Amosando publicacións coa etiqueta Visitas ao centro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas ao centro b>. Amosar todas as publicacións
20 de maio de 2022
Conferencia - Taller de Xulio Pérez Veiga
29 de maio de 2012
VISITA DE ABRAHAM CARREIRO AO NOSO CENTRO
Hoxe visitounos á mañá e contounos como fixo o libro Xoeliki, que procesos seguiron os seus debuxos e ademais que xa hai unha segunda parte. O curso que vén poderemos seguir unha nova aventura deste ciberpirata. Ao final foi moi amable ao facernos uns debuxos dos personaxes e contestar ás preguntas que lle fixemos.Se queres formar parte do clube dos ciberpiratas e achegar comentarios preme aquí
24 de nov. de 2010
visitounos Breogán Riveiro

Hoxe contamos coa presenza do escritor Breogán Riveiro que nos veu falar sobre o seu libro Tonecho de Rebordechao. Esta novela lérona os alumnos/as de 1º de ESO e tíñan moitas preguntas que facerlle ao autor. Este, dunha forma amena e que chegaba moi ben aos rapaces/as foilles contestando unha por unha as súas preguntas, ademais de aleccionalos para que escribisen "pois todos temos boas historias que contar". Dámoslle as grazas pola conversa tan amena que tivo con todos nós, ademais de asinarnos os exemplares do libro.
6 de xuño de 2010
Obradoiro de regueifas
O luns 31 de maio tivemos no instituto unha das actividades estrela do mes de maio: un obradoiro de regueifas para o alumnado de 2º de ESO. Temos que dicir que esta actividade foi subvencionada na súa totalidade polo concello d'O Carballiño, algo que agradecemos profundamente posto que foi, sen lugar a dúbidas, a mellor actividade de todo o ano: ás fotografías me remito, que caras!
Pinto de Herbón e Luís Caruncho non son bos, son espléndidos. A primeira media hora regueifaron á nosa conta (dos profes) e a conta propia, e do alumnado, canto quixeron. Rimos a esgalla. Logo, ensináronnos como facelo e o alumnado participou coma nunca. O tempo voou e cando nos demos conta xa tiñamos que marchar.
30 de abr. de 2010
Paula Carballeira no centro
Antonte veu Paula Carballeira, única, polifacética, real, simpática, actriz, contadora, escritora, cercana... fixo as delicias dos oíntes, tanto grandes coma pequenos, deixando un sabor de boca amargo porque o tempo non chegou a nada. Contou historias de medo, de lobos, de pantasmas... fixo rir e asustou, pero sobre todo referiuse ao seu último libro O Lobishome de Candeán.

Grazas, Paula, por todo.

Grazas, Paula, por todo.
25 de abr. de 2010
Para que les?

Unha das actividades que grazas ás compañeiras do PLAMBE se realizaron no centro foi a de contestar á pregunta "Para que les?". Algúns d@s nos@s compañeir@s, do noso alumnado, persoal do concello, o persoal non docente, e os escritores que pasaron polo noso centro reflexionaron sobre esta cuestión e nos agasallaron a súa aportación particular.
E este é, en parte, o resultado:
E este é, en parte, o resultado:
.- Visitas:
.- Profes:
.- Alumnado:
9 de abr. de 2010
Contando... medo
Onte, grazas ao Concello de O Carballiño, en colaboración coa editorial Galaxia, tivemos a sorte de presenciar á contacontos Ana Carreira. Ana viña coa expresa idea de meterlle ao noso alumnado medo, moito medo; pero como o medo é libre, máis que sentir medo, pasamos un tempo moi, moi agradable e puidemos botar uns risos enormes coa súa locuacidade e o seu bo oficio. E isto sabendo que nos tomou o pelo! Aínda que xa sabemos como evitar que as ánimas nos queiran levar con elas ou evitemos toparnos coa Santa Compaña. Porque... nunca se sabe!
Moitas grazas a ambas institucións por agasallarnos con tan grata actividade.
Moitas grazas a ambas institucións por agasallarnos con tan grata actividade.
1 de abr. de 2010
Actividades da última semana de Marzo
Xa en Trafegando Ronseis deron conta día a día das nosas actividades realizadas na última semana de Marzo. Resumímolas aquí:

Xornadas de Banda Deseñada e Cine de Animación. Visita de David Rubín e Nani García:

O escritor David Rubín impartiu un obradoiro de cómic para o alumnado de Debuxo de 3º da ESO
e Nani García, compositor da banda sonora de "De Profundis", falou sobre o proceso de creación dunha banda sonora para o alumnado de música de 4º de ESO.
Ademais da exposición de cómics no centro, nos recreos celebramos un festival de curtas de animación, xunto coa proxección de Vals con Bashir, De Profundis e O espírito do bosque durante toda a semana.
Visita de Rosa Aneiros para o alumnado de 1º de Bacharelato e para o Club de Lectura:
Visita de Roberto Salgueiro para o alumnado de 1º e 2º de ESO:
Xornadas sobre a Crise do Capitalismo:
As conferencias foron as seguintes:
.- O consumo responsable como alternativa: o decrecemento a cargo de Xosé María García Villaverde, responsable da Área de Paz e Globalización de Verdegaia. Explicou a teoría do decrecemento e en que consistía o consumo responsable, facendo fincapé na necesidade de mudar o sistema xa que é insostible social e mediambientalmente.
.- Enfrontar a crise dende a política a cargo de Martiño Noriega, alcalde de Teo.
.- Alternativas ao modelo capitalista: proxección do documental "A Toma".
.- A banca ética en Galicia.
.- Taller realizado por dúas membras (Belén e Laura) do grupo de consumo responsable "Semente" de Ourense, que intentaron deconstruír o modelo consumista actual, e explicaron que é un grupo de consumo responsable a partir da súa propia experiencia.
.- Exposición no centro de Ecoloxistas en acción: A crise do capitalismo.

Guía lectura banda deseñada:
18 de mar. de 2010
O noso 8 de marzo
No noso centro celebramos o 8 de marzo a semana pasada con dúas actividades diferentes. Por un lado o alumnado de Literaturas Hispánicas preparou unha exposición sobre a Muller na Literatura:
e por outro tivemos o honor de recibir un grupo de mulleres importantes na Historia, reencarnadas nunhas mozas do IES de Porriño. Así, pasearon polas nosas aulas as seguintes figuras excepcionais femininas: Safo, Téano, Aspasia de Mileto, Agnodice, María "A Profetisa", Sofía Brahe, Artemisia Gentileschi, Juana Inés de la Cruz, Ada Byron, Clara Shumann, Rosalía de Castro, Victoria Kent, Clara Zetkin, Hellen Keller e Rigoberta Menchú.
Desde aquí os nosos parabéns e as grazas.

1 de mar. de 2010
Con Tadashi Yamamoto
Hoxe contamos no centro cun invitado de excepción: Tadashi Yamamoto, un antropólogo xaponés que nos deu unha lección a aqueles que non falan galego "porque non serve para nada", demostrando que a nosa lingua interesa noutras latitudes tan afastadas como a nipona. Yamamoto é profesor catedrático da Universidade de Tenri, especializado nos temas antropolóxicos mexicanos, como festas calendáricas e cosmoloxía dos antigos mexicas (aztecas), ritos agrícolas e sincretismo dos indíxenas contemporáneos, movemento social e cultural dos migrantes indíxenas mexicanos nos Estados Unidos.
Yamamoto impartiu dúas charlas: unha dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato quen previamente estudara a cultura xaponesa co profesorado de Antropoloxía.
Este é o texto que nos achegan:
Como introdución á cultura xaponesa dedicamos un tempo á aprendizaxe e práctica dun xogo tradicional e moi actual en Xapón, o IGO, coñecido en Occidente como GO; asumíase que unha formación intelectual non era completa se non sabía xogar ao Igo. Representa a oposición de forzas e a harmonía que trascende ao conflito entre elas, producindo beleza, orde e relación. É dicir, o Ying e o Yang plasmado nun xogo de natureza bélica e de conquista territorial.
Para completar a nosa aproximación a esta cultura, estamos a traballar un libro que é a edición impresa dun blogue (http://www.kirainet.com/) en lingua castelá sobre o Xapón. O seu responsable é Héctor García, un español alí afincado, e o libro podedes atopalo na biblioteca: Un geek en Xapón.
E unha segunda charla dirixida ao alumnado de 1º de ESO onde se centrou no método de escritura xaponesa, servíndose dos libros da exposición URBI ET ORBI.
Falounos tamén da idea de globalización, do respecto por todas as culturas e por todas as linguas, máxime se esa é nosa.
Rematou ambas charlas cantándonos unha cantiga tradicional xaponesa e...

Grazas, Xaime
7 de feb. de 2010
Visita de Francisco Castro
Este mércores pasado, 3 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro recibiu a agradábel visita de Francisco Castro, quen lles falou -sobre todo- do libro que previamente leran: Chamádeme Simbad. Poucas veces teño visto ao alumnado tan entusiasmado cun escritor (ata lle escribiron cartas ao día seguinte, que lle faremos chegar), facendo tantas preguntas e desexando unha foto ao seu carón. Riron moito coas súas anécdotas (iso de que caia en calquera lugar...) e coa súa amena charla ("non podo ser modelo de perruquería por razóns evidentes")
Francisco falounos da súa querencia especial por Simbad, por ser o representante de todo aquel que quere vivir aventuras. Asegurou que no 90% do que escribe está simbolizado ese anceio de emocións que Simbad, disfrazado baixo calquera outro nome, quere vivir.
Tamén asegurou que é escritor porque é lector, por sentir a necesidade de COMER fantasía, e o seu oficio é realmente un pracer para el.
Descubriunos que o seu libro preferido é Xeración perdida, aínda que non sexa o mellor.
Para presentalo, 5 alumn@s de 2º de ESO representou unha pequena obra teatral que incluía poñerlle un parche de pirata. Foi o noso especial agasallo, que agardamos fose do seu agrado.
Grazas, Francisco, por vires. Grazas, Ernesto, por traérnolo.

27 de xan. de 2010
Bali Rai n'O Carballiño
Adiándonos ao Decreto(!!!), o ENDL, o Departamento de Galego, a Biblioteca e o Departamento de Inglés do centro realizou unha actividade o pasado mércores día 20 ben interesante: coñecer e escoitar o escritor Bali Rai, de quen lemos en lingua galega o seu libro Un casoiro ben mal amañado. En dúas sesións, unha para 4º de ESO e outra para 1º de Bacharelato, queremos destacar sobre todo o comportamento do alumnado de 4º, quen escoitou atentamente as explicacións do escritor en inglés sen necesitar en ningún momento que a tradutora acompañante axudase. Fixeron un montón de preguntas e saíron moi satisfeitos da experiencia.
Agradecemos á editorial Sotelo Blanco esta oportunidade. E a Bali Rai á súa disposición.11 de dec. de 2009
Con Xerardo Quintiá
Hoxe tivemos ocasión de pasar un bo anaco de tempo coñecendo o autor do libro que o alumnado de 1º de ESO disfrutou no primeiro trimeste: Ke-tumba Ke-tamba. Así, Xerardo Quintiá contounos dos seus comezos como escritor, da súa necesidade de escribir, de falar de temas que el considera importantes, do humor... Falou, por exemplo, da necesidade de reivindicar o dereito a ser diferentes, poñéndolles como patrón o protagonista deste libro, un indio que non era coma os outros, a quen non lle gustaban as mesmas cousas, pero non por iso era peor, só era diferente. E falounos desoutro libro que eu amo profundamente, Titiritesa, que aborda a homosexualidade na literatura infantil, prohibido en Italia.
Contestou moitas preguntas e asinou máis libros.
Unha hora interesante e entretida: moitas grazas, Xerardo! E á editorial Galaxia pola oportunidade.
Contestou moitas preguntas e asinou máis libros.
Unha hora interesante e entretida: moitas grazas, Xerardo! E á editorial Galaxia pola oportunidade.
22 de nov. de 2009
Anxo e os Megatoxos
Visitou o noso centro en outubro Anxo Fariña para impartir unha charla taller sobre a creación de personaxes e historias. O alumnado de 2º de ESO e de 3º de Diversificación anteriormente recibira de agasallo un exemplar do libro Os Megatoxos e a Espada Esmeralda -do que falan no noso blogue "Diverlendo"-. Hoxe puideron preguntarlle ao creador as dúbidas que tiveron na lectura e sobre o traballo creador; ademais, crearon eles unha pequena historia.Unha hora que quedou curta e que rematou cun agasallo de Anxo para o centro. Ah! Xa está á venda a terceira entrega!!!
Esta actividade encádrase dentro do programa "Bocaberta", subvencionada por Política Lingüística en colaboración coa editorial A Nosa Terra: "Creando historias".
Esta actividade encádrase dentro do programa "Bocaberta", subvencionada por Política Lingüística en colaboración coa editorial A Nosa Terra: "Creando historias".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)