Amosando publicacións coa etiqueta Fotos nosas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotos nosas b>. Amosar todas as publicacións
11 de mar. de 2022
11 de abr. de 2014
VISITA DE ELENA GALLEGO ABAD PARA FALAR DE DRAGAL// 1ª QUENDA DO CLUB DE DEBATE DO CARBALLIÑO

O alumnado de 1º de ESO recibiu á escritora Elena Gallego para falar do 1º libro da saga Dragal. Libro de lectura este ano. Na Biblioteca xa houbo algúns que leron os outros dous libros da saga.
Este ano participamos no Club de Debate no carballiño xunto co outro Instituto da vila. Na primeira quenda de Debates quedamos finalistas.
21 de dec. de 2010
24 de out. de 2010
iesn1carballiño en Pena Corneira
Visita a Pena Corneira dalgúns alumnos e alumnas de 2º de bacharelato.
Esta actividade está programada desde o Departamento de Xeografía e Historia e o EDLG.
Saímos ás once da mañá co gallo de facer unha andaina ata Pena Corneira.
Cando chegamos ao miradoiro atopámonos coa desfeita da canteira, o roubo dos paus que formaban os balaústres dos balcóns e un carrete de fotos cunha mensaxe que deixou unha "montañeira", que quería deixar a súa pegada alí. Mágoa que para iso tivese que deixar plástico e papel nunha paisaxe natural.
6 de xuño de 2010
Obradoiro de regueifas
O luns 31 de maio tivemos no instituto unha das actividades estrela do mes de maio: un obradoiro de regueifas para o alumnado de 2º de ESO. Temos que dicir que esta actividade foi subvencionada na súa totalidade polo concello d'O Carballiño, algo que agradecemos profundamente posto que foi, sen lugar a dúbidas, a mellor actividade de todo o ano: ás fotografías me remito, que caras!
Pinto de Herbón e Luís Caruncho non son bos, son espléndidos. A primeira media hora regueifaron á nosa conta (dos profes) e a conta propia, e do alumnado, canto quixeron. Rimos a esgalla. Logo, ensináronnos como facelo e o alumnado participou coma nunca. O tempo voou e cando nos demos conta xa tiñamos que marchar.
Premios Normalización
17 de maio de 2010
Día das Letras Galegas
O noso Día das Letras estivo cheo de música, poemas e cartaces.
Aquí tedes algunha mostra:
16 de maio de 2010
30 de abr. de 2010
Paula Carballeira no centro
Antonte veu Paula Carballeira, única, polifacética, real, simpática, actriz, contadora, escritora, cercana... fixo as delicias dos oíntes, tanto grandes coma pequenos, deixando un sabor de boca amargo porque o tempo non chegou a nada. Contou historias de medo, de lobos, de pantasmas... fixo rir e asustou, pero sobre todo referiuse ao seu último libro O Lobishome de Candeán.

Grazas, Paula, por todo.

Grazas, Paula, por todo.
27 de abr. de 2010
Feira do álbum ilustrado

Durante estas dúas semanas, co gallo do Día do Libro, temos no centro, grazas á xenerosidade das editoriais, unha mostra de álbums ilustrados. Toda unha delicia para os sentidos: verdadeiras obras de arte plásticas, estéticas e literarias nos rodean no vestíbulo. Lembrade que fixemos o tríptico coas recomendacións e que podedes collelos alí.
Acompañando a esta mostra, unha selección de marcapáxinas. Esgotáronse deseguida!
Acompañando a esta mostra, unha selección de marcapáxinas. Esgotáronse deseguida!
26 de abr. de 2010
Contando contos aos máis peques
Unha das actividades máis fermosas que realizamos Día do Libro foi a de contar contos ao alumnado de 6 anos que desde os colexios públicos do Carballiño veu ao noso centro, á nosa biblioteca. Cando lembro a todos eses nenos e nenas subindo as escaleiras dos maiores, en ringleiras perfectas de dous, da manciña, caladiños e abraiados... logo, sentados no chan, nas cadeiras, contestando ás nosas preguntas e moi, moi atent@s a todos cantos contos lles contabamos... aínda me emociono. Os maiores non se querían perder este acontecemento e tod@s querían ser contacontos por un día. Houbo que restrinxir a sesión, porque non daba tempo para tanta intervención. E ao final, caramelos e bicos, moitos aplausos e moita ledicia.
Sinto non ter gravación: teredes que conformarvos con algunhas fotos (e faltan as do Kamishibai, que non sei puideron facer!)Grazas a tod@s, grandes e pequenos, por axudar e participar en tan fantástica actividade.
25 de abr. de 2010
Para que les?

Unha das actividades que grazas ás compañeiras do PLAMBE se realizaron no centro foi a de contestar á pregunta "Para que les?". Algúns d@s nos@s compañeir@s, do noso alumnado, persoal do concello, o persoal non docente, e os escritores que pasaron polo noso centro reflexionaron sobre esta cuestión e nos agasallaron a súa aportación particular.
E este é, en parte, o resultado:
E este é, en parte, o resultado:
.- Visitas:
.- Profes:
.- Alumnado:
24 de abr. de 2010
Día do Libro II
Unha das actividades ralizadas esta semana co gallo do Día do Libro foi a exposición da Historia da escritura, con documentación e exemplificación con imaxes, libros antigos, calamus, tablilla, máquinas de escribir, ordenadores... e un facsímil de gran valor. Esta exposición completábase cun documental sobre este tema.
17 de abr. de 2010
Roteiro "A praia dos afogados"
Este mércores 14 fixemos co alumnado de 1º de Bacharelato o Roteiro de "A praia dos afogados". En Nigrán descubrimos en primeira persoa os lugares que anteriormente maxinaramos coa lectura deste libro. As opinións que a lectura provocou tédelas, naturalmente, nas Estelas dos Ronseis.
Unha actividade programada pola editorial Galaxia que resultou magnífica: a organización perfecta, o ambiente agradable, o autor encantador, os guías magníficos, o tempo impresionante (estaría encargado?)... non podemos poñerlle un só defecto, polo que lles damos as grazas por agasallarnos cunha xornada literaria diferente.
Así, logo de coñecer o autor -Domingo Villar-, quen nos contou a historia de como chegou a ser escritor, paseamos pola praia da Madorra, o Templo Votivo do Mar (tan semellante ao noso templo da Vera Cruz por ser do mesmo autor), Monteferro... da man de dous guías de excepción: Ana Carreira, deliciosa sempre, amiga xa dende que o outro día nos meteu medo no instituto, e un home cheo de enerxía e sabedoría mariñeira, o historiador Xosé Lois Vilar, presidente do Instituto de Estudos Miñoranos, que nos descubriu algúns dos segredos do mar (ese elemento tan afastado para nós, de terra adentro, e tan admirado e respectado) e gozamos coas vistas da nosa costa. E así como nunha boa comida non pode faltar o bo viño, por se fose pouco, todo o tempo nos levaron da man os inesgotables Fernando e Noelia, pendentes en todo momento de calquera detalle. Ernesto: botámoste de menos!.
Pola tarde, e aproveitando o día, visitamos o Museo do Mar.
E o ministro tamén recomenda o libro:

9 de abr. de 2010
Contando... medo
Onte, grazas ao Concello de O Carballiño, en colaboración coa editorial Galaxia, tivemos a sorte de presenciar á contacontos Ana Carreira. Ana viña coa expresa idea de meterlle ao noso alumnado medo, moito medo; pero como o medo é libre, máis que sentir medo, pasamos un tempo moi, moi agradable e puidemos botar uns risos enormes coa súa locuacidade e o seu bo oficio. E isto sabendo que nos tomou o pelo! Aínda que xa sabemos como evitar que as ánimas nos queiran levar con elas ou evitemos toparnos coa Santa Compaña. Porque... nunca se sabe!
Moitas grazas a ambas institucións por agasallarnos con tan grata actividade.
Moitas grazas a ambas institucións por agasallarnos con tan grata actividade.
1 de abr. de 2010
Actividades da última semana de Marzo
Xa en Trafegando Ronseis deron conta día a día das nosas actividades realizadas na última semana de Marzo. Resumímolas aquí:

Xornadas de Banda Deseñada e Cine de Animación. Visita de David Rubín e Nani García:

O escritor David Rubín impartiu un obradoiro de cómic para o alumnado de Debuxo de 3º da ESO
e Nani García, compositor da banda sonora de "De Profundis", falou sobre o proceso de creación dunha banda sonora para o alumnado de música de 4º de ESO.
Ademais da exposición de cómics no centro, nos recreos celebramos un festival de curtas de animación, xunto coa proxección de Vals con Bashir, De Profundis e O espírito do bosque durante toda a semana.
Visita de Rosa Aneiros para o alumnado de 1º de Bacharelato e para o Club de Lectura:
Visita de Roberto Salgueiro para o alumnado de 1º e 2º de ESO:
Xornadas sobre a Crise do Capitalismo:
As conferencias foron as seguintes:
.- O consumo responsable como alternativa: o decrecemento a cargo de Xosé María García Villaverde, responsable da Área de Paz e Globalización de Verdegaia. Explicou a teoría do decrecemento e en que consistía o consumo responsable, facendo fincapé na necesidade de mudar o sistema xa que é insostible social e mediambientalmente.
.- Enfrontar a crise dende a política a cargo de Martiño Noriega, alcalde de Teo.
.- Alternativas ao modelo capitalista: proxección do documental "A Toma".
.- A banca ética en Galicia.
.- Taller realizado por dúas membras (Belén e Laura) do grupo de consumo responsable "Semente" de Ourense, que intentaron deconstruír o modelo consumista actual, e explicaron que é un grupo de consumo responsable a partir da súa propia experiencia.
.- Exposición no centro de Ecoloxistas en acción: A crise do capitalismo.

Guía lectura banda deseñada:
18 de mar. de 2010
O noso 8 de marzo
No noso centro celebramos o 8 de marzo a semana pasada con dúas actividades diferentes. Por un lado o alumnado de Literaturas Hispánicas preparou unha exposición sobre a Muller na Literatura:
e por outro tivemos o honor de recibir un grupo de mulleres importantes na Historia, reencarnadas nunhas mozas do IES de Porriño. Así, pasearon polas nosas aulas as seguintes figuras excepcionais femininas: Safo, Téano, Aspasia de Mileto, Agnodice, María "A Profetisa", Sofía Brahe, Artemisia Gentileschi, Juana Inés de la Cruz, Ada Byron, Clara Shumann, Rosalía de Castro, Victoria Kent, Clara Zetkin, Hellen Keller e Rigoberta Menchú.
Desde aquí os nosos parabéns e as grazas.

1 de mar. de 2010
Con Tadashi Yamamoto
Hoxe contamos no centro cun invitado de excepción: Tadashi Yamamoto, un antropólogo xaponés que nos deu unha lección a aqueles que non falan galego "porque non serve para nada", demostrando que a nosa lingua interesa noutras latitudes tan afastadas como a nipona. Yamamoto é profesor catedrático da Universidade de Tenri, especializado nos temas antropolóxicos mexicanos, como festas calendáricas e cosmoloxía dos antigos mexicas (aztecas), ritos agrícolas e sincretismo dos indíxenas contemporáneos, movemento social e cultural dos migrantes indíxenas mexicanos nos Estados Unidos.
Yamamoto impartiu dúas charlas: unha dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato quen previamente estudara a cultura xaponesa co profesorado de Antropoloxía.
Este é o texto que nos achegan:
Como introdución á cultura xaponesa dedicamos un tempo á aprendizaxe e práctica dun xogo tradicional e moi actual en Xapón, o IGO, coñecido en Occidente como GO; asumíase que unha formación intelectual non era completa se non sabía xogar ao Igo. Representa a oposición de forzas e a harmonía que trascende ao conflito entre elas, producindo beleza, orde e relación. É dicir, o Ying e o Yang plasmado nun xogo de natureza bélica e de conquista territorial.
Para completar a nosa aproximación a esta cultura, estamos a traballar un libro que é a edición impresa dun blogue (http://www.kirainet.com/) en lingua castelá sobre o Xapón. O seu responsable é Héctor García, un español alí afincado, e o libro podedes atopalo na biblioteca: Un geek en Xapón.
E unha segunda charla dirixida ao alumnado de 1º de ESO onde se centrou no método de escritura xaponesa, servíndose dos libros da exposición URBI ET ORBI.
Falounos tamén da idea de globalización, do respecto por todas as culturas e por todas as linguas, máxime se esa é nosa.
Rematou ambas charlas cantándonos unha cantiga tradicional xaponesa e...

Grazas, Xaime
17 de feb. de 2010
Antroido no noso IES
Por fin, algunhas das fotos da festa do venres. Houbo moita animación!
Antroido no IES do Carballiño on PhotoPeach
Antroido no IES do Carballiño on PhotoPeach
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)