Ó longo de toda a semana pasada realizáronse diferentes actividades no centro para conmemorar a Semana da Música. Aquí van:
Amosando publicacións coa etiqueta Música b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música b>. Amosar todas as publicacións
29 de nov. de 2021
12 de mar. de 2018
30 de maio de 2013
CONCERTO NO AUDITORIO
Hoxe imos ao concerto de Labregos do tempo dos Sputniks. Para saber máis deles temos a seguinte ligazón móllatecoalingua
2 de abr. de 2012
Concerto de Aline Frazao, Ugia Pedreira e Fred Martins no Multifuncional
O mércores, día 28 de marzo, ás 11 da mañá baixamos ao Multifuncional ao concerto. Ali estivemos o CPI de Maside, o Colexio das Monxas, o Chamoso Lamas e nós, nunha actividade ofertada pola Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua da comarca do Carballiño.Do noso centro fomos os de 4º de ESO e os de Bacharelato.
15 de mar. de 2011
TRES PEIXES VOANDO no Planeta Furancho (pronto os veremos no noso pobo)
Os TRES PEIXES VOANDO tocando unha peza en vivo no PLANETA FURANCHO ... Guille e Xabier, Bacallau e un Marraxo, deixáronnos esta pequena xoia na súa visita ao programa o mércores 14 de outubro do 2009 ... que o disfrutedes !!!!
22 de feb. de 2011
19 de feb. de 2011
Carlos Nunes recebeu o Prémio da Crítica alemá polo seu disco Alvorada do Brasil.
O que é um dos melhores gaiteiros do mundo, o galego Carlos Nunes, finalizou a sua turné de apresentaçom do seu último trabalho Alvorada do Brasil no centro do continente europeu.
Após oferecer trinta concertos na sua digressom pola Alemanha e a Suíça, Carlos Nunes recebeu o Prémio da Crítica alemá polo seu disco Alvorada do Brasil. O júri do prestigioso do galardom qualificou o trabalho como "obra artísica excepcional".
Aliás, o músico viguês estreará o vindouro mês O sonho do Brasil, um documentário relacionado com este projeto e dará a conhecer a música que realizou para o ballet Grupo Corpo, do país americano de fala galego-portuguesa, que é dedicado a Martim Codax, trovador galego da literatura medieval.
Com este trabalho onde se mestura a música galega com a brasileira, Carlos Nunes soma-se ao intenso movimento lusófono que os últimos anos tem havido na Galiza e que reivindica, também no plano musical, um lugar dentro da lusofonia para a música galega.
Diário Liberdade
14 de feb. de 2011
Traballo gañador do concurso "ponlle imaxes á nosa música de amor"
dúas alumnas presentaron iste traballo, que resultou gañador; podédelo ver no youtube
Traballo que quedou no segundo lugar no concurso "ponlle imaxes á nosa música de amor"
tamén este pareceunos un bo traballo, tiña moitas posibilidades e quedou no segundo lugar; tamén o podedes ver no youtube.
10 de feb. de 2011
A saia da Carolina -Eu chorar chorei/ Escola María Soliña. Bailaches. Sangaindia
Os nenos e nenas da escola María Soliña da India, cantan en galego
www.shangaindia.org A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono. Podes colaborar obtendo mais información na súa páxina web e nos videos do canal da ONG: http://www.youtube.com/user/shangaindia
Música: Alumnos de Baikuntha Nath Rath Music Teacher U.S.V. Konark
Grabado por Adán e a fundadora Neneta
Edición: CanalArtes do María Soliño
8 de feb. de 2011
O afiador-Los Suaves [Ourense, 18-09-10]
Vaise achegando á sua casa
onde se afoga o sol
e vai pechando os ollos
para poder ver mellor
A choiva xa se afastou
esperataron as estrelas
e vese o camiño do ceo
moito más ca o da terra
E vaise achegando só
cavilando triste e vello
vive mentras non morre
a soedade mete medo
Foi daca pra acolá
e xa que chega a sua hora
ven botarse a descansar
a deixa-la roda soa.
Noite, neboa hora segreda
tempo do afiador
e que nunca vai gañar
solitario soñador
solitario perdedor...
Os longos dedos do sol
afastan o mato da néboa
país que por centos de anos
fuches o cabo da terra
Vai chorando coma sempre
por cousas que son máis que penas
tras a fiestra non hai lume
nin benvida na cancela
No pozo das lembranzas
foi coitado remexer
e das augas acougadas
chegan falas de muller
Contan que cando o soubo
eso foi o que o matou
a bágoa de ter que sabelo
a bágoa dunha traición
Noite, néboa hora segreda
tempo do afiador
e que nunca vai gañar
solitario soñador
solitario perdedor...
6 de feb. de 2011
1 de feb. de 2011
30 de xan. de 2011
LOIS PEREIRO /Radio Océano: Narcisismo
Letra de LOIS PEREIRO
Sigo os pasos do sangue no meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul
Narcisismo
narcisismo...
29 de xan. de 2011
Juan Pardo - Irmán Daniel!!!!...Na morte de Castelao / poema de Ramón Cabanillas
poema : Ramón Cabanillas
música : Juan Pardo
debuxos de Castelao
¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da sereidade pola plan vereda?
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin?
Na noite pecha
entréi pinal adiante, medoñento,
a ialma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso.
brillaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.
Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da tua man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitóu a túa prácida conversa
co sabidor e xurdio
Profundador de voces milagreiras,
inquiréu delorido, en despero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesóume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxenlle a verdade crú, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:
¡Morréu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morréu de amor á Terra!
28 de xan. de 2011
27 de xan. de 2011
26 de xan. de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

