27/02/2011

No meu diario lingüístico

o peso dos prexuízos

Sigo co meu diario lingüístico, no cal desgrazadamente, case cada día teño algunha incidencia que contar; e as incidencias soen ser sempre de tipo prexuízos cara ao galego:
onte estiven con alguén que coñezo hai moitísimos anos, e cunha persoa que era "nova" para os dous; ante a miña sorpresa o meu coñecido (familiar) "preséntame" dicindo :"esta es de las que como no hables gallego te riñe......." ; se fose certo, nada que dicir; pero resulta que eu non fixen semellante cousa na miña vida, e así o dixen. Non era capaz de entender de onde saía semellante afirmación en alguén que nunca me viu facer tal!.Pero logo, pasado o susto, dinme conta de que non é máis que o mesmo de sempre: os prexuízos que te levan a afirmar algo que NUNCA viches.

25/02/2011

23/02/2011

O vídeo de Marta: matar á mensaxeira (reflexión en JEANFRUJO)

Chéganme noticias do balbordo que se está armando co vídeo de Marta, un vídeo que contén unha serie de confesións que sobre o uso da lingua galega fai unha participante do programa Gran Hermano, nativa da Coruña, castelán falante, e de nome Marta, a unha compañeira de programa. As confesións da moza causaron un gran alboroto, sobre todo entre os supostos defensores da lingua galega, e a pobre Marta ten levado de todo menos gabanzas. A cousa chegou a tal extremo que, por exemplo, en Facebook creouse un evento titulado «Todos os galeg@s contra Marta de GH. Por RIRSE DA NOSA LINGUA!!!», e en Tuenti unha «Plataforma pro expulsión de Marta, la gallega de Gran Hermano». Alabado!! A min, que me considero defensor da lingua, pero tamén da libertade de expresión, a verdade é que as confesións e opinións de Marta máis ca desgusto causáronme pena, pero nunca sorpresa. Nalgunha das opinións puiden observar certa ignorancia, pero nunca mala fe ou intención clara de desprestixiar ó galego. E iso, entre nós, xa é positivo. Polo demais, tales confesións e opinións non fan máis ca confirmar o estado lamentable no que se atopa o uso do galego nas cidades de Galicia, principalmente nas costeiras, e sobre todo entre os nenos e os mozos.


Entre os ecos periodísticos do vídeo de Marta, chamou a miña atención un artigo de Mariluz Ferreiro na Voz. Nel, coido que realiza un certeiro diagnóstico dos contidos do vídeo, cando non os considera unha anécdota, senón o síntoma claro dun sentimento de auto odio da lingua propia, fraguado durante anos (séculos diría eu). Claro que o artigo aparece escrito en correcto castelán, no diario de maior tirada de Galicia, que, por se alguén non se decatara, leva o significativo nome de “La voz de Galicia”: iso si que che é un síntoma Mariluz!... Como era aquelo de preocuparse de varrer a casa dun antes de...?

Tamén tercia no asunto Henrique Monteagudo, desde El País, cun artigo que leva o ocorrente título de “Memorias dun neno vilego”. Adoito estar de acordo coas análises de Henrique encol da lingua, pero teño que dicir que neste caso non me convence. E non me convence, entre outras cousas, porque, sendo como é profesor, deixa pasar por alto, supoño que de xeito inconsciente, un detalle fundamental do que Marta conta: ela declara que no cole tiñan os libros en galego, pero que tódolos profesores (menos a profesora de galego, que tamén impartía historia) falaban castelán e lle daban as clases en castelán. Curioso, cando menos, que ninguén, entre os múltiples comentaristas do vídeo que teño revisado, se fixase nesa circunstancia. Que cabería esperar dese entorno social ou familiar urbano, normalmente desfavorable ó galego, se, ademais, no sistema educativo que acollía a Marta os mesmos profesores impartían as clases en castelán, cando os libros estaban en galego? Pois que, como mínimo, a maioría da xente que vive nesa (frecuente?) situación pense que esto do ensino do, e en, galego, é un verdadeiro paripé! O mesmo paripé que observamos, día si e día tamén, nun bo número de políticos, periodistas, empresarios, artistas e todo tipo de xente coñecida (aquí coñecémonos case todos), cando utilizan o galego nun estrado, diante dun micro ou dunha cámara, e á media volta xa están falando castelán cos amigos, coa muller ou cos fillos. Que queremos, que o paripé sexa universal? Que pensamos, que a xente é idiota? Non é certo que un bo número de galegos da idade de Marta actúan do xeito que ela o conta? Entón, de que nos asustamos? Non, algo vimos facendo mal desde hai tempo, e simplemente parece molestarnos que se saiba ou no lo lembren. Desde tódalas frontes, a da lingua incluída, seguimos proxectando imaxes virtuais e falsas do País, e cando alguén, aínda que sexa dun xeito tan inocente coma Marta, se atreve a desvelar calquera aspecto da crúa realidade, cargamos todos contra el... Pobres de nós!

Pero, dito todo iso, recoñezo que Marta demostrou ignorancia sobre o uso do galego en Galicia. Cando afirma, por exemplo, que nas cidades o galego soamente o falan os nacionalistas: é mentira. Hai moitos galegos que non son nacionalistas e o falan. E eu tamén coñezo declarados nacionalistas que non o falan máis que cando lles convén, que ven a ser peor ca se non o falasen nunca.

Gardasme o segredo vergoñento?


En As miñas historias

22/02/2011

Balance lingüístico da miña presidencia da comunidade de veciños (no meu diario lingüístico)


Veño de deixar a presidencia da miña comuidade de veciños, co seguinte balance lingüístico: sempre, todo o que viña da axencia, avisos de empresas...estaba en castelán sen que nadie tivese ningunha obxección que facer; pero cando eu puxen este aviso, como vedes, algún ofendido veciño tardou pouco en facer a traducción (o cal por outro lado, demostra que entendeu todo sen problemas: os problemas son outros!)

Así traducen na Voz (da gusto ver o respecto pola lingua)


(en As miñas historias)

Velaí outros disparates destes anos aparecidos en diversos medios:
Padre Bacelo (Sarmiento)
Alicerce García Negro (Pilar)
Padiola Parker-Bowles (Camilla)
Estíbaliz Espiñenta (Espinosa)
Rodrigo Intre (Rato)
María Galiña (Pita)

Unión Deportiva Esvaecemento (Pájara)

-sentenza asine (firme)
-unha muller reparte sopapos de fariña ás desgraciadas vítimas de Gaza (tortas)
...............e as que nos quedan por ver!

Exposición de cartaces sobre o AMOR

Exposición de cartaces no día de San Valentín





No día da Paz







O alumnado de primeiro da ESO fixo esta exposición no día da Paz

Dios Ke Te Crew - Herdeiros da Ditadura

20/02/2011

ERA EN LALÍN!! (diario lingüístico)


Onte fumos comer o cocido a Lalín; estaba boísimo, por certo, pero iso xa o sabemos todos, así que non é noticia...Quizáis o que vou contar, tampouco é noticia; quizáis é máis habitual do que eu cría, pero a nin non deixou de me apenar!
Era Lalín, unha estaba optimista, alí todo o mundo fala galego, ou case todo o mundo (que non é o mesmo pero é igual). Ao noso carón uns encantadores motarras que nos sorrín...e esa cousas, e que falan e nos falan en galego; ao outro lado unha fermosa gran familia, con xente de idades moi diferentes, rien, berran un chisco, témoslles que pedir que baixen a música dun aparatiño que a miña ignorancia tecnolóxica non me permite nomear....,pero en fin, era Lalín e todo era moi galego, era no "cerne" da Galiza.
Primeira volta á realidade cando a única nena desta gran familia galegofalante, duns 7 anos, nos fala en castelán; non nos chama demasiado a atención, pensando que son cousas do cole, que moitos nenos aínda que os pais lles falen galego ,collen o castelán no cole e non o soltan... (todos temos compañeiros que ven como os seus fillos falan castelán a pesares deles falarlles sempre galego); pero entón foi cando chegou o esperpento, esperpento que non era máis que a crúa realidade: esa nai galegofalante durante toda a comida, que chama pola nena:
-"Vamos hija, ven que ya te pone el abriguito la tía, que hay que marchar a casita....."
E cando se acerca a tía, a sempre galegofalante tía:
-"Venga, que te pongo el abriguito, que hace mucho frío, suelta el gatito mi amor.....
Fora estes parénteses, nai e tía seguen falando entre elas, e cos outros adultos, na lingua da Galiza
ERA EN LALÍN!!!!!!!!!!!!!

Iste vídeo ben podería ilustrar os "esforzos" do Anxo Lorenzo por sacar á nosa lingua do "pozo" ...

19/02/2011

Carlos Núñez "Alborada do Brasil"



Carlos Nunes recebeu o Prémio da Crítica alemá polo seu disco Alvorada do Brasil.


O que é um dos melhores gaiteiros do mundo, o galego Carlos Nunes, finalizou a sua turné de apresentaçom do seu último trabalho Alvorada do Brasil no centro do continente europeu.

Após oferecer trinta concertos na sua digressom pola Alemanha e a Suíça, Carlos Nunes recebeu o Prémio da Crítica alemá polo seu disco Alvorada do Brasil. O júri do prestigioso do galardom qualificou o trabalho como "obra artísica excepcional".

Aliás, o músico viguês estreará o vindouro mês O sonho do Brasil, um documentário relacionado com este projeto e dará a conhecer a música que realizou para o ballet Grupo Corpo, do país americano de fala galego-portuguesa, que é dedicado a Martim Codax, trovador galego da literatura medieval.

Com este trabalho onde se mestura a música galega com a brasileira, Carlos Nunes soma-se ao intenso movimento lusófono que os últimos anos tem havido na Galiza e que reivindica, também no plano musical, um lugar dentro da lusofonia para a música galega.
Diário Liberdade

DO XAPÓN PARA A GALIZA



DO XAPÓN PARA A GALIZA


15-02-11 Gabriel Álvarez Martínez

Foi no verán entre primeiro e segundo de Bacharelato cando comecei a estudar xaponés. Após unha intensa etapa de afección pola banda deseñada europea (Tintin, Le Petit Spirou…) e estadounidense (Daredevil, The Punisher…) durante a ESO, adentreime no mundo do manga (sempre preferín os clásicos como as obra de Osamu Tezuka, o “Deus do manga”, ou Nausicaa do Val do Vento, ou as obras de Jirô Taniguchi). A afección pola BD nipónica e a paixón polos idiomas (aí tivo moito a ver o feito de estudar grego antigo e latín) leváronme a comezar a estudar xaponés pola miña conta, con material que encontraba nas librarías e na Internet. No comezo limiteime a estudar a lingua, mais aos poucos foi xurdindo o interese por diversos aspectos culturais: a música, o cinema, a gastronomía, o folclore, a relixión… E, finalmente, o anseio de visitar o país e coñecer as súas xentes.

Algúns anos despois, estou a vivir o meu soño en Kobe, unha cidade de 1 millón e medio de habitantes ao sul da illa de Honshu (a máis grande das catro illas principais que forman o Xapón).

Quero enviar un saúdo a toda a rapazada do IES nº 1 do Carballiño. Loitai polos vosos soños sen esquecerdes nunca o que sodes e de onde vindes.

Déixovos un tema do anime Evangelion, un clásico nos karaokes xaponeses que fala sobre amor, futuro e superación:
                                               http://www.youtube.com/watch?v=CXxZAxin6IU


Traducións do xaponés ao galego:
  Mona Imai        
  Gabriel Álvarez Martínez
  Editorial Galaxia
  Rinoceronte Editora




                         Tradución do xaponés ao castelán :
                         Gabriel Álvarez Martinez.
                         
                                        1Q84  TusQuets Editores



             

 
                                                                                          
                              


18/02/2011

Muller Lamprea VS Gran Hermano 12



A muller lamprea, a heroína galega que loita contra os perxuízos linguísticos, sabe que ten traballo abondo; pero tamén sabe que xa non está sola, que somos moitos os que tamén queremos ser "muller lamprea"

16/02/2011

Andalucía es España Aprended a hablar español (así aparece titulado no youtube,non é cousa de Imos Indo)

,

Explicación que acompaña ao vídeo: "Puto Blas de Infante. haber si los andaluces aprenden a hablar bien el español... PARECEN TONTOS CON SU FORMA DE HABLAR"

como vedes, o españolismo tamén ten para os andaluces (e logo veñen con iso de que o español o fixemos entre todos.....!!!!!!!; está claro que cando din español, queren dicir CASTELÁN).

15/02/2011

Roi Casal - Máxicamente Vello

Terceira entrega de "a muller que escapou das gazoupas da imposición"

(imaxe en CiberIrmandade da Fala)

Hai dias preguntabámonos como esta heroina que leva o nome de Galicia tan lonxe, foi capaz de salir incólume deses longos escuros tempos da IMPOSICIÓN; tempos nos que o castelán estaba procrito, e so a xente bruta, nomeadamente os de Lugo, eran capaces de entender o que dicían os libros de texto.
Hoxe temos xa a resposta: ela mesma relata que axudada do seu avezado inxenio e sen dúbida animada polos seus tamén oprimidos profesores, foi capaz de conseguir o case imposíbel: LIBROS EN CASTELÁN; nunca saberemos como pero o conseguiu, e esta foi sen dúbida a clave do seu éxito; o que a axudou a manter na soidade a súa "fina habla madre" e a manterse moi lonxe de seseos e gheadas.
Sabemos que o camiño foi duro, moi duro; incluso nunha ocasión sufriu un acercamento por parte dun galegofalante, pero toda esa sabedoría aprendida nos libros en castelán axudoulle a identificar a este individuo como un menbro da secta ultranacionalista "por cojones", e a ser inmune ás súas brutas verbas.
O esforzo, como vedes, non caeu en saco roto.

14/02/2011

Intento descarado de españolización do alumnado galego

A Xunta predica co exemplo

A CIG-Ensino denuncia que a Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra enviou ao colexio de Randufe en Tui material só en español para a nova aula de infantil. O Xefe Territorial xustificou o envío do devandito material, unha ducia de libros e varios xogos para adquisición da lectoescritura, botando man dos resultados da enquisa realizada aos pais e nais sobre a lingua materna dos nenos e das nenas.



Desde a CIG-Ensino, denunciamos a tersiverxación que se pretende facer cos resultados destas enquisas que a Consellaría de Educación ten ocultos, pois despois de estes resultados seren reclamados pola CIG-Ensino en todas as Mesas Sectoriais habidas neste curso, a Consellaría segue sen dar unha resposta a esta petición. No seu día, xa denunciamos a intencionalidade deste proceso, pois tal e como se realizaba podía dar lugar ao incumprimento dos dereitos lingüísticos do alumnado e, por tanto, da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, ademais de que non ía dar conta de cal é a lingua do contorno familiar do alumnado, xa que só se preguntaba sobre a lingua materna do neno ou da nena, sen especificar que criterios se debían ter en conta para estabelecela. En definitiva, denunciabamos que estabamos ante un proceso que podía dar lugar a unha situación que non se corresponde coa realidade. E agora encontrámonos con que a Consellaría utiliza eses datos terxiversados para estabelecer o material que enviará aos centros. Todo isto comprobámolo no caso concreto aludido, onde os resultados da enquisa discriminan o galego, precisamente nunha parroquia rural dunha comarca, o Baixo Miño, en que o uso do galego é predominante.

Así as cousas, preguntámonos se a ocultación dos datos da enquisa por parte de Educación obedece a que pretenden utilizalos exclusivamente para o seu interese que, como estamos comprobando día tras día, se concreta na redución da presenza do noso idioma nas aulas.

Cabe sinalar que, mesmo no caso de que os resultados da enquisa sexan maioritariamente que o alumnado utiliza cos seus proxenitores o español, sempre hai, nas aulas, alumnado galego falante. Ademais, para que as nenas e os nenos adquiran progresivamente o noso idioma deben recibir, polo menos, unha parte do ensino en galego, por máis que a lingua maioritaria non sexa o galego e porque ese é o seu dereito como estabelece a Declaración Universal dos Dereitos lingüísticos.

Unha vez máis, comprobamos o interese desta Administración na españolización descarada do alumnado galego e o seu rexeitamento de todo o que nos é propio, pois o envío de material exclusivamente en español non só é inaceptábel desde o punto de vista da formación do alumnado que, mesmo sendo galego falante, ten dereito a recibir ensino en galego, senón que é unha práctica que non apoia a industria editorial galega que ve así minguados os seus recursos.

(en Terra e tempo)

No dia dos namorados...


(en As miñas historias)

Traballo gañador do concurso "ponlle imaxes á nosa música de amor"



dúas alumnas presentaron iste traballo, que resultou gañador; podédelo ver no youtube

Traballo que quedou no segundo lugar no concurso "ponlle imaxes á nosa música de amor"



tamén este pareceunos un bo traballo, tiña moitas posibilidades e quedou no segundo lugar; tamén o podedes ver no youtube.

13/02/2011

O galego e a galegofobia no programa "Gran Hermano" 2011



Pailana és ti, en todos os idiomas que poidas falar, que dudamos sexan máis dun; bruta és ti, fales o que fales, e nacionalista (espñola) és ti, sexas de onde sexas. Fala o que queiras, pero non fales da nosa lingua, porque a nosa terra e a nosa lingua avergóñanse de ti (e dos teus profes)

Coa dignidade por diante, fronte á cerrazón do españolismo



Raul Agné abandona a roda de prensa porque non lle deixan responder en catalán.Oxalá houbese aquí alguén tan valente e con tanta dignidade (o hai, o sei,o noso pobo está a espertar)

Veño de ver iste boísimo comentario en Carta Xeométrica:
"O vídeo que presentamos aquí é como as boas películas de medo. Non vemos ao mostro pero percibimos claramente a súa presencia.
Raúl Agné, entrenador do Girona, contestara tres preguntas en castelán, porén a cuarta respondeuna en catalán. Entón foi interrumpido por varios periodistas que lle esixiron que falara en castelán. Agné díxolles "contesto unha en catalán e despois a vostesdes en castelán, non hai problema", no entanto os periodistas non o aceptaron. Entón o entrenador do Girona realiza o exorcismo: "non podo falar en catalán?, pois non hai rolda de prensa."
Eu non sei cales son os vieiros polos que discorre o deporte galego, mais coñecendo dos males que padece a sociedade no seu conxunto, sospeito que un caso así non sucedería nunca en Galicia. As razóns de que non haxa un Agné galego están en que aquí o común é que levemos o monstro dentro do corpo e que moito antes de enfrentarnos a ningún zunante que nos prohíba falar en galego, xa temos asumido que o idioma dos galegos é o castelán.
Sendo así as cousas, cómpre, pois, un exorcismo colectivo."

12/02/2011

Saumede (en Aldeas abandonadas)


Esta aldea do Condello da Bola (parroquia de San Martiño de Berredo (San Martiño)) abandonada nos anos 70, e que forma parte da Reserva da Biosfera-Área de Allariz, foi escollida pola asociación francesa "El pueblo" para o seu proxecto de potenciación do medio rural, para o que contan coa axuda da alcaldesa, e parece que tamén dos propietarios, xa dispostos a facer cesións. De momento vemos as tendas de campaña nas leiras, pois os novos "veciños" son respectuosos coa propiedade privada, e so fixeron traballos de desbroce de leiras e camiños, instalación de aseos no exterior...pero a realidade é que a aldea xa parece rexurdida das súas cinzas. Contan xa cunha casa onde pasar o inverno, e xa levan feitas diversas actividades culturais (por certo, por se alguén se anima, están dispostos a que lles aprendan galego). Falamos con eles e quedamos invitados a voltar o próximo verán, cando xa serán visibles as tarefas de rehabilitación. Esperemos que de verdade este sexa un paso adiante sen retorno para Saumede.

11/02/2011

Carta Xeométrica informa sobre o nacemento dunha nova web: Poesíagalega.org


Poesíagalega.org
Nova web ao servizo da lingua da man do Consello da Cultura Galega. Chámase poesíagalega.org. e desde hoxe accederase a ela desde a lista de recursos deste blogue (isto serve tamén para o noso)
Consiste esta web nunha base de datos mais tamén será un repositorio sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos. Pretende chegar a ser un dos lugares de referencia para o estudo e a investigación da poesía e a literatura galegas contemporáneas. Tampouco se nos escapan as súas posibilidades como un recurso de apoio á formación do estudantado.


Desexamos que poesíagalega.org acabe sendo outra iniciativa de fortalecemento da nosa identidade dándolle valor a un dos máis grandes tesouros colectivos.

Concurso de videoclips"Ponlle imaxes ás nosas cancións de amor" co gallo da celebración do Día dos Namorados

Convócase concurso de videoclíps para cancións en galego que traten sobre o amor para o alumnado do IES nº1 do Carballiño

BASES:
1.- Haberá dúas modalidades, unha para a ESO e outra para o alumnado de Bacharelato.
2.- Escollerase unha canción en galego que trate sobre o amor e realizarase un videoclip en galego
3.- Os videoclips  mandaranse á dirección do correo do Blog de Dinamización da Lingua galega do Centro (carballopequeno@hotmail.es) co nome de quen o realizou
4.- A recepción dos mesmos farase ata o 11 de febreiro.
5.- Haberá un premio para cada unha das modalidades, por determinar.
6.- Os membros do ENDL do centro actuarán como xurado
7.- Os videoclips seleccionados visionaranse nos recreos, o día 14 de febreiro na entrada do centro.

10/02/2011

días de amor, lingua de amor

estes días de amor, xa sabes..

(en o larchán do cotarelo)

A saia da Carolina -Eu chorar chorei/ Escola María Soliña. Bailaches. Sangaindia





Os nenos e nenas da escola María Soliña da India, cantan en galego
www.shangaindia.org A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono. Podes colaborar obtendo mais información na súa páxina web e nos videos do canal da ONG: http://www.youtube.com/user/shangaindia

Música: Alumnos de Baikuntha Nath Rath Music Teacher U.S.V. Konark
Grabado por Adán e a fundadora Neneta
Edición: CanalArtes do María Soliño

08/02/2011

Patético: un "nudo en la garganta " por ter que ler en galego a Cartilla de Saúde Infantil

Lemos hoxe nos submundos da rede:

"Los padres de Miguel, un niño nacido a finales de diciembre de 2010, solicitaron verbalmente y por escrito en una maternidad pública que se les facilitase dicha carpeta y su contenido, al menos en castellano. Tanto los facultativos, como el personal directivo y el Servicio de Atención al Paciente les indicaron que, hasta donde sabían, esa documentación estaba disponible exclusivamente en gallego. Con un NUDO EN LA GARGANTA, los padres de Miguel se negaron a recoger la Cartilla de Salud Infantil, así como el resto de la carpeta y presentaron un escrito urgente, educado y firme ante la Consellería de Sanidad el día 5 de enero de 2011."



Tanta sensibilidade abrúmanos, sobre todo vindo de xente que di non entender o noso interese en ser atendidos en galego, que o considera unha "arroutada" nacionalista, e que incluso teñen afirmado que non é preciso que nas administracións sexa obrigatorio o coñecemento do galego. Pois os galego falantes tamén temos gorxa, e nela tamén se forman nós, e con moitísima frecuencia non temos as informacións en galego. E esta xente que di defender as dúas linguas, día tras día amosa a súa verdadeira faciana....
Por certo: "un escrito educado"? ;segundo os vosos propios códigos surrealistas, os escritos non teñen educación; son as persoas as que teñen educación (sobretodo as galegofalantes)

O afiador-Los Suaves [Ourense, 18-09-10]



Vaise achegando á sua casa
onde se afoga o sol
e vai pechando os ollos
para poder ver mellor
A choiva xa se afastou
esperataron as estrelas
e vese o camiño do ceo
moito más ca o da terra
E vaise achegando só
cavilando triste e vello
vive mentras non morre
a soedade mete medo
Foi daca pra acolá
e xa que chega a sua hora
ven botarse a descansar
a deixa-la roda soa.

Noite, neboa hora segreda
tempo do afiador
e que nunca vai gañar
solitario soñador
solitario perdedor...

Os longos dedos do sol
afastan o mato da néboa
país que por centos de anos
fuches o cabo da terra
Vai chorando coma sempre
por cousas que son máis que penas
tras a fiestra non hai lume
nin benvida na cancela

No pozo das lembranzas
foi coitado remexer
e das augas acougadas
chegan falas de muller
Contan que cando o soubo
eso foi o que o matou
a bágoa de ter que sabelo
a bágoa dunha traición

Noite, néboa hora segreda
tempo do afiador
e que nunca vai gañar
solitario soñador
solitario perdedor...

07/02/2011

Nova enquisa aos pais

    


       (en A Minha Pátria é a Língua)

Eiquí tendes a próxima enquisa aos pais, que se fará en cantiño sexa firme a Lei de convivencia escolar

A Xunta despreza a nosa normativa e polo tanto o galego


A Xunta segue marcando as diferenzas

A Xunta repartiu nun xornal este domingo (non fai falta dicir cal, que outro non podía ser) o folleto promocional da marca 100% galego. E como sempre, a Xunta decidiu marcar a diferenza coa norma oficial do galego. Velaí o texto, que podedes descargar aquí (pdf):
Marcamos a diferencia cunha terra privilexiada
Grazas ó noso carácter oceánico, con temperaturas suaves e abondosas precipitacións, Galicia atesoura 500.000 hectáreas de pastos e cultivos forraxeiros
Marcamos a diferencia coidando o noso gando coma ninguén.
Os servizos veterinarios oficiais de Galicia realizan cada ano 2.700 controis do benestar animal nas explotacións de vacún, o que constitue o 40% do total español
Marcamos a diferencia controlando a calidade e vixiando a túa saúde.
O Laboratorio Interprofesional Galego da Análise do Leite analiza diariamente os parámetros do leite e certifica a súa calidade. Ademáis, 700 profesionais sanitarios da Xunta velan pola garantía sanitaria do leite da marca Galega 100%.
Marcamos a diferencia creando un selo único
Galega 100% é leite procedente de granxas incluídas no Rexistro de Explotacións de
Calidade diferenciada creado polo Decreto 57/2010, que cumpren cuns requisitos de calidade excepcionais e superiores á esixente normativa comunitária.
Porque queres o mellor para os teus
Galega 100% garante a trazabilidade do mellor leite galego desde a granxa ata a túa casa e distingue o leite de calidade superior
E o mellor, é algo moi noso.
Busca o selo Galega 100% en todos os productos lácteos e disfruta do mellor leite.

(en As miñas historias)

06/02/2011

Unha muller que escapou das gazoupas da imposición


Marta,a coruñesa de Gran Hermano 12, afirma no programa que nunca falou galego nin o escribiu; engadiu que non o fala case ninguén, e que os que o falan son de aldea.
Preguntámonos onde estudou esta muller!, aprobou galego?; como?; como escapou das gazoupas da imposición?...
(se alguén localiza o vídeo que faga o favor de enviárnolo)
Pois xa vedes, con estes "galegos", non é moi fácil facérmonos respectar

defensor do galego non parece, non

A túa queica e os teus preguntas



O espazo web do Defensor del Pueblo ten versión en galego... Ou nunha cousa parecida ao galego, que nos di como presentar "queicas", que nos explica que queren "protexelos teus dereitos", que "vea" polos "ciudadáns", que atende "tódala correspondencia", que consegue que "dous de cada tres recomendaciones sexan escoitadas", que escoita tamén as persoas en centros de "internamiento", que escoita "os teus preguntas" e tantos outros disparates. Os erros de acentuación na versión galega xa son difíciles de contar e os de uso de preposición a co complemento directo, tamén.

É isto unha institución seria?
(no blog do Carlos Callón)

un chisco do bo humor de As miñas historias

ruxe-ruxe FERRALLAS

Sae "A Cuarta Parede" , revista dixital de cine escrita e galego (Chuza)

A cuarta Parede é o título da primeira revista dixital de cine escrita en galego, unha publicación na rede que editan Víctor Paz Morandeira e Eloy Domínguez Serén, amantes do sétimo arte e colaboradores activos en diversas publicacións.
(engadimos a Recursos)

04/02/2011

A Mesa pide a Endesa que remita as facturas eléctricas en galego


AS PONTES
A
03/02/2011 - C.P.R. / El Progreso (As Pontes)

A Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes remitiulle un escrito á dirección de Endesa para «chamar a atención sobre a situación de discriminación que sofre a lingua galega na correspondencia que emite a empresa que preside», segundo recolle a carta.

A Mesa recorda que varios clientes xa formularon queixas a nivel particular pero, ante a falta de resposta da firma, decidiron facer unha reclamación conxunta a través deste organismo para lograr que a eléctrica remita a Galicia as facturas en galego.

A asociación, que explica á Endesa que o seu obxectivo é «a defensa do galego e a loita polo seu uso normalizado en todos os ámbitos da sociedade», precisa que outras compañías eléctricas xa o fan e recorda que a propia empresa traduce ao catalán a correspondencia de Cataluña.

Agora está millor


(en As miñas historias)

Sen comentarios

j

(en As miñas historias)

Dúas baras de medir

03/02/2011

Paletos! Aledanos! Libertá! Libertá! (isto pensan dos galegofalantes os que difunden os prexuízos)



Liberdade para chamarnos "aldeanos""paletos"

Movistar despreza o galego (Galicia Hoxe)

A Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse onte ao presidente da Xunta, á presidenta do Parlamento e ao presidente de Movistar para que "adopten as medidas precisas para que esta compañía que recibe millóns de euros de diñeiro público galego comece a respectar os dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos".
Carlos Callón tamén enviou unha carta ao secretario xeral de Política Lingüística, "pois este departamento da Xunta ten un convenio asinado con esta empresa, mais esta continúa a vulnerar o dereito a obter información en galego á súa clientela". Entre outras denuncias, A Mesa lamenta que "toda a publicidade de Movistar é en catalán en Cataluña, mais aquí exclúe o idioma propio" e lembra que, malia que Guillermo Ansaldo, presidente de Telefónica, se comprometera coa Mesa en 2008 a introducir o galego na súa web, esta continúa a ter opcións só de castelán e de catalán.
Ademais, "os servizos de atención para profesionais e empresas exclúen o galego: só están dispoñíbeis en castelán, catalán, inglés, francés, italiano e alemán". Así, dáse a circunstancia de que todas as liñas oficiais do Goberno galego e do Parlamento galego non poden realizar ningunha xestión con Movistar no idioma que o Estatuto de autonomía recoñece como "lingua propia", a promover e defender.
Así mesmo, a entidade presidida por Carlos Callón observa que "nos poucos servizos que teñen atención en galego (como apoio técnico e avarías), este aparece secundarizado, sendo unha opción que só se pode escoller cando a xestión está mediada, despois de pasar por varios atendedores automáticos exclusivamente en castelán".
"Noutros casos, os servizos en galego só son teóricos. Por exemplo, no teléfono 1004, que é o servizo xeral de atención telefónica, é habitual que non haxa persoal dispoñíbel para falar en galego, polo que se anima a chamar máis tarde de forma incesante", denuncian.

Xunta e Igrexa rehabilitarán o pazo de Diomondi (Galicia conficencial)

Hai unhas semanas dabamos conta aquí da caída dun muro dun dos pazos civís románicos máis importantes de Galicia, o pazo bispal de Diomondi, residencia de verán durante a Edade Media dos bispos de Lugo.

Esta semana, a Dirección Xeral de Patrimonio e o Bispado de Lugo chegaron a un acordo para rehabilitar o edificio, co que se evitará que afecte a outras estruturas, principalmente, á igrexa de Diomondi, á que está adosado, unha xoia do románico.
Visita guiada

E para defender o patrimonio cultural, a Asociación O Sorriso de Daniel organiza unha visita guiada a este monumento para destacar a importancia histórica do edificio.

María Nieves Peiró, investigadora da universidade da Coruña que se ten ocupado da historia do e do arquivo do Pazo Bispal; Ramón Yzquierdo Perrín, autor da tese La Arquitectura Románica en Lugo e de Xan Rodríguez, Decano do Colexio de Arquitectos de Ourense, serán algúns dos que participarán nesta iniciativa.

A visita forma parte do programa Xeiras Románicas que a asociación ven desenvolvendo e complementarase cunha visita no mesmo domingo pola tarde á igrexa de Seteventos tamén no concello de O Saviñao.

en As miñas historias

02/02/2011

Dúas intelixencias, un mesmo pensamento: Galicia ven sendo... "nada"

Feijóo sinala que Galicia é unicamente unha “autonomía política”, rango que, ao seu xuízo, “acredita” que “España non é un Estado plurinacional”. Neste sentido, como xa acontecera en anteriores viaxes, Feijóo enfatizou ante a prensa madrileña que “a única nación que existe é a española” algo que, asegura, acontece dende “hai 500 anos”. “O Estado plurinacional é unha cousa e o autonómico é outra”, enfatiza.
O titular da Xunta quixo deixar claro que Galicia non é un mini-estado, senon que acata a Constitución e que non ten "problema de definición" nin se sentan "en el diván de un psiquiatra para ver qué somos".



Imos Indo alédase de que non se pare moito a pensar que somos ou non, porque se se para e o pensa, moito nos tememos que as conclusións serían as mesmiñas as que logo de tanto pensar chegou o que foi delegado do goberno en Galiza e hoxe director xeral de Aviación Civil  Manuel Ameijeiras (coñecido como Macario), e que eiqui transcribimos:
        "lo que me gusta de ese pais (EEUU) es que solo tiene un idioma (...) ,todo el mundo deberíamos hablar un idioma; ¿que tiene que ser el esperanto?, bueno, pues ala, a estudiar el esperanto, y no digamos  que Galicia es un pais, porque SI GALICIA ES UN PAIS, ¿QUE ES ESPAÑA? ¿UN CONTINENTE O UN PLANETA?"