Amosando publicacións coa etiqueta Cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cultura. Amosar todas as publicacións

7 de feb. de 2022

Concurso Chíos de Amor

 

    A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización.  A conmemoración cristiá da Candeloria parece que ten a súa orixe nunha festa romana, a dos "Lupercais", unha procesión de candeas acendidas na noite na que se facían pregarias a Proserpina, a deusa das sementes e da  fertilidade dos eidos. Celebración que os romanos quizais tomaron da "Festa da luz" dos pobos celtas, festexo do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol. 

     Na cultura popular galega a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse más pequenas as noites, xa falta pouco para  primavera( coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron (e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno)  e  se emparellan para facer xuntos o niño. 
 
    Como xa pasou con outras festas,  acabouse cristianizando e converteuse no día da Purificación da Virxe. Tamén se bendicen unhas  candeas e se fai una procesión con elas por dentro da igrexa. Despois esas candeas gárdanse para as tormentas,os velorios, ...
 
    A sabedoría de refraneiro galego lembra todos estes feitos e moitos outros da época:
 
  • "Cando a Candelaria chora, a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, a mitá do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"
  • "Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar".
  • "O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra".
  • "Na Candeloria casan os paxariños e marcha a galiñola"
  • "Despois da Candeloria ningunha ave voa soa"
    Tamén a literatura galega se fixo eco desta  festa. Luís Amado Carballo, en Proel –1927–, incluíu un poema titulado “A Candeloria”:
Na catedral do abrente
hoxe cásanse os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.
Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibéns soben no lonxe
como rosarios de encenso.
O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.
Vai tocando polo campo
a súa zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.
O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dálles a beizón nupcial.
Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa desta noite
estrena un luar o campo.
        Por iso é algo moi especial e de moita honra podermos celebrar a festa no amor na Candeloria, no día que casan os paxariños

  • O Equipo de Dinamización da Lingua, xunto do Departamento de Lingua Galega  e o Equipo de Convivencia convocan una concurso de mensaxes de amor curtas (menos de 280  caracteres)  que pode ter un destinatario-a folgado (namorado, namorada, pai, nai, amigos, lingua, ...).

Anímate e participa!!!


3 de feb. de 2022

15 de nov. de 2021

Magosto 2021


 
   Con  algo de frio pero con moitas ganas, pasamos unha xenial mañá celebrando o magosto, primeiro realizando diferentes actividades lúdicas tradicionais e, a seguir, comendo o bolo preñado e, como non, as castañas!!!



27 de feb. de 2012

Toma de posesión de Monteagudo como académico da RAG

“Se o galego é un dereito fundamental en Galicia, carece de sentido falar de imposición do galego no seu territorio" argumentou o lingüista na súa toma de posesión como membro da Real Academia da Lingua.

O profesor Monteagudo foi claro e directo ao referirse á situació actual da lingua galega. “En realidade ocorre é que hai persoas e estamentos sociais que aspiran a vivir e desenvolverse en Galicia ignorando a súa lingua".
Unhas verbas pronunciadas diante do conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, e do novo director xeral de Cultura e ex secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o seu substituto, Valentín García, que asistiron este sábado ao seu acto de ingreso como membro numerario da RAG en substitución de Antonio Gil Merino.
“Facer país co idioma”
No seu discurso 'Facer país co idioma. Sentido dá normalización lingüística', Monteagudo cualificou de "falacia" a imposición do galego e a contraposición entre "normalización e liberdade lingüística". "É unha falacia que nace tanto dunha serie de malentendidos da primeira como de lecturas tendenciosas da segunda", sentenciou.
“A liberdade lingüística é unha condición esencial da normalización, do mesmo xeito que a normalización é condición esencial da liberdade lingüística", suliñou ao tempo que destacou que a normalización "ben entendida" ten como obxectivo establecer "as condicións do exercicio da liberdade dos falantes".
O novo académico denunciou a “grave crise” que sofre este idioma. “ É un cataclismo que se inscribe noutro moito máis amplo e que está a dar lugar a un modelo económico, social e cultural que ameaza con engulir as conquistas de traballadores, vincular á escravitude á maioría do xénero e esnaquizar definitivamente o patrimonio cultural do que forma parte inseparable a diversidade lingüística".

 EN GALICIA CONFIDENCIAL

21 de xan. de 2012

Warning: artista solto!

  Sabido é que en tempos de crise, o artisteo flutúa entre a dura navegación por augas turbulentas e o abeiro agarimoso de portos seguros. Máis que de apocalípticos e integrados habería  que falar de desbancados e reenganchados, pero nin sequera é nada novo que tras un  cambio de signo político veña unha reestruturación do traballo do creador segundo o vento que sopre. Botando un ollo ao que se coce por Galicia semella factible agrupar certas tendencias creadoras. Por seren recoñecibles doutros tempos e lugares, máis ca nada. Dun lado, podemos destacar o artista-fungón,  que tanto pode ser un músico estrafalario coma un pintor rabudo ou un “escritor do non”. Adoita bufar moito, pode chegar a rexeitar premios institucionais e con frecuencia amósase esquivo ante a crítica e o público. Ás veces, mesmo procura a fama de autor de culto. Pode buscar o exilio, físico e espiritual. Pero calquera Bartleby que se prece sabe que na autodesaparición e na burla displicente do panorama cultural actual vai incluído un irreprimible diferencialismo premeditado. A invisibilidade pode conceder aínda maior presenza: “Agora enfurrúñome e deixo de escribir, poño verde a todo o que se move e non participo en misceláneas, colectivas, antolóxicas, retrospectivas… Síntome incomprendido. A verdade é que preferiría non facelo”. (Epítome dos Bartlebys culturetas) Cando funga de máis entra na fase troll e daquela pérdese para sempre.
Pola lei do péndulo, e porque todo ten que ter o seu contrapunto, tamén florece (e como!) o artista-lambecú, o amigo das subvencións, de  prebendas, favores e axudas, de cargos e de encargos, o artista do réxime -sexa este da cor que sexa- o que fala ben do xefe, o que unicamente pinta retratos dos seus mecenas. E, ai Deus!, volverá o NODO? É tan fácil seguir a marea do éxito, é unha auténtica tentación, unha falla tectónica que empuxa. Lean a prensa diaria! Hai que ir con coidado, semella que todo participa do mesmo disfrace intelectual antes de ir caer no institucionalismo máis casposo nun cadro de costumes moi visto: asimilación ou disimilación. Rien ne va plus.
Entre o artista fungón e o o lambecú ás veces hai pouca distancia temporal, se cadra unhas autonómicas e dúas municipais. Aos que  hai pouco gababan a xestión de Cultura, tardáballes a fusión das dúas Consellarías. (Que boa idea, xefe! E canto aforramos! Riiinnggggg, sabemos algo do meu? )
No medio de tanta disputa (Cidade da cultura si, Cidade da cultura non) desenvólvese con xeito un tipo de artista que busca o ben común dun xeito altruísta, case humanitario. Chamémoslle o artista-cooperante: todo está ben por salvar a lingua ou dignificar o noso patrimonio cultural. A funcionalidade social por diante. Arte utilitaria. Publica libros sen tregua, agasalla con lenzos as asociacións veciñais, canta en canto acto hai, recita, baila, roda películas, etcétera. Sempre a esgalla e con moi boa disposición. Pretende -coa mellor intención do mundo- salvar a sociedade de desigualdades sociais, protexer linguas minoritarias e gardar a memoria dos devanceiros, todo iso polo mesmo prezo. Defende que hai que aferrarse aos valores que nos  definen ou cando menos ás súas reminiscencias. Polo camiño de Ossián.
 
Pero diríase que a creación vai por libre ou sinxelamente non vai. Todos os excesos e condicionantes á hora de producir arte só poden baleirar a obra do seu contido.  Inda vai ser bo para a nosa cultura ter un goberno con certo desafecto polo autóctono, senón ao tempo: caerá quen teña que caer, sairá na foto quen teña que saír, fará caixa quen teña que facer caixa, a algúns medraranlle os bonsais, outros saberán desfacer o nó e tirar do carro, pero tanto os cooperantes, coma os lambecús e os fungóns, teñen difícil unha produción independente e libre do ollo acusador, se non fan ouvidos xordos ás sereas do poder. Témolo cru! A xuventude, o mellor activo? Oxalá!
Mariña Pérez, en GALICIA CONFIDENCIAL

12 de nov. de 2011

A escritora María Reimóndez leva a literatura galega a Italia

O 10 e 11 de novembro a escritora galega participou nunhas xornadas organizadas por Insula europea sobre a muller na literatura. 

Oito escritoras entre as que se atopa María Reimóndez,  pertencentes a diferentes literaturas europeas e con parte da súa obra traducida ao italiano, participaron o pasado xoves e venres nunha mesa redonda en Perugia (Italia).
As xornadas foron organizadas por Insula europea (http://www.insulaeuropea.eu/), unha plataforma de especialistas italianos en diversas literaturas de Europa coordinada polo profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Perugia Carlo Pulsoni. O evento inclúese no marco da edición anual do Umbria libri (www.umbrialibri.com) que este ano leva versou sobre “C'era una donna” (“Érase unha muller”).
  As autoras compartiron mesa con algúns expertos en Italia das literaturas que representan. No caso galego, María Reimóndez sentou ao carón de Attilio Castellucci, tradutor ao italiano de O club da calceta (Il club della calzetta: Roma, Gran Via 2007) e director do Centro de Estudos Galegos da Università La Sapienza de Roma.

 

En Galicia Confidencial

7 de nov. de 2011

Premio ao fomento do galego na publicidade

Nun emotivo acto celebrado o 30 de outubro nas instalacións do Centro Cultural da Deputación de Ourense, a “Comisión proCentenario Nós 2020” homenaxeou a memoria dos anunciantes que fixeron posible a histórica publicación. Deles quedaban catro en activo cen anos despois: os herdeiros de Casa dos Lentes; o fotógrafo Schreck; Villar Foto e O Cronómetro. Tomaron a palabra o presidente da Federación de comerciantes e varios membros da comisión que queren para Ourense a capitalidade cultural europea para o ano 2020. A homenaxe rematou cun moi aplaudido “Saúde e República”.
Ese mesmo día coñecéronse as bases do que será o “I Premio de Honra Nós” ao fomento do idioma galego na publicidade non institucional. A intención deste recoñecemento é protexer e potenciar a normalidade do uso da lingua e da cultura galegas en todos os sectores e ámbitos da sociedade, da economía e da comunicación. Poderá participar todo o sector publicístico profesional, comercial e empresarial de dentro e fóra de Galicia, coa única condición de que publique o seu anuncio en idioma galego. Os anuncios deberán aparecer no soporte elixido entre as datas do 31 de outubro e o 30 de setembro de cada ano. O premio, que non está dotado de contía económica, consistirá nunha peza escultórica como agasallo simbólico.
Outro dos actos da xornada foi a Romaría histórica 'A Bela Auria' celebrada no xardín do Posío. Traxes de época, actividades de lecer e un xantar popular trasladáronnos, no mesmo centro de Ourense, aos anos 20.

En Galicia Confidencial

28 de set. de 2011

Os cancioneiros medievais. Precursores da literatura galaico-portuguesa

O traballo en común de elites e pobo para consolidar unha lírica propia no espazo galego portugués explica moito da nosa identidade. linguagem lhes era comúm, apenas divergindo, como ainda hoje acontece, nalgumas particularidades dialectais”. Este texto pertence ao libro Cantigas de amigo dos trovadores galego portugueses, de José Joaquim Nunes, no que puntualiza moi ben a dependencia da literatura común para galegos e portugueses do idioma común no alén e no aquén Miño no século XII e XIII. Nesta dirección, convén non esforzarse en verificar quen foi o primeiro autor da lírica común do noso gran monumento literario como son os Cancioneiros comúns para galegos e portugueses. Pouco significado ten se o primeiro en escribir nese idioma emancipado e comunal foi Egas Monis Coelho, Goesto Ansúrez, o rei Sancho I O Velho ou Pai Soares de Tabeirós. Neste sentido, é preciso connotar tempo e espazo no que se moveu un colectivo de autores, todos eles emerxentes da poesía culta.

O idioma de que os trovadores se serviram nas suas composições era o que ao tempo se falava nas duas margens do rio Minho e representava já evolução doutro mais antigo, o galaico-portugalense, proveniente do latim na sua fase popular, outrora falado em ambas as regiões. Portugueses de cá e galegos de lá entendiam-se perfeitamente uns aos outros, porque a mesma linguagem lhes era comúm, apenas divergindo, como ainda hoje acontece, nalgumas particularidades dialectais”. Este texto pertence ao libro Cantigas de amigo dos trovadores galego portugueses, de José Joaquim Nunes, no que puntualiza moi ben a dependencia da literatura común para galegos e portugueses do idioma común no alén e no aquén Miño no século XII e XIII. Nesta dirección, convén non esforzarse en verificar quen foi o primeiro autor da lírica común do noso gran monumento literario como son os Cancioneiros comúns para galegos e portugueses. Pouco significado ten se o primeiro en escribir nese idioma emancipado e comunal foi Egas Monis Coelho, Goesto Ansúrez, o rei Sancho I O Velho ou Pai Soares de Tabeirós. Neste sentido, é preciso connotar tempo e espazo no que se moveu un colectivo de autores, todos eles emerxentes da poesía culta como da popular, que particularizaron esa grandeza literaria que, sen ela, posibelmente, tanto Portugal como Galiza non serían as mesmas en toda a súa evolución nacional, tendo o idioma como fundamento desa idiosincrasia.
Nesta dirección, cómpre insistir nesa época literaria administrada por trobadores, xograres e segreis que proclamaron as esencias vitais dun idioma levado a ese corpus literario. Por tanto, non é preciso botar mao dunha longa nómina de autores para individualizar a fértil e dinámica ópera prima dos nosos trobadores, para mostrar cada un dos perfís que se manteñen nese mosaico de longa tradición, que esclarece un pasado compartido por galegos e portugueses que conformaban a Gallaecia.
As referencias dese bloco lingüístico e literario móstrase nos Cancioneiros Galego Portugueses que conforman a identidade que forneceu o elemento mais dinámico dun potencial espléndido que consolidou e forneceu ese carácter de independencia política, no caso de Portugal, e de dependencia política a Castela por parte de Galiza. Velaí a separación máis elemental en que nunha parte, a lingua e a literatura evolucionan e na outra estáncase ou retrocede. A literatura galaico-portuguesa manifestada nas Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio, ou do seu neto, D. Dinís, rei de Portugal, mantívose viva nas respectivas cortes por ese  colectivo de trobadores, de ambas as beiras do Miño, que foron capaces de crear todas esas manifestacións que no campo filolóxico non atopan diferenzas.


Xosé Lois
García
Escritor. En A NOSA TERRA

9 de mar. de 2011

Antroido 2011 en Viana



Alí estivemos unha vez máis, e coma nas outras ocasións ficamos de novo abraiados por tanta beleza, que a cámara non pode reflectir máis que nunha moi pequena proporción. Alí vedes que estaban os "nosos" conselleiros, que non deixaron de falar entre eles (seguramente en castelán), alí estaban maiores e pequenos de todos os pobos, pero a esperanza para o futuro foi ise pequerrichiño que vedes nas imaxes, que nin podía case camiñar co peso da máscara, pero non deixou que lla quitasen en ningún momento e aguantou o indecíbel, o que lle valeu que houvese quen se agachou a bicarlle as mans (disque apenas tiña 5 anos!!!!!!!!!!!!)


11 de feb. de 2011

Carta Xeométrica informa sobre o nacemento dunha nova web: Poesíagalega.org


Poesíagalega.org
Nova web ao servizo da lingua da man do Consello da Cultura Galega. Chámase poesíagalega.org. e desde hoxe accederase a ela desde a lista de recursos deste blogue (isto serve tamén para o noso)
Consiste esta web nunha base de datos mais tamén será un repositorio sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos. Pretende chegar a ser un dos lugares de referencia para o estudo e a investigación da poesía e a literatura galegas contemporáneas. Tampouco se nos escapan as súas posibilidades como un recurso de apoio á formación do estudantado.


Desexamos que poesíagalega.org acabe sendo outra iniciativa de fortalecemento da nosa identidade dándolle valor a un dos máis grandes tesouros colectivos.

6 de feb. de 2011

Sae "A Cuarta Parede" , revista dixital de cine escrita e galego (Chuza)

A cuarta Parede é o título da primeira revista dixital de cine escrita en galego, unha publicación na rede que editan Víctor Paz Morandeira e Eloy Domínguez Serén, amantes do sétimo arte e colaboradores activos en diversas publicacións.
(engadimos a Recursos)

1 de feb. de 2011

Pola Candeloria

A CANDELORIA

a festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos

 
lumeA Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro.  Consiste  na bendición  das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos. 
 
 

Noutros tempos estas candeas eran utilizadas para ser postas nas mans dos moribundos coma símbolo de protección cristiá no tránsito á outra vida.  Neste día, o crego bendí-las velas ou candeas que os fieis manteñen acesas durante a misa e que logo levan para a casa.  A estas  candeas bendicidas atribúenselle poderes coma ós de calma-las treboadas e alumea-lo camiño das almas que deixan este mundo. 

 

Pero a orixe desta festa, coma a doutras moitas celebracións cristiás, é pagá. Era a antiga “festa da luz” , celebrada polos celtas e tamén polos romanos. (Galicia Espallada)
 

 
Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
Pola Candelaria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.
Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.
Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está pasado e a metade está por pasar.
Se a Candelaria chora, o inverno está fóra; se ri, aínda está por vir
O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.
Se a Candelaria chora, o inverno xa vai fóra. Se a Candelaria rí, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.
(As miñas historias)

16 de xan. de 2011

Trivial galego


UN TRIVIAL EN GALEGO e Sobre GALICIA ( información tirada do Blog do ENDL do Colexio Divina pastora de Ourense)

Coñecer a historia, a cultura e a lingua galega a través dunha proposta lúdica é un dos obxetivos de 'Arume xogal'. O primeiro Trivial galego estase a convertir nun dos agasallos predilectos nos fogares alaricanos neste Nadal.
Un xogo de mesa de preguntas e respostas baseado na cultura, territorio e lingua galega que dende hai unhas semanas comercialízase de forma exclusiva dende a alaricana 'Aira das Letras' para toda Galicia.

'O proxecto chegou as nosas máns de casualidade e gustounos porque é unha boa oportunidade para divulgar a cultura galega entre os nosos nenos', subliña Carlos Airas, propietario do establecemento, quen engadía que 'parece mentira que na actualidade non existan xogos e ferramentas destas características para aqueles que viven e defenden a cultura galega'.

Dolmens, torques, arumes, trísceles, as follas de carballos e castiñeiros e a palabra Galicia sustitúen aos populares 'quesitos' de cores doutros xogos internacionais como o Trivial nun guiño á simboloxía galega máis recoñecible. 'Alén dun desafío cultural sobre a realidade galega, pretende ser un estímulo que xere a arela de afondar na esencia mesma da súa identidade', subliñan os seus diseñadores, Eureka Edicións, que iniciaron a súa creación atendendo ás recomendacións do Plan de Normalización Lingüística onde alertou sobre a escaseza de recursos formativos e de lecer en lingua galega, así como da pouca utilización do galego nos ámbitos máis relacionados coa mocidade .

22 de dec. de 2010

O Concello do Carballiño consigue que se fale do Apalpador fóra do país


A televisión nacional, TVE, realizará un programa sobre a recuperación da figura do Apalpador no Carballiño.


A idea do departamento de Normalización Lingüística do concello do Carballiño, integrada dentro da concellaría de Cultura, de recuperar a figura do Nadal do Apalpador, espertou interese fóra das fronteiras autonómicas. Así o programa Xente de TVE, acudirá á vila carballiñesa o próximo 23 de decembro, para realizar unha gravación sobre este personaxe, que aos poucos empeza a ser unha figura típica do Nadal galego, sobre todo nas provincias de Ourense e Lugo.


O Apalpador estará o citado día 23 no local de Familias Madrugadoras, e ofrecerá aos nenos os tradicionais froitos secos, á vez que lles contará a súa historia e como é necesario comer ben e san para recibir agasallos na noite do 24 de decembro.


Para asunción Rivero, edil de Cultura “este tipo de actuacións, como son as de recuperar imaxes típicas de Galicia, contarán sempre co apoio da concellaría que dirixo, xa que cremos que, sen apartar as actuais tradicións, debemos apostar sempre polo noso, como xa fixemos con festas como o Samaín, ou as tradicionais Regueifas”.


A figura do Apalpador visitará novamente a vila carballiñesa o día 24 de decembro, como manda a tradición, para que todos os nenos da vila poidan coñecerlle e recibir algún dos seus agasallos.


(nova tirada da web do noso concello)

14 de dec. de 2010

O Apalpador no Carballiño


O día 24 ás 17 horas, virá á nosa fermosa vila este agarimoso persoeiro a apalpar docemente o pandulliño dos nenos carballiñeses, e a deixarlles os regalos dos que sexan merecedores, segundo o seu comportamento (non intentedes enganalo, porque non se sabe de ninguén que o conseguise).
E a ver, por certo, se nos bota unha mauciña co do templo............

17 de ago. de 2010

As películas financiadas polo bipartito amolecen nun soto

Iago Martínez no Xornal:

Primeiro foi o topónimo de Sobrado dos Monxes, que un tradutor automático e un operador non menos automático –xa pagou pola súa torpeza–, converteron nun inverosímil e xa popular “Desván de los Monjes”. Agora, máis ca un faiado, o que se lle pode atragoar ao conselleiro de Cultura é todo o contrario: o soto da compostelá Casa da Parra, ese edificio do século XVII onde vai morrer a escalinata da Quintana. Alí, nun espazo que carece das condicións de temperatura e humidade que esixe o celuloide para conservarse, é onde Roberto Varela garda dende hai case un ano todos os filmes financiados polo bipartito. O resto, os de 2005 para atrás, están onde deben estar: no CGAI.

A temperatura no silo do Centro Galego das Artes da Imaxe, na Coruña, onde se almacenan unhas dúas mil películas, arrandea entre os 5 e os 9 ºC. A humidade, entre un 40 e un 60%. É o que necesita o patrimonio fílmico galego para ser iso, patrimonio, e non unha produción efémera. O que lle cómpre para durar. Na filmoteca recoñecen que empeza a ser necesaria unha ampliación, salvo que os galegos e as galegas decidan de súpeto deixar de facer películas. De momento, porén, hai sitio abondo para as que están na Casa da Parra. O problema é outro: o CGAI depende de Presidencia e as películas depositadas nun soto da cidade vella compostelá pertencen á Consellaría de Cultura. Cada unha delas, por así dicilo, vén a ser a última fase dun expediente administrativo iniciado, no seu día, coa solicitude dunha axuda económica na Xunta. A bicefalia, ao que parece, non era unha síndrome exclusivamente bipartita.

Guillermo Escrigas, o director da filmoteca, asegura que o traslado está previsto para o mes de setembro, pero as películas seguen onde as puxeron cando a Xunta decidiu prescindir da que foi, durante catro anos, a sede da Axencia Audiovisual Galega. Segundo as estimacións de quen fora o seu director durante ese periodo, Manolo González, son máis de 500 producións en distintos soportes, dende as pesadas bobinas de 35 milímetros –as que máis coidados requiren– até formatos máis tradicionais (Betacam, DVCpro) ou soportes dixitais (DVD).

En teoría, a reforma do Consorcio Audiovisual acometida polo Goberno de Feijóo a mediados deste ano debía solucionar todas as eivas que o PP sinalaba no ollo do bipartito. Unificaba nun só organismo as competencias antes compartidas coa Axencia Audiovisual e conciliaba os dous departamentos implicados, o de Presidencia e o de Cultura, non único consello de dirección. Anxo Quintanilla sería o xerente, Roberto Varela ostentaría a presidencia e Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, sentaría na cadeira do vicepresidente. Ao que parece, a fórmula non deu solucionado todos os atrancos.

Manolo González cre que a conservación do patrimonio fílmico galego non estará resolta até que o Goberno da Xunta sexa quen de tomar “unha decisión de futuro e de país, goberne quen goberne”. Noutras palabras, até que se lle procure ao cinema feito en Galicia un lugar á súa medida: “Se non hai cartos para construír unha nova sede para o CGAI, que non tería por que estar na Coruña, porque a actual podería seguir funcionando en paralelo, por que non se emprega a Cidade da Cultura? Na biblioteca e no arquivo hai unhas instalacións perfectas. O patrimonio vai seguir medrando, si ou si. Hai que pensar niso”.

De momento, o lugar máis axeitado para conservar as bobinas das películas rodadas en 35 milímetros é o que no CGAI chaman coloquialmente a neveira. Aí está todo o que o Goberno axudou a producir a través das súas liñas de axudas e todo o que a propia filmoteca foi recuperando para constituír o seu propio fondo. Todo, agás o que pasou polas mans da nacionalista Ánxela Bugallo durante a súa etapa como conselleira de Cultura e as obras entregadas nos últimos meses.

A outra posibilidade está pelexada cos feitos. Na teoría, o Consorcio Audiovisual é o organismo que ostenta agora mesmo todas as competencias do audiovisual, pero o certo é que lle quedan grandes. Nin ten a dotación orzamentaria suficiente –as axudas seguen xestionadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais, dependente de Cultura– nin hai sitio abondo na súa sede. Os informes caben, o cine non.

13 de ago. de 2010

Prexuízos culturais (reflexiona Xosé Manuel Pereiro)

Xosé Manuel Pereiro no País:


Si hay algo difícil de extirpar son los prejuicios, más que desintegrar un átomo, según la autorizada opinión de Albert Einstein. Uno de los más extendidos, no en vano se difunde siempre que se puede, es la debilidad de la cultura gallega, que además de precaria, está subvencionada. Lo sostienen con alegría tanto esos que no paran de hacer méritos ante el señorito y de allanar el camino a lo que sea que nos quieran vender, como lo admiten apretando los dientes algunos de los que crean, editan o distribuyen esa cultura. Yo siempre he optado por el pesimismo, aunque sólo sea como método de convertir las sorpresas desagradables en previstas, pero no estoy de acuerdo. Y de hecho, en unas jornadas de debate en el Consello da Cultura Galega (CCG), así lo manifesté de entrada: "No estamos tan mal". Por una parte, porque a Zapatero le fue de cine con ese comienzo, y por otra, porque como alertaba Flaubert, hay que tener cuidado con la tristeza: es un vicio.

Sin ánimo de convencer a nadie, dado que los prejuicios no atienden a razones (según la definición de Ambrose Bierce, son opiniones vagabundas que no precisan medios visibles de sostén), en cuanto a lo de subvencionada, las ayudas públicas aportan el 9% del galleguizado/estigmatizado sector editorial, mientras suponen el 40% del de medios de comunicación, televisión y audiovisual incluidos, también culturales pero sin estigmas. En cuanto a la precariedad, solemos repetir mantras como el bajo índice de lectura, y el todavía más bajo de lectura en gallego, pero también deberíamos recordar que el lector de libros en gallego es, en general, una persona que lee libros con más frecuencia que la generalidad de la población, según afirmó Ramón Villares en el último Congreso Internacional de la Lengua Española. También creo recordar (lamento estar vago con las cifras, tengo una conexión a Internet precaria) que este año la edición en gallego bajará un 20%, en número de títulos y/o en tirada. No obstante, contra todas las leyes de mercado, los libros de Domingo Villar o de Manuel Rivas publicados en castellano tienen el mismo precio, o mayor, que las ediciones originales en gallego.

Sin dejar de ser verdad todo eso y sus matices, es cierto que en determinados ámbitos, la cultura gallega es hegemónica, hasta el punto de que puede prescindir del adjetivo. Si a Rivas, a De Toro o a Xabier Docampo les seguimos calificando aquí como "escritores gallegos" es por rutina en la mayoría bienintencionada de los casos, o con finalidad reduccionista en otros. No es en Galicia, sino fuera, donde es necesario precisar su origen, o la literatura a la que pertenecen. El propio CCG -intenté provocar- podría llamarse Consello da Cultura a secas sin perder un ápice de identidad ni generar dudas sobre sus objetivos. De lo que se trata de ir ampliando y consolidando esos ámbitos y el caballo de batalla es la receptividad del público y la capacidad de difusión de los productos culturales.

Sobre los hábitos de consumo, el editor Manuel Bragado, impresionado por las multitudes que pasaron por la Feira do Libro coruñesa, analizaba los resultados de las políticas municipales de A Coruña, con siete bibliotecas -y otras siete en Oleiros-, programas de iniciación a la lectura... y las de Vigo, con una biblioteca pública cerrada, otra por inaugurar y una tercera pendiente de aterrizar. Es decir, la obligación de las instituciones es satisfacer las demandas, pero también incrementar las ofertas. Sobre la difusión, O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia, un estudio multidisciplinar patrocinado por la Fundación Caixa Galicia, apunta que la industria cultural aporta el 2% del PIB (más que la pesca) y englobaba en 2009 a 3.383 empresas, casi un 4% más que en 2008, aunque el número de trabajadores del sector bajó un 8,5% de enero de 2009 a marzo de 2010 (no voy a caer en la demagogia de relacionar esa bajada con la coincidencia en el tiempo del cambio de gobierno, aunque sí apuntar que las ayudas al sector cultural favorecen el empleo en Galicia, mientras las del automóvil benefician también a cualquier sitio donde se fabriquen coches). El futuro de la industria cultural, según Víctor Freixanes, uno de los coordinadores, está marcado por la crisis económica, los cambios tecnológicos y a la necesidad de buscar mercados exteriores.

Lo que universaliza una obra cultural no son las parentelas lingüísticas (por poner el ejemplo obvio, los libros editados en Brasil no se pueden vender en Portugal, y en Brasil se difunden al año, subvencionados, 29 libros portugueses). Ni sus pretensiones cosmopolitas. Ni siquiera la potencia mediática que decida apoyarlas (aquí inexistente). Es la calidad de los contenidos. Y la ventaja es que en Galicia hay un talento considerable, posiblemente más del que nos merecemos. Quizá porque, como decía Auden, el arte nace de la humillación.

23 de xul. de 2010

Constituída a asociación «Culturgal»

Lemos esta boa nova en Brétemas:

Esta noticia non debe pasar desapercibida: o pasado mércores catro asociacións profesionais da industria cultural galega (AGE, AGAPHONO, AGEM e ESCENA GALEGA) asinaron a acta da constitución da Asociación Culturgal e nomearon a súa primeira xunta directiva. A nova entidade, que ten como primeiro presidente ao editor Xulio Amigo e na que está previsto se incorporen decontado outras dúas novas entidades (EGANET e AGAPI), será a encargada de organizar o vindeiro CULTURGAL, a feira das industrias culturais galegas, que (moi probablemente) se celebrará nas instalacións de Palexco da Coruña durante a segunda fin de semana do vindeiro mes de decembro. Culmínase, deste xeito, un proceso de colaboración entre os distintos sectores da industria cultural galega coa intención de procurar sinerxias entre eles e crear maiores espazos de visibilidade e presenza diante do público galego. Unha noticia moi esperanzadora para consolidar dende a independencia profesional un evento clave para o futuro das nosas industrias culturais.

17 de xul. de 2010

Alí estivemos, alí estaremos

Marcos Maceira Eiras, en Terra e Tempo:

A piques de se cumpriren os 125 anos do pasamento da nosa Rosalía, chegábanos a nova da expropriación por parte da Igrexa e con escuros cómplices, do Panteón de Galegos Ilustres. A reacción por parte do goberno de Galiza a estes dous acontecementos foi, por unha banda, obviar o aniversario da nosa poeta máis representativa e pola outra, tentar salvar a posición da igrexa católica camuflando o expolio do Panteón a través dun convenio que autoriza a súa apertura, mais que só permite a celebración de actos previo nihil obstat da Santa Inquisición.

Demostrouse máis unha vez o alto grao de anormalidade que se vive no noso país. Os únicos actos de homenaxe á fundadora da nosa literatura contemporánea, tiveron que ir por conta dun amplo movemento popular con máis de 200 colectivos baixo a organización da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O anormal é que ningunha institución faga nada por lembrar a unha das figuras máis senlleiras da nosa cultura, aínda que só for por recoñecer o contributo á toma de conciencia do pobo galego de si mesmo, sen a cal non habería hoxe institucións que puideran adoptar o nome de galegas.

Que Rosalía os incomode non só é normal, é tamén a demostración empírica de que Rosalía non é esa choromiqueira que nos queren vender, e do seu grande nivel de compromiso intelectual, que por selo resulta incómodo aos poderosos de sempre. Mais facer ocultación dela é tan obsceno que ningún país do mundo sería capaz de facelo cos seus persoeiros máis destacados, e menos co descaro que mostra a Xunta de Galiza no caso de Rosalía.

É anormal o grao de provincianismo cosmopaleto do goberno do noso país, que teima en agochar por todos os medios a súa galeguidade, única razón pola que existe, e de todo aquelo que producido pola nosa existencia como nación.

O acto Rosaliano celebrado en Santiago, reproducindo o traslado dos restos da Poeta nacional desde Adina a San Domingos de Bonaval, é con todo, unha mostra de que somos moitas e moitos quen estamos dispostos a romper coa anormalidade, a non permitir que o anormal siga a ser o normal no noso país. Alí estivemos con Rosalía, volveremos a estar con ela e con Castelao o 24 de xullo na homenaxe de Galiza Nova, e volveremos á Quintana para dicir ben alto que queremos ter unha nación normal: soberana.