Amosando publicacións coa etiqueta Desexos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Desexos. Amosar todas as publicacións

18 de set. de 2010

Comeza un novo curso

Os do Equipo esperamos que este curso sexa tan produtivo como o pasado, aínda que se nos foi unha integrante moi prezada e "dinamizadora" en todos os sentidos ( a nosa compañeira Gracia) A nosa colaboración na distancia está asegurada, pois ela seguirá traéndonos novos proxectos e actividades interesantes que esperamos compartir. Grazas por todo e deica logo. Unha aperta.

28 de dec. de 2009

Novo ano en galego





Todos/as sabemos que os soños non se alcanzan sen esforzo, por iso no ano que comeza contamos contigo para seguirmos traballando a prol da lingua.






Todos/as sabemos que os soños non se alcanzan sen esforzo, por iso no ano que comeza contamos contigo para seguirmos traballando a prol da lingua.

25 de dec. de 2009

Bebendo co apalpador

Spot realizado pola empresa que fabrica a Galicola, bebida de cola feita na Galiza, como apoio ao Apalpador, figura tradicional do noso Nadal:

24 de dec. de 2009

Tarxetas en galego



Desde o blogue As Gabarras sabemos que nestoutro Blogue Dálle un coliño, entre outros moitos recursos para o Nadal como panxoliñas, cantos de reis, etc., podemos descargar unhas tarxetas moi feituquiñas para acompañar os nosos agasallos, algunhas mesmo con espazo para escribir o nome da persoa a quen vai dirixido o presente:

TARXETAS DE BO NADAL PARA DESCARGAR EN .PDF

TARXETAS FELICES FESTAS PARA DESCARGAR EN .PDF

19 de dec. de 2009

O noso Nadal, galego e verde


O Consello da Xuventude de Galicia presenta a guía O noso Nadal, galego e verde, para animar a cidadanía a vivir un Nadal en galego, solidario e respectuoso co medio.

Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas respectando o medio e as tradicións.

A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.

A parte de galego contén artigos de Séchu Sende, Paula Carballeira, Marcus Fernández e o equipo responsable do proxecto Orella Pendella. Ademais, inclúe unha serie de recomendacións para agasallar produtos culturais en galego e información sobre diferentes roteiros literarios.

A parte verde contén artigos de María Carmen Fidalgo (Amarante), Juan Marcos Pérez Gulín (Fundación Galicia Sustentable), Xosé María García Villaverde (Verdegaia), Rebeca Carreiro (Amigos da Terra) e Adrián Serantes (proxecto Xanela aberta). Ademais, inclúe información sobre As termas de Bande, un lugar de interese.

A guía tamén inclúe dous menús tradicionais completos para degustar nestas festas (menú 1: coliflor con bacallau, carne asada e anguía de mazapán; menú 2: sopa de allo, ollomol ao forno e compota de mazá e pera ao viño tinto), elaborados por Marta Xen, e un menú vexetariano (cebolas asadas con queixo de cabra, berenxenas recheas e torta de mazás e noces).

O pdf telo se premes aquí.