicia. Díxoo o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na inauguración do acto de conmemoración do 85º aniversario do primeiro Congreso de Economía en Galicia, que se celebrou onte no Círculo das Artes de Lugo.

Anxo Lorenzo incidiu durante a súa intervención na "influencia que exerce a estrutura económica dunha realidade social calquera na cidadanía" e, nese sentido, destacou o factor económico como determinante, en boa medida, das actitudes e dos comportamentos lingüísticos. "Cada vez son máis as empresas que entenden que o galego é rendible en termos económicos porque, como se vén demostrando, a proximidade lingüística cos consumidores xera empatía e favorece a cordialidade e o afianzamento nas relacións comerciais e de empresa", asegurou Anxo Lorenzo.

Lorenzo considera que para acadar unha maior extensión do uso do galego, o ámbito socioeconómico é un piar fundamental. Por esa razón, subliñou a colaboración do seu departamento con entidades como a Confederación de Empresarios de Galicia, o Foro Enrique Peinador, a Federación de Autónomos de Galicia, a Asociación de Profesionais Compostela Monumental ou a Asociación Hostelería Compostela.

Na entrada do noso centro


Cos millores desexos para todos


De Sara Soria Vázquez, de 1ºB

20 de dec. de 2010

O director da RAE defende a inmersión lingüística (nova tirada de A Nosa Terra)


'O catalán ten que sobrevivir'
O director da Real Academia Española a prol da inmersión educativa
Redacción . O novo director da Real Academia Española (RAE), José Manuel Blecua, defendeu o modelo de inmersión lingüística que se desenvolve no ensino en Catalunya 'porque o catalán ten que sobrevivir'

Para o novo director da RAE, non existe conflito lingüístico en Catalunya. "Levo 50 anos vivindo en Catalunya e nunca tiven o máis mínimo problema". Considera este catedrático emérito da Facultade de Filoloxía Española na Universidade Autónoma de Barcelona que é o catalán a lingua que está en perigo e a que necesita apoio público. "O catalán ten unha posición débil porque o castelán ten unha potencia tremenda".

Blecua naceu en Zaragoza no 1939 e é experto en Fonética e Fonoloxía e considérase "o representante da lingua castelá en Catalunya desde o 1968". Desde esa posición de privilexio, o director da RAE gaba o modelo de inmersión lingüística na educación. "O catalán ten que sobrevivir. Desgraciadamente, un pasea polas rúas e ve un xornal escrito en catalán e unha ducia en castelán. Na internet a cousa é peor: hai mil webs informativas escritas en castelán". Para Blecua, "a presión é moi grande polo que hai que protexer o catalán, sobre todo no apartado da normalización lingüística".

Para o catedrático, o catalán enfróntase ao poder do castelán e ao cambio social, que fai que en Catalunya convivan nalgúns concellos máis de 20 nacionalidades. "En moitos sitios hai máis estranxeiros que nacidos en Catalunya". Entre as medidas tomadas que lle gustan destaca a aprobación dos topónimos oficiais nas linguas periféricas. "Son denominacións oficiais e poden usarse sen problema en castelán Girona, Maó e A Coruña". Engade "É lóxico que os falantes das linguas oficiais distintas ao castelán sintan que están menosprezados os seus topónimos. Todos os hispanofalantes estamos namorados da nosa lingua e temos que entender que un catalán, un galego ou un vasco tamén o estean da súa. -Estas linguas permiten rezar, namorarse e escribir".

Coida Galiza (Cariño)




Orgullosos do noso......non é posíbel, sen estar orgullosos do galego

16 de dec. de 2010

Señor xuíz, cal é o delito? a defensa da lingua propia? o exercicio libre da crítica?


O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, aferrouse ó seu dereito "de non declarar", por non dispor da documentación en galego, tras ser denunciado polo xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, por "afear" a súa defensa do topónimo 'La Coruña'.

O presidente da Mesa rexeitara publicamente as declaracións do maxistrado durante un xuízo contra un veciño coruñés nas que supostamente aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña". Así, a asociación pronunciouse para recordarlle a "obriga dos servizos públicos de cumprir a lei por encima das súas opinións particulares", neste caso a Lei de Normalización Lingüística.

Callón enmarcou este proceso nunha "campaña de difamación" contra A Mesa, como parte dunha "concatenación de inxustizas a quen defende a lingua galega".

Deste xeito, recordou que "non é a primeira vez" que ten que declarar "por un problema" deste tipo desde 2008, xa que o ano pasado tivo que comparecer tras "unha denuncia por calumnias ou inxurias por parte deste maxistrado".

Así, ve un "sensentido" o feito mesmo en que se produciron as críticas ás declaracións do maxistrado, no marco dun xuízo desta mesma persoa contra un veciño da Coruña tras esixir que lle remita a documentación en galego e co topónimo oficial.

"Non estamos falando do ano 73, estamos falando do ano 2008, é algo que non ten ningún sentido racional", sinalou Carlos Callón.

Por iso, lamenta que a lexislación que defende os seus dereitos lingüísticos "parece papel mollado" tras non poder dispor da documentación solicitada en galego e despois de que "os programas informativos de Xustiza, pagados pola Xunta, non dean tan sequera a opción de escoller" o idioma.

Finalmente, advertiu de que a súa organización "continuará adiante nesta batalla" en defensa do galego. "Non nos calarán", resolveu Callón.
(nova tirada de Galicia Hoxe)

14 de dec. de 2010

O Apalpador no Carballiño


O día 24 ás 17 horas, virá á nosa fermosa vila este agarimoso persoeiro a apalpar docemente o pandulliño dos nenos carballiñeses, e a deixarlles os regalos dos que sexan merecedores, segundo o seu comportamento (non intentedes enganalo, porque non se sabe de ninguén que o conseguise).
E a ver, por certo, se nos bota unha mauciña co do templo............

O Apalpador (Galicia encantada)


Noite do apalpadoiro: O Apalpador e O Pandigueiro
Xesús Taboada Chivite refire o costume que denomina "a noite de apalpadoiro" e que consiste en palpar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra. Semellantes testemuños a este procedentes de diferentes lugares da montaña de Lugo refiren o mesmo hábito, ou rito, denominado "apalpadoiro" ou "apalpadoira" que se facía na noite de fin de ano. Consistía en apalpar o ventre, sobre todo o de nenos e nenas, para saber se comeron o suficente para que o ano que entra non sexa de fame, senón de fartura.

O investigador José André Lôpez Gonçâlez publicou en AGAL-GZ, Portal Galego da Lingua, no Nadal do ano 2006 un artigo titulado “O Apalpador. Personagem mítico do Natal galego a resgate” onde dá a coñecer unha serie de informacións procedentes de testemuñas das terras luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994.
Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que mora nas devesas, que usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, que se alimenta de bagas e xabaríns.
O día 31 de decembro baixa da montaña e visita os nenos, despois de quedaren durmidos. Entón apálpalles a barriga por ver se están cheos ou se teñen fame.
De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano “ e déixalles unha manchea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas.
Achega tamén José André Lôpez Gonçâlez cantigas recompiladas na mesma zona e que se usan para acalmar os cativos, excitados pola chegada do Apalpador.
Jerónimo de Vicente, desde Ourense, achéganos estes versos “”que teño ouvido e que lle cantaban os pais ós seus fillos a noite que baixaba”:
Hoxe é noite de Nadal,
vaite ninín á camiña
que vai vir o apalpador
a palparte a barriguiña


Recentemente, en datas previas ao Nadal de 2008 escoitamos no programa da Radio Galega dirixido por Xurxo Souto "Aberto por reformas" o testemuño de Miguel Losada quen facía referencia ao Pandigueiro, personaxe que na Terra de Trives acudía aos leitos dos nenos que se tiveran que deitar na Noite de Nadal co ventre baleiro.
Segundo esta información os nenos tiñan que pedirlle leitiña con purgazos (castañas secas, cocidas) ao Pandigueiro por medio dun retrouso (que xa non lembra) e este baixaba da Serra da Cabeza Grande coas castañas e, ademais, podía levar xoguetes tallados en madeira cocida de amieiro.
Chámese como se chame, segundo a procedencia das referencias, urxe unha investigación máis profunda sobre este personaxe que apalpa as barrigas dos meniños que non tiveron a sorte de comer a fartar na cea da noite de Nadal ou na de Ano Vello.
Mentres, irémonos facendo eco das achegas que recibamos.

BIBLIOGRAFÍA

LÔPEZ GONÇÂLEZ, José André, «O Apalpador. Personagem mítico do Natal galego a resgate», [en liña], en http://www.agal-gz.org, Portal Galego da Lingua.
LOSADA, Miguel; Testemuño oral ao programa da Radio Galega "Aberto por reformas" dirixido por Xurxo Souto.
TABOADA CHIVITE, X., «La Navidad gallega y su ritualidad», en Actas do Congreso Internacional de Etnografía, Junta de Investigações de Ultramar, Lisboa, 1965.

12 de dec. de 2010

A "desmontaxe da protección do galego" (nova tirada de Xornal de Galicia)

Expertos alertan da "desmontaxe" da protección do galego con Feijóo.
Políticos, profesores e estudosos coindiden en ver na Xunta unha "estratexia" de "desprestixio" do uso da lingua propia de Galiza na Mesa redonda "vivirmos na propia lingua, un dereito dos pobos"

A Consellaría de Educación é un risco para o galego (nova tirada de Carta Xeométrica)

Denunciouno Mejón no seu blogue Escola de ferrado. A Consellería de Educación, xunto coa Fundación Alcoa xunto cos centros educativos CIFP Porta da Auga de Ribadeo, o IES Pedrouro de Burela e o IES Martía Sarmiento de Viveiro, elaboraron unha publicación sobre riscos laborais titulada "Prevención de riesgos laborales".
O obxecto da denuncia está claro. A publicación, elaborada coa colaboración de tres centros públicos, baixo o paraugas da Dirección Xeral de Educación vén íntegramente en castelán e só en castelán. Primeiro publicaron o funesto decreto de plurilingüismo que reduce significativamente a presenza do galego nas aulas, despois poñen en marcha un plan de substitución de libros de texto en galego por outros en castelán, hai pouco destapábamos que case o 80% do material de Abalar está tamén en castelán, así que esta publicación só é un chanzo máis do plan de acción contra a normalización que está a desenvolver o goberno da Xunta. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, como sempre, cala.
Con esta nova publicación demóstrase que o maior risco para a lingua galega vén da man da Consellería de Educación.



http://www.edu.xunta.es/fp/files/Prevencion_riscos/Encarte_guia_PRL_def.pdf

10 de dec. de 2010

Maioría sindical contra o decreto (nova tirada de A Nosa Terra)

Os sindicatos do ensino que se opoñen ao decreto do plurilingüismo saen reforzados das eleccións sindicais. A CIG reforza a súa posición maioritaria, co 43% dos delegados escollidos en toda Galiza. CC OO é a segunda forza máis representada.


As eleccións sindicais no ensino non universitario reforzan á CIG-Ensino como organización maioritaria. O sindicato nacionalista conseguiu 63 delegados sindicais, dez máis que nas anteriores eleccións, con máis do 43% de representación.

A segunda forza máis votada foi Comisións Obreiras, con 25 delegados. A UGT obtivo 22 delegados.

A ANPE é a cuarta forza máis votada, con 18 representantes. O STEG obtén 14 delegados e o CSIF, catro.

A CIG venceu nas catro provincias agás en Ourense, onde quedou emparellado con oito representantes cando a Comisións Obreiras.

Estes resultados veñen confirmar a hexemonía sindical non só da central nacionalista senón o voto masivo ás organizacións que se opuxeron ao decreto do plurilingüismo.

9 de dec. de 2010

Informe Pisa



CIG-ENSINO
Os resultados do Informe Pisa en que o alumnado galego supera a media española, reférense ao momento en que as materias científico-técnicas se impartían en galego, contradecindo os argumentos usados pola Consellaría contra a nosa lingua
Sendo os criterios deste sistema de avaliación da OCDE cuestionables polo seu uniformismo, economicismo e reduccionismo
A CIG-Ensino lémbralle á Consellaría de Educación que os resultados do Informe Pisa, que tan positivamente avaliaron nos medios de comunicación, reférense ao momento en que aínda estaba en vigor o Decreto 124/2007 (abril e maio de 2009) e, por tanto, avalían a aprendizaxe das matemáticas e as ciencias no noso idioma.
Informe PISA

A CIG-Ensino considera que o informe Pisa non pode ser o único método de avaliación do sistema educativo galego, pois este informe feito pola OCDE con criterios fundamentalmente uniformizadores, non ten en conta o contexto en que se realiza a avaliación e trata por igual a estados e territorios con notábeis diferenzas en materia educativa.

Os resultados que recolle este informe sitúan a Galicia por riba da media española en comprensión lectora, competencia matemática e científica. No caso da comprensión lectora recóllese que Galicia está por riba da media de Reino Unido, Alemaña e España, entre outros estados. No caso da competencia matemática este informe sitúa a Galicia por riba de Suecia, Francia, Austria, Estados Unidos ou España. Para a CIG-Ensino o relevante destes datos é que o informe contradí os argumentos usados interesadamente contra a nosa lingua, pois como se pode comprobar estudar as matemáticas e as ciencias en galego non foi un obstáculo para o alumnado que colleitou uns resultados importantes, especialmente en competencia científica, ámbito en que o coñecemento do medio e as ciencias naturais veñen sendo impartidas no noso idioma desde o ano 1995.

Algo terá que ver o bon facer do profesorado galego, malia a que a inversión en educación na Galiza está moi lonxe do que dedica a OCDE.

Censura na Revista Galega de Educación (nova tirada de Galicia Hoxe)

Foto: Jesús Vázquez
A CIG asegura que a Consellería de Educación censurou na Revista Galega de Eduación un artigo crítico coa xestión de Jesús Vázquez
O sindicato da CIG-Ensino asegura que a Consellaría de Educación exerce "a censura na Revista Galega de Ensino", por verter nesa publicacións opinións contrarias á política que desenvolve a Xunta respecto do idioma galego. A acusación baséase en que o departamento presidido por Jesús Vázquez "recortou varios parágrafos dun artigo dun profesor, no que reflexiona sobre a situación da nosa lingua".

O artigo, asinado por Juan Bautista Mariño Abuín, trataba sobre multilingüismo e apareceu no foro da Revista Galega do Ensino. A sorpresa, subliña o sindicato, foi grande ao ver "o artigo sen aqueles parágrafos que recollían afirmacións críticas sobre a situación do idioma ou sobre a aposta polas linguas estranxeiras, contradicindo a política lingüística da Consellaría de Educación". Ademais a supresión destes parágrafos "fai que o sentido do artigo varíe notoriamente e dunha reflexión crítica sobre a aplicación do multilingüismo pasa a ser unha referencia dunha actividade".

Para a CIG, "estamos ante un comportamento gravísimo, impropio e inaceptábel dunha administración pública que pretende desterrar e borrar calquera opinión incomoda ou critica a súa política educativa e lingüística mediante a censura". Nese sentido, subliña o sindicato que se trata "dunha actuación inxustificábel que lamentabelmente está en concordancia coa actitude antidemocrática autoritaria desta consellaría co seu conselleiro á fronte".

A CIG-Ensino, a mais de denunciar publicamente a actitude de censura por parte da Consellaría de Educación, "esíxelle ao conselleiro que asuma as responsabilidades derivadas desta actuación, dea unha explicación pública das motivacións da censura, que no próximo número publique integramente o artigo deste profesor e que baixo ningún pretexto se volva repetir unha actuación semellante, respectando sempre as opinións do profesorado".

O sindicato remitiu o texto completo do artigo, onde aparecen subliñadas as partes que logo non aparecen na revsita publicada polo departamento de Jesús Vázquez. Deste xeito, desparecen partes como "Cando a Constitución da India recoñece cen linguas autóctonas atopámonos moito máis preto con países como Suíza que xa están cunha nova activación nos distintos cantóns da harmonización das estruturas e obxectivos da escolaridade obrigatoria (proxecto HarmoS). Este é o exemplo se cadra máis claro da conciencia de mellora do ensino plurilingüe. Na escola galega mentres seguen existindo os departamentos de Normalización e Dinamización Lingüística evidente sinal de que esta lingua non se atopa nunha situación de normalidade e por usala podes perder o traballo nalgún hipermercado, nalgún hotel, estaleiro, ... e tampouco podemos enfermar moito en galego, nin morrer na nosa lingua como xa hai anos reclamaban en San Domingos de Bonaval".

A loita polo ensino en galego hai 30 anos, revívese estas datas (nova tirada de A Nosa Terra)


Nestas datas, A Estrada revive as manifestacións a prol do ensino en galego que se viviron no curso 1979-1980.
No curso 1979-1980 o Decreto do Bilingüismo abríalle a porta ao galego no ensino pero limitándoo a tres horas semanais. Na Estrada algúns profesores seguiron dando todas as aulas en galego, o que motivou a protesta dalgúns pais e a intervención da Inspección educativa, que incluso chegou a tramitar expedientes disciplinarios.

Aquela inspección provocou unha espiral de repulsa e protesta que se concretou na manifestación que o fotógrafo Brais inmortalizou coa súa cámara para unha reportaxe para A Nosa Terra que nunca chegou a publicarse.

5 de dec. de 2010

VIZOCO MOBLAXE, un exemplo de normalidade


Parabéns por estar orgullosos do noso, orgullosos do galego.

Falece o escritor ourensán Marcos Valcárcel


A través do seu blog asuvasnasolaina.blogspot.com, deuse a coñecer hoxe o falecemento do profesor e escritor ourensán Marcos Valcárcel López, colaborador durante moitos anos de "Galicia Hoxe".

2 de dec. de 2010

Adeus a Fernández del Riego

A clase política e cultural galegas renderon onte homenaxe ao intelectual galeguista, impulsor do Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego, falecido a semana pasada en Vigo aos 97 anos.
Tamén nós dende este blogue agradecémoslle o seu profundo amor a Galiza, a dignidade da defensa da identidade propia.

"Relatos verídicos", de Luciano de Samósata, en galego (nova tirada de A Nosa Terra Diario)

Ilustración: ilustración clásica das viaxes de Luciano de Samósata.
En edición e notas de Xurxo Pereira e Xosé Abilleira publícase en galego a tradución dos 'Relatos verídicos', de Luciano de Samósata. Edita Rinoceronte.

1 de dec. de 2010

"Galiza",obra inédita de Manuel María


Con coidada edición e profusamente decorada, sae á luz esta obra do autor chairego finado no 2004. A obra vai especialmente adicada ao público xuvenil, amosando a traverso de diálogos entre xente nova, aspectos salientábeis do noso país.

Parabéns á nova caixa polo seu posicionamento coa língua do país (nova de A MESA)

foto: acto de fusión das caixas en Santiago
A Mesa pola Normalización Lingüística expresou hoxe os seus parabéns á nova caixa galega por ser a primeira entidade financeira que presenta a súa escritura no Rexistro Mercantil no idioma propio de Galiza. Para a organización presidida por Carlos Callón, trátase dun “fito que cómpre recoñecer” e no que se “poden mirar no espello tanto empresas como entidades de todo tipo, porque facer a documentación xurídica en galego é posíbel e desexábel”.Desde A Mesa tamén se consideran “moi positivas” as declaracións realizadas por dirixentes da entidade fusionada no sentido de que van garantir á súa clientela “comunicarse e operar en galego”, “participar en iniciativas de todo tipo para a difusión da lingua do país” e “facer do galego o idioma oficial para a publicidade comercial e sociocultural das entidades”.Callón manifestou o seu desexo de que se “cumpran os compromisos publicamente estabelecidos”, pois “sería bo que a nova caixa deixe atrás as discriminacións cara ao galego que aínda persistían en Caixa Galicia e Caixanova, entidades que, por contraditorio que pareza, continuaban a utilizar moito máis catalán en Cataluña que galego en Galiza”.

Línguagalega.tv

LinguaGalega.tv é un espazo, ó que se pode acceder na rede, para crear e difundir contidos que promovan o uso e o coñecemento da lingua galega. Ademais, elaborará unha programación na que dará a coñecer diferentes accións de promoción lingüística desenvolvidos desde distintos ámbitos. Máis información en: http://www.linguagalega.tv/