Aznar xustificou nunha entrevista a Pedro J. Ramírez en Veo7 a forma de ser de Mariano Rajoy pola súa "condición de gallego". Á pregunta de se é certo que Rajoy sería menos resolutivo do que el era como presidente, asegurou:
"Rajoy ten capacidades para ser presidente, o que pasa é que ten a súa forma de ser, a súa condición de galego, de exercer de galego".
30/03/2011
29/03/2011
Alfredo Conde en Intereconomía
Veño de ver un anaco de Intereconomía, que hoxe emitíase dende Ourense (Orense para os contertulios); para a miña sorpresa, Alfredo Conde foi presentado como un exitoso "escritor en castellano; bueno, también en gallego, pero sobretodo en castellano" (di o presentador), cousa que ao escritor non pareceu inomodarlle.
Despois Mario Conde pregúntalle polo trato que reciben el e outros escritores galegos que se negan a renunciar ao "castellano"(como se estivesen perseguidos!); e eiquí comezan os laios dese pobre escritor xenuinamente galego, malpagado so polo delito de escribir en castelán!!!!!; afortunadamente estragóuselle o micro e deixouse de escoitar tanta hipocresía.
Todo isto ocorreu ante a presencia nada incómoda de Baltar pai, que co seu silenzo foi cómplice deste que foi un capítulo máis na "lenda negra" da persecución do castelán na Galiza

27/03/2011
Tod@s poden axudar tan só hai que ler e apoiar
O Movemento de Galiza co Galego, ten unha Comisión Promotora que está a levar o traballo da posta en práctica da creación dunha Rede Popular de Ensino en galego, que queren plasmar na etapa infantil inicial (0-3).
A Comisión conforme os seus estatutos ten que disolverse o 17 de Maio.
Se o Movemento de Galiza co Galego en prol dunha Rede Popular de Ensino non alcanza os 3.000 terá que pararse.
De pasar esta situación, é de que o desánimo faga presa nas persoas da Comisión (con gran traballo e desgaste persoal) pode ter consecuencias moi negativas que fagan fracasar a iniciativa popular en defensa e garantía do dereito fundamental (en especial a infancia) a educarse na nosa lingua.
Para que a Comisión Promotora poida dar continuidade ao Movemento de Galiza co Galego como Asociación é imprescindíbel ter antes do 17 de Maio os 3.000 apoios precisos.
Actualmente contan con 2435 apoios, con 20 apoios diarios conseguirían os 3.000 necesarios.
Tod@s poden axudar tan só hai que ler e apoiar en http://limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html. Apúntate, espalla...reenvía este correo ao menos a 20 dos teus amig@s.

24/03/2011
Teatro Limiar. Fahrenheit
O 15 do mes pasado o alumnado de 3º e 4º de ESO foron ver ao multifuncional a obra "Fahrenheit". Ponte nas ondas O Carballiño do grupo de teatro Limiar.
A obra cunha posta en escena minimalista e cunha atmosfera cargada paseou pola nosa literatura desde a medieval ata a actual, deixando pegada o homenaxeado das Letras Lois Pereiro. Os espectadores formaban parte do espectáculo visual e sonoro interactuando na obra xunto cos actores e monicreques.

21/03/2011
Carta de amor gañadora na modalidade de ESO
Décheslle sentido a cada sentimento que tiven, non só me gustas, é mais ca iso. Fasme sentir segura cando estou contigo. Quero lembrarte sempre así, como a primeira vez que te coñecín. A túa imaxe na miña mente quedou. Os teus ollos fixos nos meus. Es a marabilla dun amencer nos teus ollos brillantes do sol. A maxia de mirarte non se acaba. Es parte do meu ser, en min estás. Sei que o tempo pasa rápido e máis estando contigo, ao teu lado. Sinto un oco no meu interior, faime feliz e pecharase. Cólleme da man e apértame e dime que me amas, logo bícame e agarda a miña resposta, pero por favor, dime o que sentes por min.
Só de ti quedan as lembranzas, aínda que non chegásemos á nosa fin. Non choro porque aturo, senón...un mar de bágoas habería, bágoas de amor, de sentimentos que atopei.

Carta de amor gañadora na modalidade de Bacharelato
Pan bendito o sentido, é a túa face,
que se funciona fareime monaguillo.
É o teu corpo, sínodo escrito marcan os meus dedos, non hai nada que non sexa fermoso. Doce camiñar sobre a túa pel, é o liño, que non hai vida se non é contigo. Atractivo danzar, son os teus ollos, que ao mirar hipnotizan os meus recunchos. É o vento, agradable voar sobre o teu cabelo, que non me chega nin un momento. Fértil sorriso fan os teus beizos, é divino, que non hai sabor agre, se non é contigo.
Se non é contigo, non é amor, non existe razón para seguir o meu camiño. Se non é contigo, non é sexo, o que sinto, cando me arrimo.
Se me arrimo, non é cariño, o rozar, se non me vas amar. Se non me vas amar, meu amor, dimo, que eu pecharei a billa. Se pecho a billa, meu tesouro, morrerei, porque non existirei, se non é contigo.
Ai, meu amor, se non é contigo, non é. Se non é contigo, non é.

18/03/2011
Leccións de Fukushima (refelexión do compañeiro Frutos, en Jeanfrujo)
«A ciencia está dividida en dúas categorías: a física e a filatelia»
E.Rutherford (1871-1937)*
A de veces que non teremos escoitado iso de que o ensino na época actual se centra de xeito excesivo na ciencia, e que deixa de lado aquelas disciplinas máis humanísticas (?). O accidente nuclear de Fukushima constitúe unha tráxica demostración non só da falsidade de tal afirmación, senón de que o que realmente ocorre é xusto o contrario.
A magnitude da catástrofe que nestes días se vive no Xapón fai que todos esteamos atentos ás noticias que desde alí nos van chegando. Ó asombro pola magnitude do terremoto e do catastrófico tsumami veuse sumar o accidente nuclear. Xustamente, é este último acontecemento o que mantén en Xapón o foco da atención mundial, pola inquietude e temor que produce tal incidencia en tódolos habitantes do planeta. Considero que isto é así ata tal punto que, para o mundo, haberá un antes e un despois de Fukushima, pero non polo terremoto e o tsunami –catastróficos, repito-, senón por causa do accidente nuclear que provocaron.
É así que estes días non foron poucos os alumnos que me manifestaron a súa inquietude e os seus desexos de saber máis sobre o accidente. Repítense agora as mesmas sensacións do ano 1986, cando o accidente de Chernobil.
Pero, moito ten cambiado todo desde aquel ano 1986; e non sempre para mellor. Xustamente, cando me propuxen dar algunha explicación ós meus alumnos de Física e Química da ESO sobre o que estaba pasando con Fukushima, atopeime cun grave problema: en todo o ensino obrigatorio non hai un só tema nin unha soa referencia, no currículo de Física e Química, sobre a física nuclear; o que equivale a dicir que en todo o ensino obrigatorio os nosos alumnos non estudan nada sobre este tema de importancia tan capital para a nosa civilización. Isto, con ser grave, aínda o é moito máis cando se observa que nin sequera nas asignaturas comúns do bacharelato se estuda tal contido, se exceptuamos un pequeno apartado da de Ciencias para o mundo contemporáneo (para darnos conta da “profundidade” coa que se aborda o tema basta dicir que o apartado en concreto, “enerxías alternativas e enerxía nuclear”, é un máis do cento largo que considera esa asignatura, unha especie de compendio “light” de todo o saber científico universal, para contentar a pasmóns); e o mesmo me pasou ó querer falar do tema cos alumnos de Química de 2º. Soamente teñen un tema de Física Nuclear os alumnos da asignatura de Física de 2º de Bacharelato, unha das optativas que menos escollen (disque é difícil). Si, non é un erro: ¡a Física é unha optativa para os alumnos de ciencias!; que vén a ser coma se a Lingua fose optativa para os de letras. Este estado de cousas conduce a unha penosa conclusión, entre outras posibles: a inmensa maioría dos individuos de este País, teñan estudos obrigatorios, medios ou superiores, non teñen nin a máis mínima idea, fundamentada nos seus estudos, sobre a enerxía nuclear; soamente a que poidan extraer dos periódicos, a televisión ou, o que é pior, dos omnipresentes “tertulianos” (que, polo que vexo, tamén gozan do don da sabiduría na física moderna). E todo iso sucede mentres cansamos e atiborramos ós alumnos con cantidades enormes de contidos totalmente innecesarios, e “filatélicos”, que diría Rutherford. Parece ser que para formar espíritus críticos….
A ciencia, meus amigos, segue a ser aquilo que inventan os outros (os que a estudan). E ciencia non é, desde logo, castigar ó personal con toneladas e toneladas de filatelia, mentres pasamos de puntillas, ou simplemente non pasamos, polos contidos máis fundamentais. Sospeito que, de seguir así, do gran caudal de intelixencia que pasa por colexios e institutos seguirase a perder polo camiño unha valiosa parte. E entre os que non se perdan han de ser máis os cansados cós formados.
Nunca aprenderemos?... Creo que non!
* Físico que estudou e clasificou os diferentes tipos de radiacións radiaoctivas (alfa, beta e gamma), descubriu que a radioactividade ía acompañada da desintegración dos átomos e propuxo o primeiro modelo atómico nuclear. Gañou o premio Nobel de Química en 1908.

Adega opina sobre a enerxía nuclear (Terra e Tempo)
17 de marzo de 2011. Dende ADEGA quereros expresar a nosa solidariedade co pobo xaponés afectado polo terremoto e posterior tsunami e logo polo gravísimo accidente nuclear de Fukushima. Destas tres catástrofes, só unha ten unha orixe non natural, e portanto, puido evitarse. Mais a inconsciencia e a cobiza dun sistema que persiste en promover a enerxía nuclear desprezando os riscos que comporta, e que non dubida en hipotecar a saúde do planeta polo beneficio económico inmediato, fainos tamén a nós en tanto que integrantes dese sistema, responsábeis e ao tempo vítimas da catástrofe. Exerzamos pois a nosa responsabilidade e comecemos por demandar dos nosos governantes a fin da era nuclear, comprometendo o peche das actuais centrais para antes de 2020.
Ao fío deste lamentábel accidente, reavívase de novo na sociedade e no estamento político a preocupación pola enerxía nuclear. As organizacións ecoloxistas nunca agardamos por unha catástrofe para poñer sobre a mesa o debate sobre a enerxía nuclear. Sobran argumentos para desmontar as patrañas do lobby atómico e dos seus factotums políticos, que agora, fronte aos gravísimos sucesos de Fukushima, recollen velas e suavizan a súa posición co fume da demagoxia e os tecnicismos.
Eis dez razóns que os ecoloxistas de todo o mundo temos para rexeitar o uso da enerxía nuclear, nun formato de fácil dixestión para políticos e ex-presidentes, de retiro nos consellos de administración dalgunhas eléctricas:
1. A enerxía nuclear é inmensamente destrutiva e perigosa: Harrisburg (1979) Chernóbil (1986) e agora Fukushima, amosan claramente as posibilidadees destrutivas desta fonte de enerxía que por si soa, pode hipotecar o futuro do planeta por moitas xeracións.

2. A enerxía nuclear non é unha enerxía limpa, ao contrario, é das máis suxas: os refugallos perduran durante milleiros de anos e a súa xestión e tratamento aínda non están resoltos.
3. A enerxía nuclear é a máis insolidaria: cria menos postos de traballo que as renovábeis, privatiza os beneficios e deixa nas mans públicas os custos de desmantelamento e xestión dos refugallos, así como os riscos xerados no seu funcionamento e no almacenamento dos refugallos durante milleiros de anos.
4. A enerxía nuclear non é a máis barata, ao contratrio, é moi cara: é un sumidoiro de axudas públicas dende a construción, pasando polo seu mantemento e tamén para a xestión dos refugallos. Por se non fora pouco, mesmo lles pagamos ás eléctricas por non facer máis centrais (moratoria nuclear) através do recibo da luz.
5. A enerxía nuclear non é necesaria: de haber vontade política é posíbel substituila polas renovábeis e promover o aforro e a eficiencia, como fixeron países como Alemaña ou Suecia (que cumpren con Quioto), mentres que Franza, cun enorme parque nuclear, non.
6. A enerxía nuclear non é pois a solución ao cambio climático: no seu ciclo de vida (extración, transporte, construción, desmantelamento das centrais, xestión dos refugallos, etc.) emítense máis GEIS que coas renovábeis.
7. A enerxía nuclear non da a suficiencia enerxética, ao contrario, cria máis dependencia: o uranio é un recurso escaso localizado en poucos xacementos no mundo. O estado español importa practicamente a totalidade do uranio doutros países para as súas centrais, polo que a dependencia que por exemplo co carbón.
8. A enerxía nuclear non é renovábel: as reservas de U-235 son finitas e esgotaranse nunhas poucas décadas.
9. A enerxía nuclear é rexeitada pola inmensa maioría da sociedade: por que entón os principais partidos políticos teiman en defendela?
10. A enerxía nuclear non é sustentábel: non é eficiente eonómicamente, nin solidaria socialmente, nin os custos e riscos ambientais son asumíbeis.

En 2006, o Parlamento Galego aprobou coa unanimidade dos tres grupos, unha Proposición non de Lei que declaraba Galiza como territorio desnuclearizado. Agora tócalles ás forzas políticas estatais, tanto do governo como da oposición, acadar un compromiso inequívoco para abandonar o uso da enerxía nuclear, prohibindo por lei a construción de novas centrais e pechando as existentes denantes de 2020.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
16/03/2011
15/03/2011
O elo municipal (Galicia Hoxe)
Os Servizos de Normalización reclámanlles aos partidos que inclúan nos seus programas municipais impulsar a profesionalización
A Coordinadora dos servizos de normalización mantén unha notable actividade asemblearia nos últimos meses FOTO: AXENCIAS
A coordinadora dos servizos de normalización mantén unha notable actividade asemblearia nos últimos meses
FOTO: AXENCIAS
Os Servizos de Normalización Lingüística (SNL), un dos elementos máis afectados polos cambios intoducidos no fomento do idioma galego tras a chegada de Alberto Núñez Feijóo á Xunta, reclaman presenza no programa electoral dos partidos políticos de cara aos próximos comicios municipais. Onte mesmo, a coordinadora que aglutina os profesionais dos SNL, fixo un chamamento ás formacións para que inclúan nos seus programas a creación ou potenciación de servizos de normalización lingüística (SNL) dotados de recursos humanos e orzamentarios, para promocionar o uso e prestixio do galego en todas as accións do concello e en todos os ámbitos do municipio
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) tamén lles fará a proposta adaptada para cada unha das sete cidades a todos os candidatos e a todas as candidatas á Alcaldía.
Segundo a entidade a normalización lingüística é un proceso social que procura "ao abeiro da lexislación vixente, a xustiza no ámbito sociolingüístico, para que os galegos poidamos manter a visión do mundo desde a óptica que só nos pode dar a lingua propia do noso territorio". Nese sentido, consideran que "é responsabilidade de todos e de todas contribuírmos para manter a diversidade e a riqueza lingüística e cultural do mundo, para que poidamos chamarlles ás cousas cos nomes xenuínos que aquí se lles deron".
Por estas razóns, sinalan, "as administracións teñen a obriga legal e a responsabilidade social de apoiar e promover a lingua galega".
Como se indica na proposta que a CTNL lles enviou ás distintas organizacións, "para desenvolveren e implementaren as súas políticas en calquera ámbito, os concellos dótanse de instrumentos técnicos", así, exemplifican, "para desenvolveren a política urbanística teñen departamentos de urbanismo; para desenvolveren as políticas culturais teñen departamentos de cultura..." E no ámbito da política lingüística eses departamentos técnicos son os servizos de normalización lingüística.
Na actualidade contan con SNL arredor de 60 concellos, e na maioría dos casos, segundo subliña a coordinadora, trátase de equipos inestables, mentres que as condicións laborais dos seus traballadores e das súas traballadoras son precarias, "apenas están dotados con recursos económicos para a súa actividade e, en moitos casos, non desenvolven accións dinamizadoras entre a sociedade".
A CTNL pretende que se inclúan, entre outras medidas, "a promoción do uso e prestixio do galego en todas as accións do concello e en todos os ámbitos do municipio" e a "creación ou potenciación dun servizo de normalización estábel, dotado de recursos humanos e partida orzamentaria suficiente".
TRES PEIXES VOANDO no Planeta Furancho (pronto os veremos no noso pobo)
Os TRES PEIXES VOANDO tocando unha peza en vivo no PLANETA FURANCHO ... Guille e Xabier, Bacallau e un Marraxo, deixáronnos esta pequena xoia na súa visita ao programa o mércores 14 de outubro do 2009 ... que o disfrutedes !!!!
14/03/2011
Mil seiscentos anos do reino (suevo) en Galicia: O primeiro reino nacido en Europa
O primeiro reino nacido en Europa, cando aínda lle quedaban ao Imperio Romano sesenta anos de existencia
Mil seiscentos anos do reino (suevo) en Galicia
Moito tempo despois, as vicisitudes históricas precipitaron a Galicia ata a situación de amnesia nacional en que hoxe se atopa, mais é tamén a Historia quen demostra con plena certeza que esta é unha das nacións europeas de emerxencia máis antiga.
Pero o que de verdade chama moito a atención é que aquí apenas ninguén lembrase os nada menos que mil seiscentos anos da creación do Reino de Galicia, que se andan a cumprir entre o ano pasado e o presente. Tan só a entusiasta iniciativa persoal de dous amigos (Francisco Padín e Emilio García) e o patrocinio do Concello de Pontevedra permitiron celebrar nesa cidade no mes de outubro do pasado ano un Congreso sobre o tema (ao que os medios de comunicación prestaron unha atención ínfima). O primeiro reino nacido en Europa, cando aínda lle quedaban ao Imperio Romano sesenta anos de existencia. Xa non un itinerante pobo bárbaro comandado por un "rei" á súa cabeza, senón unha entidade política territorializada, por máis que durante varias décadas persistise aínda unha fractura social de raíces étnicas.
Moi pronto, os seus límites sobordaban a Gallaecia e se estendían pola Lusitania, acadando as proximidades de Lisboa. A estabilidade territorial deste reino galaico foi extraordinaria, pois con moi poucas oscilacións persistiu ata finais do séc. XI, o cal tira por terra ideoloxemas historicistas de conquistas, reconquistas e repoboacións.
(Terra e Tempo)
Farjas pide impresos só en castelán para unha campaña dun millón
O Sergas vén de anunciar no Diario Oficial da Unión Europea que quere contratar unha campaña de publicidade para a prevención do alcolismo entre os menores de idade cun custo total dun millón de euros.
Porén, o que fai rechamante esta licitación é que a Consellería de Sanidade que dirixe Pilar Farjas quere que as ofertas que realicen as axencias de publicidade interesadas se presenten só en castelán e non en galego.Esas ofertas que se presenten antes do 2 de maio deberán estar redactadas en castelán.

A Xunta envía unha queixa ao Goberno de Portugal (en As miñas historias)
A Xunta envía unha queixa ao Goberno de Portugal (como se tivesen algo que dicirlles) sobre o prezo das portaxes. En que idioma está escrita?:
a) En gallego no, que no nos entienden
b) En inglés, como toda comunicación con el extranjero y por ser la lengua de más prestigio, como se enseña en los coles.
c) En portugués, como deferencia
d) En castellano, hombre, que el portugués es unha lengua ideológica
P.D.: hoxe teño o día lusista
11/03/2011
O seseo e a gheada, non so non lle gustan a Marta GH, senon que ademais son incompatibles cun bo nivel de inglés (no meu diario lingüístico)
Un dos meus bos amigos (dos moi bos, dos de sempre, dos que me coñeceron cando falaba castelán) comentoume abraiado algo que lle chamou poderosamente a atención e aínda lle custa crer:
"estaba en un bar, en la terraza, en Sanjenjo, " e ao seu carón falaba un paisano, con ese galego "cerrado cerrado, con seseo y gheada", e aos poucos minutos pasou o inaudito, para o que o meu ben querido amigo non topa explicación: "no te lo vas a creer, cogió el móvil y empezó a hablar un inglés perfecto, no solo en la lengua sino también en el acento, qedé flipado, no parecía el mismo señoriño del seseo y la gheada de poco antes"
O triste é que o que vos conto é rigurosamente certo, e que xa case non me quedan folgos para contestar a tanto prexuízo!!

aínda non atopei ningún xoguete educativo en galego,(reflexión de Jesús Rodríguez)
(Jesús Rodríguez, profesor de Deseño e Avaliación de Materiais Didácticos do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC)
O material didáctico das escolar galegas debería ser en galego?
Evidentemente é fundamental que haxa material en galego e que exista, sobre todo, nalgunhas das áreas nas que se carece por completo del. Voulle poñer un simple exemplo: Teño unha nena de once meses e aínda non atopei ningún xoguete educativo, como os bonecos que emiten palabras, que sexan en galego, ou tipo caixa de música. Non podo dicir que non haxa ningún, pero eu non o atopei. Está o de Pepe Carreiro, que son materiais de lectura, pero creo que a carencia é importante, non sei se vostede coñece.
De lectura infantil, temos material moi importante en Galiza, e en cd e dvd está por exemplo o superéxito de Mamá Cabra, ou o disco "Tic, tac" de Pablo Díaz, pero a verdade é que material como o que me está a describir tampouco o vin nin lle escoitei a ningún pai/nai falar del. Só sei de quen recorre aos xoguetes en portugués, iso si.
Claro, e en galego está Ponte nas Ondas, cousas moi interesantes... pero nos xoguetes non hai. E tampouco hai material en galego para necesidades educativas especiais. Falta moito camiño.
( Galicia Hoxe)

Orzamento para a normalización da lingua galega na Administración local (en As miñas historias)
Orzamento destinado na orde de subvencións da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a normalización (actual promoción do uso) da lingua galega na Administración local. (DOG do 11 de marzo de 2011)
* 2008: 800.000 €
* 2010: 602.668 € (-25% menos a respecto de 2008)
* 2011: 420.000 € (-30% a respecto de 2010 e -50% a respecto de 2008)
10/03/2011
antes catalán que reintegrata (en As miñas historias)
Curiosidades: o correo electrónico do PP da Coruña é :
corunya@pp.com
(antes catalán que reintegrata)
09/03/2011
As regueifas dos Xenerais da Ulla en galego (en Carta Xeométrica)
Por fin puden oir as regueifas dos Xenerais da Ulla en galego. Foi onte, na Estrada. Non sei a quen se lle debe agradecer, se á iniciativa do Concello, do seu departamento de normalización, ou aos propios veciños da Ulla... por iso grazas, a todos eles, porque este ano, por primeira vez puiden oílos en galego. Espero que o exemplo se repita e se espalle por todo o val.
Este feito é un síntoma de como anda a saúde da nosa lingua, e o que precisamos é de actos como este. Debemos procurar en todas as actividades, o incremento do uso do galego.
Protexer a "onomástica galega", parécelle ao PP "cavernícola" (Xornal)
Os votos do PPdeG veñen de botar por terra unha proposición de lei do BNG encamiñada a protexer a "onomástica galega", isto é, a garantir a aplicación da Lei de Normalización Lingüística, que establece que a "única" forma dos topónimos é a galega, e a facilitar que as persoas que así o desexen poidan restituír a forma galega do seu apelido ou galeguizar o seu nome propio.
Mentres que a proposta, que en opinión do nacionalista Bieito Lobeira, só tende a protexer a "liberdade" dos cidadáns, recibiu o apoio do PSdeG -o socialista Francisco Cerviño tan só apostaba por cambiar o "ton" dalgúns treitos do texto-, o popular Agustín Baamonde escenificou o rexeitamento dos conservadores á iniciativa con argumentos como que, ao seu xuízo, o plan do BNG pasaba por avanzar cara a unha "nación monolingüe".
Cun duro ton, xa empregado en anteriores debates polo que noutrora representara unha das faccións galeguistas do PP, Baamonde mesmo empregou clichés frecuentes no argumentario da asociación Galicia Bilingüe, asegurando que os "excesos de tradución" poden levar a empregar a expresión numérica "tres ao caldeiro" ou a falar de "Alicerce Vermello" para se referir á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.
As palabras de Baamonde chegaron inseridas nun discurso no que o conservador considerou "cavernícola" a proposta lingüística do BNG, a quen culpa da "desafección" da cidadanía cara á lingua galega, ademais de atribuír a proposición de lei debatida hoxe á non asunción "da derrota electoral" de 2009.
As palabras de Baamonde causaron un visible malestar nas bancadas nacionalistas. Para Lobeira, "Baamonde desenvolveu o manual do perfecto colonizado", cuns argumentos "propios dunha coñecida concursante de Gran Hermano" cunha "caricaturización esperpéntica da lingua do país".

Antroido 2011 en Viana
Alí estivemos unha vez máis, e coma nas outras ocasións ficamos de novo abraiados por tanta beleza, que a cámara non pode reflectir máis que nunha moi pequena proporción. Alí vedes que estaban os "nosos" conselleiros, que non deixaron de falar entre eles (seguramente en castelán), alí estaban maiores e pequenos de todos os pobos, pero a esperanza para o futuro foi ise pequerrichiño que vedes nas imaxes, que nin podía case camiñar co peso da máscara, pero non deixou que lla quitasen en ningún momento e aguantou o indecíbel, o que lle valeu que houvese quen se agachou a bicarlle as mans (disque apenas tiña 5 anos!!!!!!!!!!!!)
03/03/2011
taller de disfraces de entroido, organizado pola concellaría de Cultura do concello do Carballiño
Este sábado día 26 de febreiro dará comezo un novo taller de disfraces de entroido, organizado pola concellaría de Cultura do concello do Carballiño, e dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos. Este taller impartirase en horario de tarde, desde as 16:30 ás 19:30, no local de Familias Madrugadoras.
A edil de Cultura, xunto coa monitora deste taller, mostraron cales serán os disfraces que realizarán, todos de sinais de tráfico “e desa forma ademais de divertirse e crear unha máscara para este entroido, irán aprendendo algunhas normas de tráfico”.
O taller desenvolverase este sábado e o próximo, 6 de febreiro, e os interesados poderán inscribirse na oficinas municipais de Cultura, situadas na segunda planta do concello.
(na web do concello)

O Carballiño celebra o próximo 6 de marzo a XVII Festa da Cachucha

O alcalde de O Carballiño presentou a programación da XVII edición da Festa da Cachucha, que terá lugar o próximo 6 de marzo. Carlos Montes destacou esta festa como unha cita máis dentro do calendario carballiñés, asegurando que xa se están a barallar cambios para próximas edicións xa que “na actualidade a carpa da praza do Emigrante, xa non se pode ampliar máis, e cada ano é máis a xente que quere acudir”. Un ano máis poderase disfrutar o cocido de cachucha no recinto da Pista Roxa, ou nalgun dos 16 restaurantes que participan este ano.
Para a primeira opción deberase mercar a entrada na oficina municipal de recadación ao prezo de 12 euros se se acude disfrazado, ou 17 euros se se decide ir sen disfrazar. O menú consistirá en cacheira, lacón, chourizo, carne, verdura y patacas, doces de antroido, viño do Ribeiro, café, e licor café.
Os que queiran desfrutar do cocido de cachucha deben saber que os restaurantes participantes serán Baccus, Muiño das Lousas, Derby, Esclavo, La Cubana, Casa Gazpara, O Noso Lar, Pazo do Outeiro, O Pituxo, O Pote, O Lecer, A Maquía, Bar dos Callos, Pulpería O Carballiño, Restaurante do Xosé y el Mesón do Pulpo.
O programa oficial da Festa da Cachucha comezará ás 11:00 horas coas bombas de palenque. Á 12:00 terá lugar o primeiro pasarúas das charangas de antroido. A carpa para a comida oficial abrirase ás 14:00 horas, no transcurso da mesma entregaranse os premios da III Olimpiada da Tapa. Está tamén prevista a actuación da charanga Garrafón.Com de Chantada e o grupo de percusión Aperta de Vigo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)