31/08/2010

“A Nosa Terra” desaparece dos quioscos do país

Unha nova desgraza:

A partir deste xoves, 2 de setembro, o semanario "A Nosa Terra" deixará de distribuirse nos quioscos galegos. Con iso, pérdese a cabeceira histórica do nacionalismo galego.

A Xunta gasta caseque 2 millóns de euros en privatizar a cita previa

O idóneo para os nosos paisanos. De seguro:

"Se lle doe a cabeza, marque o 1, se ten gripe, prema o 2, con outra enfermidade, espere,...". Parece ridículo pero os teléfonos dos Centros de Saúde de Galicia poderán responder así a partir do vindeiro ano. A Xunta ven de publicar a licitación da atención telefónica sanitaria. Gastará caseque 2 millóns de euros ao ano (1.950.000) en privatizar esta función do Servizo Galego de Saude. A licitación, publicada onte no Diario Oficial de Galicia, pretende centralizar todos os teléfonos de atención médica existente na actualidade. Poñerán un atendedor automático para os pacientes que chamen querendo concertar unha cita na atención médica primaria.

Os usuarios poderán chamar aos seus centros de saúde cunha facturación telefónica provincial, pero as súas chamadas serán desviadas a un número privado 902, que costeará a Xunta. O contestador automático permitirá reducir o número de persoas que deban ser atendidas persoalmente por operadores. Os sindicatos sanitarios critican esta privatización do servizo, salientando que lle sairá máis caro ás arcas públicas da comunidade.

Vocación de voz

Entrevista a Chus Pato en Galicia Hoxe:

Cine alemán. Música grega e galega. Literatura italiana e estadounidense. Vacacións canadenses. O verán de Chus Pato foi, dalgunha maneira, bastante internacional. Gústalle bañarse no río de Vilatuxe e falaría con Dante sobre a transformación dunha lingua vulgar en lingua poética.

Está a ter un verán de pracer ou de traballo?

Teño un verán de vacacións. Estiven no mes de xullo, xa que teño vacacións de dous meses, na miña casa de Lalín e facendo pequenos desprazamentos, bañándome moito no río de Vilatuxe e nas piscinas de Trasmiras e Sarreaus. No mes de agosto estiven en Québec.

Non practicou o Xacobeo...

Non, pero nin este verán nin ningún.

Ten algún proxecto para a próxima temporada?

Teño o proxecto de reincorporarme ó meu traballo en setembro. Ademais no plano literario é o de sempre, escribo poesía, escribín durante este verán e a principio deste outono supoño que sairá unha antoloxía que abrangue toda a miña obra poética publicada.

Que lle gusta máis do verán?

Bañarme e viaxar.

O verán ten algo de especial ou é unha estación coma as demais?

O que ten de especial para min é que non traballo, entón é un tempo de vacacións, no que dispoño dun tempo longo, sen interrupcións, para poderme dedicar dunha maneira máis concentrada a escribir.

Entre tomar cañas nunha terraza ou un volta e volta deitada na praia, que escollería?

Escollería o volta e volta, xa que ademais de que me gusta moito bañarme, tamén me gusta toma-lo sol e o contacto con esa natureza do verán que, para min, ten moito que ver xa non tanto co mar nestes últimos anos coma cos ríos.

Con quen lle gustaría compartir un espazo virtual?

Con Dante, xa que é un poeta co que me gustaría moito conversar sobre como consegue transformar unha lingua non normalizada, como era a lingua vulgar na que escribiu, nunha lingua poética.

Ademais de escribir, tivo tempo para ler?

Houbo dous libros de Giorgio Agamben. Un deles chámase La Fin du Poème, e o outro Idée de la prose. Ademais, estou lendo País de sombras, de Peter Matthiessen.

Escoita música ou vai ó cine?

Ó cinema só fun un día, en Montreal, e vin unha película alemá chamada algo así coma "A paixón do cociñeiro" (Köchin aus Leidenschaft). É unha pena porque aquí non chegou. Música si que escoito.

Están entre o seu repertorio os grandes éxitos de Georgie Dann?

Non (risos). Este verán escoitei moito a Iannis Xenakis, co audio-libro String quartets. Tamén escoito a Ataque Escampe, que son moi bos.

Aproveita o verán para practicar algún deporte?

Creo que non (risos).

A literatura para un escritor é á vez profesión e hobby?

É unha chamada á que hai que estar atenta e require unha atención continua. Ademais de ser unha chamada, é unha vocación de voz.

O escritor sempre ten un libro debaixo do brazo?

Non o sei, eu normalmente si. Creo que un escritor pode estar rañando a barriga moitas veces, coma todo o mundo.

Cando un está de vacacións adoitan vir á mente boas ideas para un vindeiro traballo?

Si, pero tamén cando traballo de vez en cando teño algunha idea. De tódolos xeitos non as teño moi a miúdo.

Como é o primeiro día de escritura trala tempada de vacacións? Custa arrincar?

Para min non ten nada que ver deixa-la escrita con estar de vacacións. Simplemente escribo ou non escribo, e ó haber períodos nos que non o fago, normalmente custa no sentido de que é unha espera. Non me refiro a pórme diante dunha páxina en branca e non sabe-lo que pór, senón que chega un momento no que hai algo que quere saír e non sempre é doado que saia.

Lo malo de lo óptimo

Antón Losada no País:

Un año más, parece que deberemos abandonar cualquier esperanza de que, tras la enésima "ejemplar" gestión de dispositivo contra el fuego, venga un debate verdaderamente ejemplar sobre cuánto seguimos haciendo mal o peor de lo debido. En vez de recuperar el tiempo perdido discutiendo cuestiones que sirvan para algo, ya se disputa un nuevo campeonato gallego de simplezas. Al frente, y claramente destacado, marcha aquel candidato Feijo09 que corría animoso a retratarse con el fuego y la manguerita y ahora es este presidente Feijóo que no se acerca al monte ni para correr. Como Salomón, divide a Galicia en dos con la espada flameante de su dialéctica justiciera. O se está con quien apaga, o se pone uno del lado de quien prende, sentencia, pese a no predicar precisamente con el ejemplo y haberse pasado el verano guardando cuidadosamente las distancias con las brigadas en primera línea.

Sólo Monte Pío sabe la utilidad de semejante línea argumental o el grado de delirio al que puede conducirnos disputar en el país un partido de brigadistas mal equipados contra incendiarios que sólo existen en verano y cuando se ocupa el poder. Ya lanzado, su alma de tertuliano pudo más que su prudencia de presidente. Una inoportuna selección de adjetivo en una rueda de prensa ha permitido a la oposición acusarle de falta de respeto a los muertos. Un cargo desproporcionado que confunde la credibilidad de las merecidas críticas respecto a un dispositivo contraincendios chapucero en su gestión, cutre en sus medios e improvisado en su diseño, acaso porque todos los gobiernos tienden a pensar que los incendios son algo que le pasa a los otros. Esta temporada nos han ayudado una climatología pudorosa y los restos de la herencia dejada por el doloroso aprendizaje del bipartito. El año que viene, la humedad, el viento o los incendiarios dirán, como de costumbre.

Constatada la imposibilidad de extraer lecciones de lo quemado, tal vez convenga concentrar esfuerzos en no perder más tiempo jaleando el intercambio de las acusaciones de siempre y afrontar con mejor espíritu otro debate emergente más productivo: la financiación de obras públicas en colaboración con la iniciativa privada. Aunque tanto la fórmula como su discusión resultan novedosas y complejas, ya hemos avanzamos mucho y muy rápido por la autovía de la simpleza. Cuando la derecha de aquí recurre a la financiación privada, la izquierda local se rasga las vestiduras y menciona cual mantra maldito el verbo prohibido: privatizar. Cuando la izquierda de allí recurre a la fórmula de colaboración con la iniciativa particular, la derecha local le acusa de perpetrar un nuevo aldraxe o relata la mítica ruptura del sagrado Pacto del Obradoiro, con José Blanco en el papel de Miniyo. Oyéndoles, cabe preguntarse qué comerá esta gente, en qué planeta vivirá y, sobre todo, en qué mundo piensan qué vivimos los demás, para no cansarse nunca de tratarnos como a niños.

En una dirección más sugerente e inteligente, hace pocos días, Pedro Puy, el portavoz económico del PP, pedía un gran acuerdo político para regular la colaboración público-privada. A la espera de que informe también a los suyos y logre convencerlos de las bondades de una idea feliz que claramente no comparten aún, la leal oposición bien podría plantearse la opción de renunciar a otra inútil carrera por ganar un nuevo campeonato de obviedades y optar por hacer un poco de política. Puede incluso que este tiempo de crisis, privación y austeridad, sea un excelente momento para afrontar con criterio y sin complejos las oportunidades y los severos dilemas que plantean los limites para la financiación privada de lo público. Qué puede o no pagarse recurriendo al dinero particular. Cuáles son las garantías a establecer para que la financiación privada no devore la condición de bien o servicio público. O qué ganan los inversores privados y qué precio resulta asumible para los clientes públicos. Podemos buscar respuestas claras, o distraernos optimizando la propaganda de unos y otros. Pero lo malo de esa política construida sobre simplezas y eslóganes es que, tarde o temprano, hay que pagarla.

Os voluntarios cataláns reciben 280 horas de cursos fronte ás 48 dun brigadista galego

Artigo no Xornal:

O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, sinalou onte que a formación de dous días a brigadistas é algo normalizado en toda España. No entanto, non en todas as comunidades as cousas son iguais. De feito, en Cataluña os bombeiros voluntarios –que se unen aos profesionais– reciben unha formación moito maior ca dos operarios de Seaga.

Asturias,Navarra ou Cataluña comparten a xestión da extinción dos lumes mediante un sistema de bombeiros profesionais operativos todo o ano que asumen o apagado dos incendios forestais, rescates ou lumes urbanos. Ademais, todas contan con corpos de bombeiros voluntarios integrados por persoas que teñen o seu traballo e no tempo libre coidan os montes dos lumes.

Así, os bombeiros profesionais de Cataluña sométense a unhas oposicións para converterse en funcionarios e unha vez o aproban teñen que pasar un longo proceso formativo.

Segundo fontes da Direcció General de Prevenció, Extinció d’Incendis i Salvaments consultadas por Xornal, deben superar 650 horas de clases teóricas e 320 horas prácticas nun parque de bombeiros. “Finalizado este ciclo de formación xa son bombeiros funcionarios pero non é ata que pasan tres anos cando se lles considera bombeiros de primeira”, indican dende a Generalitat.

Incluso os bombeiros voluntarios cataláns –actualmente 2.478– reciben unha formación máis completa que os brigadistas contratados por Seaga cada verán. Fronte aos dous días que para Samuel Juárez son “suficientes”, estas persoas realizan un curso teórico de 180 horas e pasan 100 horas facendo prácticas nun parque. Despois aínda terían que pasar un exame para acceder á escala activa.

Os datos facilitados polo Goberno navarro tampouco deixan lugar a dúbidas da necesidade de ter unha boa preparación. “Os bombeiros profesionais pasan unhas oposicións teóricas e prácticas e un psicotécnico; despois teñen un curso básico dunhas 800 horas formativas das cales 272 son teóricas”, explican, ao tempo que engaden que este persoal se distribúe en 10 parques por toda Navarra. Así mesmo, reciben varias horas de formación sobre distintos temas e en inverno adícanse, parcialmente, a traballos de prevención.

Os voluntarios tamén se someten a un proceso de formación e, a pesar de non dedicarse á extinción en exclusiva, dispoñen de sete parques.

DISTRIBUÍDOS EN 19 CENTROS

Pola súa banda, o Principado de Asturias cuxo paisaxe natural é moi semellante a de Galicia tamén conta cun servizo profesionalizado. Estes funcionarios –actualmente hai uns 400– son sometidos a distintos cursos tras pasar as oposicións. Posteriormente distribúense en 19 centros en todo o territorio asturiano.

Ante a falta de formación que denuncian os sindicatos en Galicia e a comparativa con outras comunidades, Comisións Obreiras destaca que todos os sistemas teñen as súas eivas. “As cuadrillas de verán teñen pouca experiencia e unha mala formación pero os bombeiros profesionais non coñecen o medio”, subliñan fontes do sindicato.

Así será a publicidade do 'decretazo' plurilingüe

Artigo en A Nosa Terra:

A Xunta acaba de publicar as condicións da polémica campaña de propaganda do 'Decreto do Plurigüismo', a norma que reduce a porcentaxe mínima de aulas en galego. O máis relevante é que o Goberno pide ás axencias de publicidade que deseñen unha campaña de "divulgación dos novos valores do sistema de ensinanza non universitaria" sen explicar por ningures cales son eses supostos valores.

Así, o Executivo obvia na súa documentación oficial calquera referencia á imposición do idioma propio, suposta eiva que levou ao PP a cambiar a norma malia a oposición da práctica totalidade de asociacións de pais, mestres e alumnos.

U-la austeridade?

"As principais características do novo decreto son o equilibrio entre as dúas linguas oficiais de Galicia e o impulso ao aprendizaxe dunha lingua estranxeira, para lograr un plurilingüismo real na nosa Comunidade Autónoma" limítase a especificar a secretaría xeral de Medios.

O departamento de Alfonso Cabaleiro gastarase case un millón de euros nesta propaganda, cifra que a oposición criticou por contradicirse coa publicitada austeridade do Goberno conservador. Dese millón, 200.000 euros iran para a creatividade dos anuncios e 750.000 a mercar espazos publicitarios.

Fraga nunca se anunciaba en castelán dentro de Galiza

Os anuncios emitiranse en televisión e radio en castelán e galego. O Goberno de Feixóo racha de novo a práctica do bipartito e de toda a era Fraga, cando a publicidade pagada pola Xunta no país era sempre no idioma do país.

Ademais de en medios audiovisuais, os anuncios sairán en "tres insercións de media páxina color impar en cada un dos diarios con audiencia en Galicia". Toda a propaganda será emitida antes do 15 de xaneiro.

Cruce de acusacións

O Goberno xa gastou 90.000 euros na campaña das polémicas enquisas que xustificaron o cambio normativo, segundo informou Xornal. O BNG cualificou no Parlamento de "obsceno" o nivel de gasto para "impor o español", mentres que o secretario xeral Alfonso Cabaleiro respondera esta primavera que este Executivo gasta menos en propaganda que o anterior.

A idade de ouro da novela gráfica

Marcos Calveiro en A Nosa Terra:


Portada dun caderno de El  Eternauta Portada dun caderno de El Eternauta

Hai agora trinta anos que o a gran guionista Héctor Germán Oesterheld desapareceu canda as súas catro fillas a man dos matachíns da ditadura militar arxentina. Hai tamén cincuenta anos da publicación das primeiras historietas do seu Eternauta (algúns dos seus orixinais puideron contemplarse este verán no Viñetas do Atlántico n’A Coruña) e malia iso os estudosos da banda deseñada, anglófilos eles, sitúan o primeiro alicerce do que hoxe damos en chamar novela gráfica na obra Contrato con Deus publicada polo americano Will Eisneir en 1978.

Lembro como hai trinta anos, e en máis dunha ocasión, a muller que nos coidaba ás miñas irmás e a min mentres os meus pais traballaban me sacaba dunha orella da vella biblioteca municipal de Vilagarcía onde mataba o tempo coas pescudas de Tintín ou loitando xunto con Asterix e Obelix contra as lexións romanas ou viaxando por mundos fantásticos con Valerian. «Sé polo menos leras un libro, pero non, andas a perder o tempo cos tebeos», dicíame mentres me levaba para a casa.

O tempo pasou e neste momento a consideración crítica a valoración social das novelas gráficas está no seu punto álxido, xa ninguén me turra da orella por estar a ler unha delas. E tamén medrou a súa valoración e relevancia como produto cultural de primeira orde, chega con ver como as grandes editoriais literarias se lanzan a publicar títulos e os suplementos culturais dos grandes periódicos dedícanlle recensións acotío, compartindo o mesmo espazo que calquera outra novidade literaria. Os prexuízos que consideraban a banda deseñada unha lectura de meniños, de escasa calidade e que pouco podían aportar, case desapareceron. Hoxe é un medio de expresión artística ao mesmo nivel que calquera outro.

Que foi o que mudou nestes últimos trinta anos?

Por unha banda, é evidente que estamos a vivir unha era esencialmente catódica e pixelada, polo que un formato coma este ten gran parte do seu camiño feito de antemán: filmes, series de TV, videoxogos, paxinas web... A novela gráfica é unha máis entre iguais, coma o álbum ilustrado, tamén tan en voga. Agora conxugamos imaxes coma antes conxugabamos verbos, somos fillos dunha gramática visual, descodificamos textos, signos e imaxes de xeito automático a unha velocidade vertixe.

Algo máis

Mais, ten que haber algo máis para tan inusitado auxe. Eu son dos que penso que a mellor narrativa que se está a facer e nestes intres en moitas literaturas fica nas satinadas páxinas en branco e negro ou en cor de moitas destas novelas gráficas.

Ou non é RG, debuxada por Peeters e escrita por un verdadeiro policía galo, o mellor xénero negro que se fai agora mesmo en Europa, moi por enriba de todo ese feixe de previsibles narracións policiacas que ateigan as librarías?

Ou non é Diario de un albúm de Dupuy & Berberian un dos máis senlleiros exemplos de metaficción dos últimos anos, unha obra que calquera autor debería ler para reflexionar sobre o seu proceso crativo?

Ou non é Un largo silencio de Miguel Gallardo, recente Premi Nacional de Còmic de Catalunya pola súa última obra María y yo, unhas das achegas máis sentidas á guerra civil española, tanto coma os celebrados xirasoles levados agora ao cine?

Ou non é Maus de Art Spielgman, que agora podemos tamén ler en galego, un prodixio narrativo no seu tratamento dun asunto tan sensible como o Holocausto?

Ou non é, El almanaque de mi padre de Jiro Taniguchi un dos mellores e máis emocionantes regresos ao patio de lecer da infancia que podemos ler?

Ou non está La ciudad de cristal de Karasik e Mazzuchelli á altura da triloxía de Paul Auster, ou incluso por enriba?

Os exemplos son innumerables, e non quero cansar, o mellor é acudir a unha boa librería das que hai no país e remexer nos andeis de novela gráfica e asegúrolles que atoparan un mundo intenso e emotivo ateigado de recursos, á altura da mellor literatura e tamén do mellor periodismo, basta con ler os achegamentos do americano Joe Sacco ao conflito palestino ou a guerra dos Balcáns.

Estamos nunha era dourada que as editoriais galegas deberían tamén a aproveitar, para traducir a nosa lingua moitas desas obras senlleiras e tamén apostar con decisión pola que é a nosa mellor xeración de debuxantes e guionistas. Comeza haber intentos, con Factoría K á cabeza, pero queda moito camiño por facer aínda.

O meu fillo de oito anos sabe para xogar coa súa nintendo ten que ler polo menos durante o mesmo tempo e a min tanto me ten que sexan os Son Goku que le coma calquera rapaz xaponés, de dereita a esquerda e de atrás cara a adiante, que calquera libro infantil. Sei que medrará e se enriquecerá con calquera das dúas opcións. E xa saben que un pai tenta facer o mellor polo seu fillo...

30/08/2010

Presos por cantar en galego

Diversos testemuños e anécdotas sobre o uso do galego durante o franquismo. Os videos son da canle de candongasdoQuirombo.


Vía Galicia Confidencial.






Fernández Naval: “Nunca o poder lle fixera tanto mal ao galego na autonomía”

Entrevista a Fernández Naval no Galicia Hoxe:

Poeta e narrador, Francisco Fernández Naval recibiu no 1980 e no 2006 o premio de poesía Cidade de Ourense polos libros A fonte abagañada e Miño; no 1988, o Xerais pola novela O bosque das antas e este ano o Fiz Vergara Vilariño por Bater de sombras. Tamén escribiu Pabellón habitado (1987), Ara solis (1996); Días de cera (1999) e Mar de Lira (2005), ademais das novelas Tempo de crepúsculo (1993), Sombras no labirinto (1997), Unha cita co aire (2005) e libros de relatos como Sete noites e un amencer (2003). No xénero infantil e xuvenil destacan No corazón da fraga (2001) e Suso espada, Istambul e o cabaliño de ouro (2008). Tamén é autor de teatro, guións de cine e televisión, e de ensaio. Publicou no 2006 Respirar polo idioma: Os galegos e Julio Cortázar.

Asinou, por outra banda, varias guías e libros de viaxes, como Unha viaxe á procura do solpor –Do Tambre á fin da Terra– (2000), A Coruña monumental e turística (2002), e Muros, ronsel de pedra, espiral de mar (2003), Guía de Pereiro de Aguiar e A Ribeira Sacra ourensana e Galicia, Rutas con sabor. Participou en numerosos congresos, feiras e encontros literarios, e impartiu obradoiros de iniciación á lectura e escritura promovidos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. É membro de varias asociacións culturais, desenvolvendo nelas unha intensa actividade de promoción da lectura.

Francisco, bos días compañeiro. Imos comezar estas conversas, da situación actual do idioma da nación, para min como para outras persoas, case dramática. Unha falla perversa polo menos de equilibrio. Falar de bilingüismo harmónico é unha auténtica falacia propia da dereita sempre reaccionaria, a ruindade do nacionalismo español en moitas siglas do abano político deste estado democrático, e á vez monárquico, unha conxuga imposíbel porque un status é decontado antagónico do outro. Nesta situación e como novo "decretazo" do PP español en Galicia, a situación agrávase, a diglosia perpetúase, e con ela o autoodio e a galegofobia, moi xunguida en liñas xerais á ignoración e a alienación brutal dos colonizados ou autocolonizados. Cal é, Chisco a túa resposta diante desta miña breve reflexión?

Entender a discriminación positiva como imposición, é unha falacia. Hai discriminación a favor da muller en determinados ámbitos, dos retornados da emigración, dos que padecen minusvalía, e non nos sentimos agredidos, senón que comprendemos a eiva e defendemos a actitude solidaria do corpo social. O galego, como ben dis, padece a situación de falta de equilibrio, a súa posición é débil na convivencia co castelán o que supón unha ameaza para a súa supervivencia. Iso tíñao claro antes o PP, agora non. Pero, para min, o peor, é que dende que temos goberno autonómico, nunca desde o poder se lle fixo tanto mal ao galego, argumentando tanta mentira e alimentando o discurso dos que o odian. Ese é o gran pecado deste goberno. Contaba Alberto Manguel, na conferencia que deu hai pouco na Real Academia, que o único xeito que teñen os habitantes de Quebec de defender a súa opción lingüística que é o francés, estando como están rodeados de territorios de fala inglesa, é con actuacións de discriminación positiva por parte dos poderes públicos e esa reflexión súa era unha clara referencia a nós. Con medidas de protección e de potenciación do galego só se aplicaba o sentido común.

De entrada, un estado federal co recoñecemeto das nación catalá, vasca e galega, podería ser un primeiro andar para mellorar e saír desta esperpéntica situación?

Para min ese é o horizonte e a aspiración. Unha República federal, para ser máis exactos. Quizais Galicia careza do pulo para ir construíndo o camiño que nos leve a iso, pero non Cataluña. Eles serán o referente no debate polo cambio e nós, se podemos, iremos detrás.

A Constitución española, malia o que digan os "expertos/as" é en si unha contradictio in terminis, un apaño feito por unha monarquía e mesmo estado parlamentar pre-democrático, cuxo texto non resiste unha análise seria rigorosa e intelixente… Cal é a túa opinión a propósito desta miña proposta, Francisco?

A Constitución é un pacto que cumpriu unha función nun determinado momento histórico, pero non é un documento pechado nin perfecto. Nós non temos unha tradición constitucional como a inglesa, que ten como fundamento o costume e a tradición; nin como a dos Estados Unidos, mellorada a base de emendas. Nós aprendemos aos poucos, por iso non entendo ese rexeitamento a debater a posibilidade de modificar determinados aspectos e mellorala. Dicía o outro día a presidenta do Tribunal Constitucional que quen poñía en cuestión a sentenza do Estatuto catalán, estaba en contra da Constitución. Paréceme unha redución perigosa, pero ademais non todos aceptamos a Constitución como un credo.

Concordas co reintegracionismo ou pola contra, como a min, che parece un erro que lle dá alicerces e pulo ao totalitarismo españolista?

O meu amigo Fernando Pérez Barreiro, que perdemos en xaneiro deste ano, defendía unha tese intermedia, na que avanzariamos na escrita cara ó portugués, pero iso, a priori, non lle afectaría á fala. Galego e portugués foron a mesma lingua, logo a evolución foi diferente, pero illarnos definitivamente dese tronco supón unha debilidade e, se cadra, unha condena. A solución non é doada. Penso que só hai un camiño, o da aproximación lenta e non traumática ao portugués, camiño xa iniciado.

O mundo global xa está inserido en nós, é a matemática perversa do imperio capitalista, de tantas e tan graves desigualdades que producen algo máis que noxo. A crise actual é unha patoloxía cíclica da barbarie capitalista, un pesadelo que parece non ter fin. Como erradicar esta pandemia, pregúntome eu ao tempo que che pregunto a ti?

Pregunteille iso mesmo a Juan Gelman cando estivo aquí en abril e respondeume que cando o soubera que llo dixera. O capitalismo e a dereita dos países desenvolvidos atoparon un discurso común diante da globalización, cousa que non foi quen de atopar aínda a esquerda. Vimos estes meses que a intervención de catro ou cinco personaxes da economía alemá, transmitindo información falsa ou interpretada de xeito perverso, colocou contra as cordas o Goberno español. Neste momento, ata a social democracia semella pór en cuestión o estado solidario do benestar, aplicando políticas e medidas claramente capitalistas, cedendo á presión dos poderes que manexan os fíos da economía mundial. Eu non sei cal é a posición da Internacional Socialista con respecto ao que aconteceu nestes dous últimos anos, nin se existe unha reflexión común e un programa de actuación que permita facer fronte ás ameazas que nos son comúns, pero unha reflexión común da esquerda e un mínimo programa para aplicar, son necesarios.

A felicidade podería ser o estado de graza dos idiotas, ou é posíbel ser feliz diante de estampas tan patéticas e mesmo atroces?

A felicidade, de existir, é algo temporal e efémero, unha intensa sensación de plenitude fondamente individual, pero que é posible compartir. O poeta palestino Madmoud Darwich dicía que nos campos de refuxiados os nenos xogan, mozas e mozos namoran e casan, a xente canta e baila e tamén choran aos mortos. Todo iso observeino na viaxe que fixen a Níxer con Camilo Franco e Alfonso Costa, colaborando coa ONG Acción contra a fame. A felicidade non é a tranquila seguridade burguesa. Para min, a felicidade, aínda no mundo cruel no que vivimos, é un estado de graza do home.

A poesía, Chisco, é para ti unha arma de amor e combate, un reto á vida e mais á infamia…?

Para min, a poesía segue sendo o argumento principal do home diante da vida, unha forma de coñecemento dos misterios a través da intuición e da metáfora, o único xeito de nos aproximar ao que non comprendemos. Amais diso, tamén é unha arma e un xeito de estar no mundo.

Poeta, narrador, ensaísta… En que terreo estás máis a gusto…?

Empecei escribindo versos, logo pasei ao teatro, que deixei pola narrativa. Gústame ler poesía e, ás veces, necesito escribila, pero tamén me gusta contar e que me conten historias. Quixera seguir traballando os dous xéneros, sen ter que renunciar a ningún e nestes últimos anos regresei con gusto ao teatro.

Hai unha obra de grande calado que está a agardar aínda pola túa escrita?

Non o sei, sobre todo porque non sei cal é o gran calado dunha obra ou dunha historia. Eu procuro, sobre todo, que os libros que escribo teñan dimensión humana, que comuniquen algo, que procuren complicidades nos lectores.

Marx e Engels seguen para ti vixentes?

Si. A filosofía de Marx sobre a sociedade e sobre a historia, para min, segue vixente. Digamos que comparto cunha querida amiga a opinión de que cada día nos sentimos máis marxistas e máis cristiáns, isto último non entendido nun sentido relixioso, senón de actitude, de comuñón cos outros, de xustiza social.

E Freud?

Estudei psicoloxía e Freud é un referente. Non podería comprender o mundo no que vivo sen as súas achegas e reflexións, pero eu síntome máis próximo a Jung. Hai unha parte irracional en nós que Jung admite e procura comprender.

Hai unha razón de ser e outra de vivir, Francisco?

Supoño que si, aínda que deberían coincidir unha e outra. Dáme a sensación de que cada día hai unha fenda maior entre o ser e o vivir, entre o ser e o sobrevivir.

Respecto dos credos, comungas con algún…?

Non. Teño a miña parte irracional, tal e como recoñecín antes, o que me leva a manter unha relación intensa coa natureza e con certos lugares, espazos nos que sentimos que hai algo que non comprendemos pero que nos convoca e nos chama: a Corticela, o Monte do Pindo, o petróglifo do Filladoiro en Carnota ou Santo André de Teixido. Procuro o baño no mar e nos ríos, aínda no inverno, lávome en regatos e fontes, dáme gusto agarimar as pedras e as árbores, pero tamén abrazar a quen quero, sempre reivindico a importancia do abrazo, e tamén a caricia, o agarimo, non podería vivir sen eles.

A sensación de ter vivido noutro tempo da historia é frecuente en ti?

Vivín noutro tempo da historia que foi o franquismo, logo non é unha sensación, senón unha lembranza, pero debo dicir que, aínda sentindo saudade da infancia e da xuventude, non prefiro aquel período, opresivo e gris, a este que agora vivimos. Polo demais, non teño a sensación de ter vivido un tempo histórico diferente a eses dous que comento, aínda que, ás veces, si me parece que acontecen cousas que xa sucederon e que deron lugar a momentos conflitivos e difíciles. Penso por exemplo na crise, comparándoa coa do 29, ou neste coller alento de certo discurso fascista que ás veces me parece percibir, ou neste intento de poñer en cuestión o estado das autonomías, cativo avance, pero avance ao cabo, na reivindicación das nacionalidades históricas, tan importante para a convivencia e que tanto protagonismo tivo na modernización do estado.

Unha República Socialista Galega, independente, solidaria e internacionalista é unha quimera?

Laica e honrada. Aínda que a historia é algo dinámico e sorprendente, na miña opinión, hoxe iso que propós é cousa impensable. Para empezar, é algo que non queren a maioría dos galegos e dubido de que sexa factible cambiar ese criterio en dúas ou tres xeracións, pero ademais, tampouco o permitiría nin o estado español, nin a comunidade internacional.

A moral burguesa, outro dos alicerces da brutalidade capitalista, non é unha falsidade que decote trata de nos abourar?

A moral burguesa e a súa relación coa igrexa. Eu non podo entender como é posible un ser humano culpable antes de nacer. Era Kafka quen se preguntaba como pode haber unha culpa orixinaria no home. Eu síntome lastrado por esa educación e ese estigma. Loito contra ela, procuro liberarme, pero non é doado. Un ser que se cre culpable dende antes de nacer, é un ser vencido.

O franquismo-fascismo está definitivamente morto ou aínda hai un veleno que inocula certos sectores da sociedade española ou españolista?

Si que hai. Vímolo hai pouco co asunto Garzón. Con independencia de que a resolución xudicial que o procesa sexa legal ou non, no debate que o acompañou vimos asomar o rostro do fascismo, desenmascarándose, amosándose tal e como é. Pero para enterrar definitivamente todo iso, debemos recuperar a memoria civil, a memoria da sociedade que se nos roubou coa Guerra. A transición non foi un acto de reconciliación, foi unha paréntese ou o aprazamento dun acto real de superación das diferenzas. A reconciliación é aínda asunto pendente.

Con cal dos libros que levas publicado te sentes máis satisfeito?

Quérolles a todos, pero se tivera que elixir un, só un, se cadra, polo que significou para min, escollería O bosque das antas, a primeira novela que escribín e que foi
premio Xerais.

E retornando aos credos/relixións… Aínda segue a ser o opio dos pobos –Marx-, ou tamén ese opio foise proxectando no fútbol, e outras para min banalidades propias da ignorancia dos alienados?

Da relixión e dos credos xa opinei antes. O fútbol non é opio por si, transfórmase en opio polo uso que fan del, como non é opio a televisión, pero si o que nos ofrecen como programación.

Galicia aínda é unha nación explotada, espoliada…?

Galicia é un territorio cun desenvolvemento e unha calidade de vida menor co das comunidades do seu contorno. Pero ademais, ultimamente, dende a entrada na UE, case toda a riqueza propia foi cuestionada, marxinada e condenada. Pero hai un problema que radica en nós e que non depende de decisións alleas, é o envellecemento da poboación, o desequilibrio territorial entre leste e oeste e o abandono do medio rural. Iso si hipoteca o futuro.

Tes algún libro ou libros aos que sempre retornas?

Os fillos do Capitán Grant, de Verne; O mar de Iris Murdoch, pero sobre todo teño autores: Conrad, Ferrín, Blanco Amor, Cunqueiro, Rosalía, Rimbaud, Elena Poniatowska, Valente, Gamoneda, Pessoa, Cortázar, Calvino...

, de Verne; de Iris Murdoch, pero sobre todo teño autores: Conrad, Ferrín, Blanco Amor, Cunqueiro, Rosalía, Rimbaud, Elena Poniatowska, Valente, Gamoneda, Pessoa, Cortázar, Calvino...

Traballas agora nalgunha obra ?

Si. Recentemente rematei varias cousas: o libro de versos titulado Bater de sombras, que mereceu o premio Fiz Vergara Vilariño deste ano e que sairá a finais de setembro; a tradución do poeta chileno-mexicano Ludwig Zeller, residente en Oaxaca, surrealista e amigo de Eugenio Granell, que tamén sairá axiña; unha nova novela de Suso Espada, ese personaxe protagonista xa de varias entregas e que tantas alegrías me dá, que estará nas librarías alá para o Nadal e un texto teatral. Así que este outono e inverno teño previsto centrarme na novela na que levo traballando cinco anos, con dificultades que, debo confesar, ata agora non conseguín superar. Será a última oportunidade que lle dea, se non vai desta, gardarei o proxecto no fondo dun armario ata a xubilación.

Receitan non utilizar as mensaxes apocalípticas para a defensa do galego

Montse Dopico en Galicia Hoxe:

Precisa o movemento normalizador anovar o seu discurso? No proceso de creación de novas plataformas e iniciativas en favor do idioma esta reflexión formulouse desde distintas perspectivas. Por exemplo, GalegoLab constituíuse co obxecto de sumar esforzos para desenvolver accións concretas, "en positivo", "cun enfoque de abaixo-arriba, con incidencia na vida cotiá", concibidas especialmente para os mozos e mozas e aproveitando as novas tecnoloxías. No mesmo sentido, o Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) chamou, nas xornadas Ecolingua, a deixar as "mensaxes apocalípticas" e apostar por unha estratexia de"sedución e información".

Prolingua incidiu tamén na necesidade de renovar o discurso. O escritor Agustín Fernández Paz, membro desta plataforma, sinala que "a sociedade mudou moito nas últimas décadas. E o discurso, sen perder a súa esencia, hai que actualizalo, facelo máis atractivo, e lograr romper tópicos como o que identifica o galego co nacionalismo, -sen negar que historicamente foi o movemento nacionalista o que fixo bandeira da súa defensa-, ou o da liberdade. Non hai liberdade de elección se non temos competencias nas dúas linguas".

En realidade, ninguén se opón a que o discurso se actualice. "A estratexia que temos segue sendo válida. E dentro dela podemos aumentar, anovar... Pero a cuestión é que nunca houbo unha aplicación máis que cativa da lexislación que xa existe. Daquela, o primeiro é aplicala e avaliar os resultados", opina a filóloga Pilar García Negro. -Tamén Prolingua ten entre os eixes principais do seu discurso a reivindicación do cumprimento do marco legal-.

O argumentario está feito, pero falta aplicalo

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, conflúe con García Negro ó subliñar que "non é argumentario o que nos falta. Xa temos plans, documentos. Falta aplicalos. Iso non quita que vaiamos adaptándonos ás mudanzas da sociedade". E advirte de que por veces "o discurso da renovación funciona como unha fuxida cara a adiante para evitar actuar no día a día".

García Negro apunta, ao fío disto, outra cuestión. "Quen propoña esa renovación ten que explicala. Se hai conceptos que xa non serven, teñen que demostralo. Porque, de que serve apelar ó bilinguïsmo, por exemplo? Se bilingüismo é que en Galicia hai dúas linguas, non estamos máis que dicindo unha obviedade. A cuestión é que entre esas dúas linguas hai un desequilibrio brutal, creado historicamente. E o que non serve é salvar a cara declarándose partidarios da normalización do galego e contemporanizar coa situación actual".

O ex presidente da Mesa e profesor Xosé Manuel Sarille cre, pola contra, que o discurso está "esgotado. É un discurso de resistencia. A realidade actual está moi transformada. Hai que manter o monolingüismo social como obxectivo, como di a UPG? Ou pode ser o bilingüismo, como din outros sectores do galeguismo? Non serve o discurso ruralista, mitificador do pasado. Nin chega con discursos anxelicais de facer atractivo o galego para a xente nova".

O filólogo e membro da RAG Henrique Monteagudo é dos que máis teñen defendido a creación dun discurso "positivo e alentador" ademais de protestar, denunciar ou esixir, tal como recolle no seu libro As razóns do galego. É un dos fundadores de GalegoLab e asinante do manifesto Galego, Patrimonio da Humanidade.

O suposto "exclusivismo" por parte do nacionalismo

Monteagudo afirma neste libro que "o talante exclusivista, o afán aleccionador e os modais sectarios teñen efectos nefastos para a imaxe social do idioma". O sociólogo Fermín Bouza suxire que, se cadra, "houbo algunhas actitudes autoritarias. O importante é que o rexeitamento do galego é minoritario: os datos indican que é só un 20-25% da poboación. Temos que dar imaxe de exemplo de modernidade e democracia; o galego é útil, pero moita xente non o sabe. E desancorar o galego de opcións políticas".

García Negro ironiza sobre o que chama o "mito da equidistancia" no libro Lingua e futuro (Laiovento). Lembra como xa a finais do franquismo se propugnou unha sorte de trilingüismo, entendido como dominio do español como lingua oficial, común e obrigatoria; aprendizaxe dunha lingua estranxeira e "cultivo optativo" das linguas "rexionais". Daquela, afirma, xurdiu o "mito da equidistancia" entre os "radicais". Iso implicaba non "politizar" o galego, deixar que seguise sendo a lingua minorizada, "riquiña" e "simpática" que non dese problemas nos espazos "serios" reservados ó castelán: a xustiza, a administración... Ao seu ver, este mito restáurase agora. O nacionalismo, di, nunca quixo patrimonializar o galego.

Monolingüismo, bilingüismo, diglosia e manipulación

Monteagudo aproba a práctica do monolingüismo defensivo por parte dos galegofalantes -o mantemento do galego en todos os contextos-, pero ve como unha "quimera" o monolingüismo social como finalidade da política lingüística. Defende, así, a posibilidade de superar o bilingüismo "desigual e conflitivo" para avanzar cara a un bilingüismo "equitativo", no que o galego estea plenamente normalizado, tendo o conxunto da poboación un "dominio aceptable de ambas as linguas". Aínda que identifica "monolingüismo social" con establecer o galego como única lingua de uso público e oficial do país, -proposta de Nós-UP, por exemplo, que non defende o conxunto do nacionalismo actual, que máis ben avoga pola normalización no sentido de fin da diglosia e de reintegración no galego polos castelánfalantes monolingües-.

Deste xeito, ás veces prodúcense falsos debates por desacordos ou mesmo manipulacións a nivel de conceptos. O presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, Nel Vidal, achega algún exemplo. "Todos queremos o plurilingüismo" -no sentido de que cada individuo aprenda varias linguas-, "pero o primeiro, a lingua de partida, ten que ser a lingua propia do país. Máis que renovar o discurso, hai que fortalecelo, adaptalo a novos perfís e ámbitos".

O nacionalismo denunciou sempre a filosofía do "bilingüismo harmónico" do PP de Fraga por perpetuar a diglosia -a lingua dominante e de prestixio é o castelán e a lingua subalterna é o galego, que queda relegado ós ámbitos informais-. Hoxe ninguén nega que haxa diglosia en usos e persoas concretas -por exemplo, na xustiza ou na sanidade-, pero hai filólogos que din que xa non hai diglosia a nivel xeral. "Hoxe non é razoable falar dunha situación diglósica porque o sentido queda desvirtuado. A diglosia conleva estabilidade e distribución funcional dos códigos", subliñaba Fernando Ramallo nunha entrevista con este xornal. Hoxe, de feito, hai xa xente nova e urbana que perdeu o contacto co galego. A situación é máis complexa.

A anovación se cadra non é tan novidosa como se cre

Cando se fala de "renovar" o discurso, ás veces apélase a introducirlle elementos que se cadra non son tan novidosos. Como defender a diversidade lingüística contra a uniformización cultural da globalización, nun discurso confluínte co do ecoloxismo. Ou considerar o galego como parte do noso patrimonio, e polo tanto dereito colectivo, como o medio ambiente. Ou cuestionar se o peso da normalización debe recaer tanto no ensino -os centros sociais autoxestionados ou o asociacionismo cultural son exemplo de estratexias para levar o galego ao ámbito do lecer e á xente nova-. Ou incidir na potencialidade do galego no mundo da economía, como marca de calidade, como fai o profesor Francisco Sanjiao. Ou denunciar o incumprimento por parte do Estado da lexislación internacional como a profesora Alba Nogueira.

Un destes argumentos que non son novos pero se están refortalecendo é o do portugués como oportunidade. O reintegracionismo defende apoiarse no portugués non só para mellorar a calidade do galego e así o seu prestixio, senón para aproveitar a "vantaxe competitiva" que supón o dominio do galego e o castelán. Pois o galego-portugués é falado por 250 millóns de persoas en todo o planeta. "Se só ligamos o galego á identidade, non avanzamos", sostén Valentim Fagim, presidente da Agal. Sarille defende esta mesma estratexia.

"Hai un espazo cultural e lingüístico común, e para min é fundamental aproveitalo. Pero, se ó final o que vale é o número de falantes, o castelán e o inglés teñen máis. Para min, defender o galego é unha cuestión de xustiza social tamén. Podemos compartir estratexias por exemplo co feminismo...", pensa Nel Vidal. Tense apuntado, respecto disto, o compoñente de clase que hai detrás do debate da lingua. Se o castelán é a lingua de prestixio, tamén o é de clases privilexiadas que queren conservar a actual xerarquía das linguas, e por iso reaccionan cando o galego avanza -Fernando Ramallo defende esta tese-. Sería o caso das clases medias e altas urbanas nas que se apoia Galicia Bilingüe . Na revista Terra e Tempo, Robert Neal avoga por defender o galego "aínda que non fose unha lingua internacional", por ser o noso principal sinal de identidade, polo seu valor en si.

Máis de 171.000 galegos emigraron nos últimos oito anos

Artigo na Voz:

As migracións aínda non se converteron en fonte de recorte poboacional en Galicia, pero levan camiño de facelo. Segue chegando máis xente que a que se vai, pero a diferenza redúcese cada vez máis. Só o retorno dos emigrantes e unha menguante inmigración estranxeira están a permitir á comunidade contar cun saldo migratorio positivo, a pesar dos claros sinais de que cada vez Galicia é menos atractiva tanto para a volta dos que un día se foron, como para os que desde o exterior buscan aquí un traballo e estabilidade.

Desde o 2002 Galicia perdeu a 171.252 residentes por traslado a outros puntos de España ou o estranxeiro, mentres que no mesmo período chegaron para establecerse outras 292.968 persoas. Pero a diferenza entre inmigracións e emigracións tivo o ano pasado o seu peor rexistro, ao reducirse o balance en favor das chegadas a 9.128, mentres que dous anos antes foron 20.478 máis os que viñeron que os que se marcharon.

A radiografía dos movementos poboacionais no último exercicio completo debuxan a unha Galicia á que chegan menos retornados desde o estranxeiro, nada menos que 5.203 por baixo do que ocorría no 2002. Tamén cae o número de estranxeiros que elixen Galicia para vivir: 8.500 menos que no 2007, que foi a maior punta de chegadas foráneas da década. E finalmente, repunta lixeiramente o regreso de emigrados a outros puntos de España ou de naturais doutras comunidades que recalaron en Galicia.

En canto ás emigracións, a crise recortou cambios de residencia de galegos cara a outras zonas do Estado ata niveis descoñecidos ata agora, mentres crecen as saídas ao estranxeiro, con 3.084 abandonos en todo o ano, 1.362 máis que no 2004. Aínda por riba ese sinal de alarma, nunca antes tantos estranxeiros abandonaran Galicia como na actualidade. O ano pasado fixérono 6.291, o 53% do caudal de foráneos que chegaron no mesmo exercicio, evidenciándose que esa curva non deixou de caer desde o 2006 e que Galicia non é atractiva para a emigración exterior que, segundo os expertos, é a medio prazo a única vía de crecemento posible.

Dentro da comunidade os sinais tampouco son mellores. Desde 1998, 616.625 residentes (442.901 desde o 2002) cambiaron de municipio dentro de Galicia, dándose a maioría dos traslados nas zonas próximas ás grandes cidades, especialmente desde as provincias de Ourense e Lugo ás máis occidentais.

A Xunta merca menos libros en galego

Artigo en Galicia Confidencial:

O investimento en novidades editoriais no idioma propio chegou aos 1.3 millóns anuais co bipartito, pero este ano é unicamente de 871.000 euros para 16 editoriais, entre as que hai algunha ausencia moi significativa.

A Consellería de Cultura acaba de resolver o concurso anual para a compra de novidades editoriais en galego. A Xunta do PP investirá 871.595 na compra de libros. Esta cantidade supón unha caída no investimento neste eido, pois en 2009 a Administración, xa en mans do PP, mercou un millón de obras en dous concursos.

Recorte do 33% respecto ao bipartito

A caída é maior respecto ao bipartito, que en 2007 bipartito chegou a investir 1,3 millóns ao ano na adquisición de volumes na lingua propia do país para as bibliotecas públicas. Respecto a 2007, este ano hai un baixón de máis do 33 por cento.

Edicións Xerais e a Editorial Galaxia son as maiores beneficiadas deste concurso negociado sen publicidade, con máis de 157.000 euros en libros cada unha.

A certa distancia sitúanse Laiovento (60.000), Kalandra (57.000 en dous lotes), Espiral Maior (51.000), Danú (57.000) e Baía Edicións (57.000). Menos de 50.000 euros conseguiron vender o resto de editoriais, Nova Galicia, Edizer, Kalandraka,Gesbiblio, Ir Indo, OQO, Vedoira, Comunio e Tosoxoutos.

Por que non se lle mercan libros a A Nosa Terra?

Non conseguiu vender ningún lote Promocións Culturais Galegas, compañía do Grupo San José e editora do semanario nacionalista A Nosa Terra, malia ser en teoría a terceira editorial en volumes publicados e ter logrado importantes lotes nos concursos doutros anos.

O procedemento negociado sen publicidade permite ás administracións contratar unha empresa sen unha competencia aberta, só solicitando ofertas a un reducido de compañías escollidas polo propio Goberno. Este método, o menos transparente dos que marca a lei, é o que ven aplicando ano tras ano a Xunta para mercarlle novidades ás editoriais do país.

29/08/2010

Dejen en paz al gallego

Xosé Manuel Pereiro no País:

Este verano, en Panxón, escuché a unos chavales despedirse irónicamente: "Como dicen en la gallega: Ata a noitiña, rapariga". Por su acento, no eran veraneantes y todo apuntaba a que de familia gallegohablante (y además, seguidores de TVG). Pero, evidentemente, la expresión les chocaba, porque ya casi nadie habla así, excepto quizás don Avelino Pousa Antelo cuando se pone solemne. Archivé mentalmente la cosa como una muestra de la preferencia de la corrección sobre la comunicación en algunos ámbitos, pero resurgió como un resorte a raíz del debate sobre el riesgo de hibridación que corre, o no, el idioma gallego, debido a la influencia del castellano.

Como otros debates lingüísticos en Galicia, la polémica no se redujo a los foros especializados en filología, como sería normal en una sociedad normal. El castellano es un acerico de anglicismos, pero ya ni los catedráticos jubilados de lengua escriben cartas al director para quejarse. La última polémica que recuerdo sobre el español fue, en 1997, por la propuesta de eliminar la hache, unificar las bes y las uves, jotas y ges, y eso porque la hizo Gabriel García Márquez, y en el primer Congreso Internacional de la Lengua Española. Aquí tiene más interés mediático la lucha de titanes por la candidatura socialista a líder de la oposición autonómica de Madrid que los avatares del idioma en el que hablaban todos nuestros bisabuelos, pero aún así, en las páginas o en las pantallas se han manifestado, entre otros, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández Rei, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei, Henrique Monteagudo, Goretti Sanmartín, Valentim Rodrigues Fagim, Filipe Díez e Isabel Rei (según la relación que recojo del blog de uno de los principales debatientes, Carlos Callón). Aquí, con la práctica del idioma gallego diluyéndose desde hace años como lluvia fina con tendencia a arreciar, lo más granado de nuestra intelectualidad se faja sobre el mal uso, o no, que hacen de él los resistentes.

Evidentemente, el meollo del debate, o la excusa para sostener una capoeira dialéctica, un intercambio de patadas voladoras entre viejos rivales, es la preocupación por el futuro del idioma. Yendo más allá del legítimo derecho de optar por una norma, hay quienes sostienen (compartiendo argumento con el enemigo) que pasa lo que pasa porque que lo que llamamos gallego es un castrapo normativo, como si fuesen las supuestas flaquezas filológicas de un idioma las que determinan su porvenir. Otros, desde el buenismo, abogan por un rearme paulatino, combinando el injerto en pequeñas dosis de términos calificados como etimológicos con el acceso a libros y medios de comunicación portugueses, sin concretar en qué puede ayudar sustituir el neologismo "concelleiro" por el teórico étimo "vereador", ni cómo, abierto el acceso a lo que sea, se vaya a garantizar su consumo. Incluso los partidarios de no meneallo se apuntan al coro apocalíptico y, para no ser tachados de integrados pancistas, rebuscan incorrecciones para flagelarlas en público. Claro que es más correcto "meu deus!" que "diormío!", pero ¿más gallego?

No es que no haya ríos de reproches que hacer. Está claro que cualquier miembro de nuestra clase dirigente se queda más ancho que alto después de asestar en público un "he dito que", pero profesaría en el monasterio de Desván de los Monjes si se le escapase un "me se ocurre que". Y que su falta de respeto a una de las señales de la identidad a la que le debe el sueldo es síntoma de la escasa consideración que tiene a su responsabilidad institucional (y del poco rechazo social que genera esa incompetencia concreta). Pero ¿la alternativa es que argumente que, como lo habla mal, no lo usará en absoluto? (ya veo el titular: "Yo las cosas las hago bien, o no las hago"). La transmisión de una lengua se realiza en el entorno educativo, por los medios de comunicación y en los grupos sociales. Tal como está el patio en los dos primeros ámbitos, andar llamando la atención al recurso que queda no parece muy conveniente.

Son los gallegohablantes de a pie los que dicen "jueves" y "acera", pero también los que mantienen la sintaxis propia y los que crean o adaptan los neologismos que demandan los tiempos (como se puede comprobar, y de paso partirse de risa, en la web Disionario da Revolusionaria Academia Morracense da Lingua). Los neohablantes de gallego (y los que lo han aprendido aunque no lo usen) saben que se dice "xoves" y "beirarrúa", pero en la mayoría de los casos suena como si emplearan un traductor informático del castellano. Emprender la campaña de la pureza (caso de que existiera en las lenguas o en las razas) supone para los primeros rearmar el baldón de que lo que hablan es un dialecto que deberían sacudirse cuanto antes. Para los segundos, volver a los tiempos -que nunca se han ido del todo- en que un neohablante tenía que practicar en la intimidad hasta tener un nivel aceptable para presentarse en sociedad sin que su intento fuese recibido, no con el apoyo y el reconocimiento que merecía su esfuerzo, sino con rechifla.

La polémica tiene unas evidentes connotaciones eclesiales, de pastores que debaten sobre cómo mejor guiar al rebaño. Siendo ingenuo, recuerda a los sabios de Constantinopla discutiendo sobre cuántos ángeles cabían en la punta de un alfiler mientras los turcos asediaban la ciudad. Siendo malicioso, es mejor símil la Iglesia Católica, que en tiempos de crisis, perdiendo terreno hasta en bastiones tradicionales como América Latina, renuncia al ecumenismo y se parapeta en las esencias. Por paradójico que suene, no hay nada como un buen enemigo interno para mantener la unión.

Reflexións sobre o discurso da utilidade do galego como "superlingua" internacional

Robert Neal Baxter en Terra e Tempo:

Con esta achega quero repasar máis polo miúdo algúns dos argumentos esgrimidos nos comentarios recibidos a raíz do meu último artigo O galego na escola e que suscitaron en min unha serie de reflexións de orde máis xeral. O primeiro elemento de reflexión parte dunha pregunta moito concreta que me fixo un lector que quería saber se para min (e para o Partido no que milito) a lingua é 'unha ferramenta ou un fin político'. Abofé que non entendía moito ben a pregunta por non entender que os dous aspectos estivesen en contradición entre si, sendo o galego para min tanto unha ferramenta de comunicación como un elemento eminentemente politizado, tal e como ten demostrado tan descaradamente a recente campaña para o erradicar paulatinamente como paso esencial previo para acabar co pobo galego. Mais, ao ler os comentarios máis adiante, entendín que non se trataba de saber se o galego é unha ferramenta de comunicación para o pobo galego en si, senón de saber se é 'útil' -para utilizarmos un termo proprio da mercadotecnia que nos vén impondo o neoliberalismo- para alén de ser a lingua do pobo galego. De aí a reivindicación do galego, independentemente da denominación que se lle der, como lingua internacional e, por tanto, globalmente 'útil'.

Desta proxección internacional non teño dúbida ningunha. Como xa escribín nun artigo anterior, aínda discrepando sobre a táctica concreta para o momento actual, proclámome reintegracionista ao recoñecer a unidade das variedades lingüísticas actuais do galego-portugués. Niso coincido con Castelao cando di: "A nosa lingua florece en Portugal". Oxalá o entenderen así algún día tamén @s nos@s veciñ@s de Alén Miño, sen falar d@s brasileir@s que veñen instalarse -benvind@s sexan- aquí "em Espanha"...

Mais, en todo o caso, coido que hai que matizar. O reintegracionismo é -e sempre foi- unha casa plural, sen ortodoxias, nin dogmas inquebrantábeis, onde a discrepancia democrática segue a ser, espero, sempre posíbel. Por iso mesmo o título deste artigo alude tan só a unha determinada visión do reintegracionismo e non ao seu conxunto, do mesmo xeito que a concepción do reintegracionismo que expreso me corresponde a min e a ninguén máis, dentro do marco amplo do recoñecemento da unidade lingüística do galego-portugués como modelo culto de referencia.

Un dos principais argumentos nos que se apoia a concepción do galego/portugués como 'ferramenta de comunicación' ante todo é o facto de este ser unha lingua internacional ao par do inglés e, por suposto, do español: o que o Presidente da AGAL, Valentim Fagim, denomina unha "superlingua".

A existencia do galego como lingua internacional é un feito obxectivo innegábel. Mais, seguindo con esta liña de argumentación, xorden, ás veces, unha serie de consideracións que me crean certa consternación. Entre elas destaca a tentativa de lexitimar o galego en función de referencias externas para dar máis prestixio á nosa lingua, no canto de reivindicalo polo valor que representa como primeiro sinal do pobo galego que o creou e desenvolveu.

Para alén da sempre benéfica solidariedade internacionalista, coido que ollar constantemente para fóra para emular modelos alleos -por moito afíns que foren- é un síntoma de inseguridade e menosprezo a respeito do proprio: antítese do nacionalismo moderno que procura a posta en valor do pobo galego e do seu xenio. Este rexeitamento do proprio atopa a súa máxima expresión nesta frase que encabezou un dos comentarios ao meu artigo: "A minha pátria é a língua portuguesa." Pois, se se recoñece a unidade das variedades galego-portuguesas, non hai por que fuxir de chamalo 'galego', refuxiarse nunha denominación lingüística coa que non se identifica o pobo galego, deixando patente a idea de a salvación vir desde fóra. É unha outra manifestación do autoodio clásico, desvalorizando a lingua do pobo galego: ora dialecto do español, ora variedade do portugués.

Evidentemente, estas actitudes non son necesariamente extensíbeis a todo o abano que representa o reintegracionismo no que me inclúo. Recorrer á utilidade do galego como variedade dunha "superlingua" internacional pode ser, sen dúbida, un argumento para convencer aquelas persoas que dubidan do valor do proprio apelando a modelos externos máis prestixiados. Mais non debe tornarse un argumento de consumo interno, evitando sempre a trampa de confundirmos os medios co fin, que non pode ser outro (para min) que a plena socialización da lingua galega polo seu valor intrínseco como lingua do pobo.

De aí deriva tamén a miña segunda reflexión: se o galego non fose unha lingua internacional, se só fose a lingua do seu pobo do mesmo xeito que o euskera ou o bretón..., sería menos 'útil' e, por tanto, menos merecedor de ser falado e defendido? Creo que non. Creo, sinceramente, que o galego hai que falalo e defendelo ante todo porque é un dereito básico do pobo que o creou.

Uns dos produtos que plasman esta realidade do galego-portugués como lingua internacional son os mapas dos 'países lusófonos' que de cando en cando se publican, como máis recentemente o actualizado mapa A nossa língua no mundo. Mais, para alén da realidade obxectiva que pretenden retratar, teño que recoñecer que este tipo de mapas sempre suscitaron en min un certo desacougo, por lembraren outros mapas coloniais, como os do Imperio británico, onde destacaban as (ex-)colonias en vermello.

De facto, acho cando menos interesante sinalar que neste mapa figura Macau, onde a porcentaxe de falantes do portugués non pasaría de 5%, mentres que Luxemburgo e Andorra só aparecen na listaxe de "Países com importantes comunidades de falantes", a pesar de @s lusófon@s representaren até 14% da poboación. A razón é obvia: trátase, en realidade, dunha especie de renovado mapa das ex-colonias portuguesas, membros fundadores, por outra parte, da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP).

Mais non se trata só dun mapa que aviva e reivindica de xeito implícito o legado colonial de Portugal, senón que ademais, no seu afán de pór en escena o galego-portugués como 'superlingua' internacional, pasa por encima outros datos relevantes.

Por ser un mapa de orixe colonial, esconde as realidades autóctonas aínda vivas e das que apenas se ouve falar. Por exemplo, por moito que a lingua oficial de Mozambique sexa o portugués, en realidade o número de falantes nativ@s non pasa de 7% segundo as cifras oficiais do censo de 1997, habendo nove linguas africanas máis faladas.

O mapa tamén esquece mencionar que, se ben o portugués é tamén lingua oficial de Cabo Verde, non é esa a lingua que manexa habitualmente a maioría da poboación, senón o crioulo. Así, se non se computa o papiamentu como galego-portugués, tamén non se debería computar os outros crioulos falados desde Macau, Damão e Diu (que non figuran no mapa), pasando por Guiné-Bissau, onde só 14% da poboación fala portugués como lingua nativa.

Como en moitos outros países poscoloniais onde conviven varias linguas autóctonas, en Timór Lorosa'e o portugués serve tamén de lingua franca, elemento da unidade nacional. Esperemos que a promoción da lusofonía neste pais en aras a fortalecer a unidade nacional non pase por unha redución importante no uso das linguas autóctonas, tal e como está a acontecer na actualidade na África do Sul ou, sen ir máis lonxe, como algúns pretenden impor o español para contrarrestar a 'división interna de España'...

A modo de conclusión, cumpre recoñecermos que, grazas ao legado do colonialismo portugués, é unha realidade innegábel que o galego-portugués é hoxe por hoxe unha lingua internacionalmente útil e que esta utilidade se pode utilizar como argumento para aglutinar máis xente á causa da defensa da lingua galega, tan desprestixiada. Mais, aínda que o galego non fose unha "superlingua", tamén cabería defendelo como lingua inalienábel do pobo galego: por ser a nosa.

Parafraseando a Internacional: "Non hai salvador@s suprem@s... Temos que salvarnos nós mesm@s, o pobo galego!"

"Somos el ejército de Pancho Villa"

No País:

Manuel y Raúl -nombres ficticios de dos brigadistas ourensanos- se afanan sudorosos y agotados, manguera en mano, sobre las cenizas de un fuego que acaba de arrasar monte bajo en Toubes, en el municipio de Pereiro de Aguiar. En dos años cumplen la edad oficial de jubilación, 65. La normativa de la Xunta marca la franja de edad para trabajar en prevención y extinción de incendios entre los 18 y los 60 años.

Los dos seniors comparten labores de extinción con una cuadrilla de otros cuatro trabajadores en esta tarde de incendiario agosto ourensano. Todos ellos contratados por la empresa de capital público Seaga. Unos minutos antes se retiró la brigada de Coto de Castro, de la Xunta. Hacen el mismo trabajo y la misma jornada laboral, pero los de Seaga cobran 300 euros menos al mes. Se incumple el precepto de a igual trabajo, igual salario. Seaga -creada por el bipartito y mantenida por el PP- no tiene ni convenio propio, ni se rige por el de la Xunta, explican de corrido los afectados para quejarse de la desigualdad de trato.

La humareda del monte calcinado da de lleno a los brigadistas, que no llevan las mascarillas puestas. "Nos asfixiaríamos, no las usamos en la extinción y, además, estas no sirven para nada", replican a pie de incendio mostrando las protecciones que les ha entregado la Consellería de Medio Rural, destinadas a carpinterías y ambientes polvorientos. Mientras tanto, el humo va cubriendo como un guante a los presentes, cargado de monóxido de carbono, benceno, y otras partículas altamente contaminantes que pasan directamente a la sangre y han provocado ya ingresos hospitalarios de algunos trabajadores de extinción. En los folletos distribuidos por Seaga a sus trabajadores consta que en la intoxicación por monóxido de carbono se distinguen tres períodos. Un "estado inicial con náuseas, vómitos, trastornos visuales, cefalea y pueden darse incluso casos de angina de pecho". El siguiente estado es de "confusión, irritabilidad, impotencia muscular y trastornos de conducta". El último sería el "coma".

Pese al riesgo constante, los botiquines que llevan los vehículos que acuden a este fuego de Toubes son los habituales de cualquier coche. "No tiene oxigenador, ni reanimador, ni manta de quemados" va haciendo el recuento de las carencias más llamativas el jefe de la brigada. En esta jornada abrasadora en la provincia, la cuadrilla que aplaca el fuego de Toubes lleva el uniforme reglamentario. A la mayoría, la Xunta se lo ha completado hace apenas diez días -las fundas las recibieron la semana pasada- a raíz de las primeras denuncias publicadas sobre la falta de equipamientos adecuados, tras la muerte de sus dos compañeros en Fornelos de Montes.

Pero, en este tramo final de un agosto especialmente incendiario, aún no están todos equipados. "A mí sólo me dieron la funda ignífuga y las botas", sostiene el jefe de la brigada. Al comienzo de la campaña, únicamente se entregaron equipamientos a los recién contratados, aseguran los brigadistas. Los que ya venían trabajando de otros veranos tuvieron que apañarse con lo que tenían.

Para llegar hasta este fuego perdido en la montaña, los reporteros seguimos al camión autobomba con base en el pueblo de Coles. Es una Pegaso-Halcón en cuya ficha constan 25 años de antigüedad. Se cala constantemente. Hay que empujarla. Y se pierde dando vueltas por el monte. El conductor y único ocupante del vetusto vehículo -pese a que hay una normativa de 1981 que recomienda que vayan conductor y auxiliar en la autobomba- no puede comunicarse, para pedir las coordenadas, con el jefe de la cuadrilla. No tiene equipo de transmisión. La Xunta sólo entrega uno por brigada.

Tras más de 30 minutos dando vueltas por angostos caminos, la autobomba se sitúa frente al incendio. El conductor, sin auxiliar que le eche una mano, debe maniobrar el vehículo y también la manguera. Frente al fuego, el responsable de otra autobomba, una IPV -una especie de tractor reconvertido: se utilizaba antiguamente para sacar madera de los montes- sofoca también el fuego. Debe tener especial cuidado, porque sólo puede utilizar la mitad de los 3.500 litros de agua de capacidad del tanque. "La trajeron del taller, pero no quedó bien: si consumo más de la mitad del tanque, ya no lo puedo volver a cargar; sólo puedo consumir unos 1.500 litros", explica el operario, que aplica la técnica del ojo del buen cubero mientras realiza su trabajo de alto riesgo entre las llamas. No es la única autobomba averiada. El conductor de la de Coto de Castro, la cuadrilla que abandonó ese fuego unos minutos antes, advirtió hace dos semanas a Medio Rural de que tenía un asiento roto con un hierro atravesado, lo que le obligaba a dirigirla en una posición incómoda. Le dijeron que esperara.

Mientras se lucha contra el fuego en Toubes, sobre las cinco de la tarde, el equipo recibe la alerta de otro incendio en el próximo ayuntamiento de Vilamarín. La jornada se prolonga: Una de las autobombas nuevas se derramó y la antigua, que acudió en auxilio a sustituirla, tuvo que parar porque ardía. Los conductores de esos vehículos hacen lo que pueden. No son especialistas. El Gobierno bipartito aprobó la realización de un curso específico para este personal que se impartía a través de la Academia Galega de Seguridade, pero la Xunta no pagó la convalidación, advierten los propios trabajadores. Al finalizar la jornada, cada autobombista se lleva el vehículo a su casa. En contra de lo que ocurre en otras comunidades autónomas, no hay recintos para guardar el parque móvil, pero tampoco talleres propios de mantenimiento "cuando sería mucho más económico para el erario público", advierte el jefe de la brigada que opera en Toubes.

No sólo son escasos o mal adaptados los medios materiales. Los recursos humanos dejan también que desear. El distrito Miño-Arnoia de Ourense (incluye la quinta parte de la provincia) dispone de 21 agentes. Pero esta semana de agosto hay seis no disponibles, entre bajas laborales y vacaciones. Personal que "la Xunta no cubre", matiza el responsable del equipo. Los trabajadores asienten, y hablan, pero con recelo. Temen que si se publican sus nombres, Seaga no les renueve el contrato y musitan su malestar general contra los sindicatos. "No les importa nada este sector: han denunciado antes los periodistas que ellos", comentan. La cuadrilla se retira a descansar. Los que quedaron empapados por la lluvia del hidroavión se quedan con lo puesto, calados hasta los huesos: "No tenemos fundas de recambio", comenta un brigadista. "Esto es como el ejército de Pancho Villa", ironiza a su lado un compañero.

Las brigadas tuvieron que multiplicarse ayer de nuevo en Ourense. Medio Rural dio por extinguidos fuegos en O Barco, Cualedro y Oimbra que arrasaron en total unas 150 hectáreas. Por la tarde, seguía ardiendo en Calvos de Randín y volvió a prender en Oimbra. También se apagó otro fuego, de poca importancia, en el barrio de As Eiroas, en la capital provincial.

A poeta chorona que se converteu nunha icona pop

Sara Torreiro no Xornal:

Os libros de Cantares Gallegos e Follas Novas, de Rosalía de Castro son uns dos máis reeditados en Galicia, pero o certo é que alá polo 1880, cando se publicou por primeira vez Follas Novas, Rosalía era unha muller melancólica, semella no prólogo que abatida polas circunstancias da vida, e mesmo crítica de máis coa súa propia obra: “Gardados estaban, ben podo dicir que para sempre, estes versos, e xustamente condenados pola súa propia índole á eterna olvidanza, cando [...] vellos compromisos obrigáronme a xuritalos [...] ordenalos e dalos á estampa. Non era esto, en verdade, o que eu quería, mais non houbo outro remedio[...] ¡Vaian en boahora estes probes enxendros da miña tristura”.

O fragmento pertence ao prólogo de Follas Novas, que a autora editou a instancias do editor Juan Compañel. Non imaxinaba ela a repercusión social da súa obra e a súa figura. Dende 1885 –data do pasamento da poetisa– a 2010 pasaron 125 anos e a muller que escribía “enxendros da súa tristura” pasou a ser todo un símbolo da sociedade galega.

Rosalía foi asimilada pola sociedade “en tres fases”, afirma o dirixente nacionalista Francisco Rodríguez, que afondou en diversos estudos na figura da autora. Nun primeiro momento, na época da Restauración borbónica, os dirixentes consideraron oportuno obviar totalmente a figura da autora, pois “ter iso sen control era perigoso, ao ser un símbolo combativo podía poñer o pobo en oposición ao réxime”. Daquela, os prenacionalistas reclaman unha homenaxe pública e masiva. En resposta a isto lévase a cabo o traslado dos seus restos a San Domingos de Bonaval. Porén, isto faino xente da burguesía e a Igrexa que en realidade non vían con bos ollos a súa obra. Así, nas castes máis progresistas e culturais, a homenaxe non se asume “válida nin oficial”.

Alá polo 1916 aparecen as Irmandades da Fala e o nacionalismo. Ante as insistentes demandas do monumento para a autora, o goberno central decide financialo. Isto levantou fortes protestas no sector nacionalista e republicano polo que consideraban unha “manipulación da figura de Rosalía”, e de aí que non asistisen ao acto e decidisen facerlle unha velada de homenaxe no Teatro Principal. Ata aquí a primeira etapa, segundo Francisco Rodríguez.

Logo chega o momento en que se empeza a falar dela como unha autora marxinal, aínda que recoñecida, á que irmandan con Bécquer. Azorín defínea como “romántica rezagada”. Así, lábrase unha imaxe dela que nada ten que ver coa realidade: a da “chorona”. Posteriormente e xa na terceira etapa, a xeración de Castelao non consegue recuperar a outra imaxe de Rosalía, “combativa e política”, en boa parte porque a imaxe oficial puido máis ca os restos da tradición no que foi “unha operación do Estado español centralista”.

Na actualidade, afirma Rodríguez que “a imaxe de Rosalía segue a estar deturpada”. Ao fío disto o nacionalista engade que “mesmo na Universidade de Santiago ata o 2000 díxose un dislate de descalificacións, chorradas e mentiras sobre Rosalía”.

A ROSALÍA MONROE DE REI ZENTOLO

Porén, cunha imaxe deturpada ou non, Rosalía converteuse en toda unha marca. Así, pasamos da “chorona” á “Rosalía Monroe”. Quen non ten na retina a imaxe da famosa camiseta co retrato da poeta? Dende Rei Zentolo, a empresa que a comercializa, afirman que a idea xurdiu porque Rosalía é moi semellante á Marilyn Monroe de Andy Warhol no senso de que ten unha significación moi grande dentro da cultura galega, como a tiña Marilyn na americana.

Puxérona á venda no 2004 e afirman que “tivo moito éxito, comercializouse moi ben”. De feito, houbo varias reedicións, e dende Rei Zentolo engaden que “nunhas a poeta sae máis sexi e noutras menos sexi”. O certo é que resulta un pouco estraño falar de Rosalía de Castro nestes termos, se cadra é outra etapa na súa consideración social. En todo caso, tal foi o éxito da Rosalía Monroe e tivo tanta repercusión que a tiveron que sacar de catálogo, polo menos “de momento”, afirman.

Chama a atención, porén, que outra marca xenuinamente galega, como é Sargadelos, non aproveitase máis a imaxe da poetisa para as súas creacións. De feito, só fixo tres figuras: unha xerra coa cara dela alá polo 1970, unha figuriña de cativas dimensións que pertence á colección Alba de Groria a mediados dos 90 e a derradeira, levada a cabo por Xosé Vizoso, o deseñador da empresa, co gallo deste 125 cabodano da súa morte. A figura, duns trinta centímetros, leva un ramo de flores na man e na outra o libro de Follas Novas.

ROSALÍA NA RÚA, NON NAS TESES

Sempre foi unha autora moi considerada nas clases populares e menos nas elites, e por desgraza non parece unha tendencia que vaia cambiar a xulgar polo feito de que só hai oito teses e tesiñas sobre a autora. Seis en Compostela, unha en Vigo e unha na Coruña. En contraposición a isto está o feito de que todos os concellos de Galicia teñen algunha rúa, parque, praza, avenida, biblioteca –mesmo hai unha en Pozuelo de Alarcón, en Madrid– ou centro cultural que leve o nome da poetisa. En vista disto agardemos que o seu legado cultural non quede unicamente no asfalto.

28/08/2010

Queimar Galicia

No Faro de Vigo:

Un día calquera de verán. Son as cinco da tarde, a hora pior. Juan non para de repetir: "¡Incendios, dígame!". Temos esta abafante presión cando o lume está ás portas dun dos trinta mil lugares galegos perdidos no océano cósmico do rural. Moito nervio e alarma fundada. Unha das brigadas quedou trabada ao cruzar a aldea; a motobomba tamén. Inda que a fronte do lume está a uns trescentos metros e se pode facer aló unha liña de defensa, a xente non os deixa marchar; teñen medo de que ardan as casas. Logo cóntanos que unha das persoas que presenciaban o lume dende un balcón increpou aos membros dunha brigada berrándolle: ¡Traballade, lacazáns, que para iso vos paga a Xunta! Os brigadistas nin se inmutaron. Ergueron a vista para fitar un intre a trabada matogueira ou selva infernal que os rodeaba, e colleron en silencio, co lombo dobrado e os batelumes á ombreira, a trocha que levaba directamente ao incendio. Tiñan as faces tinguidas da cinza de outros dous incendios que xa quedaban, por eles mesmos, controlados. Escaso consolo.
Agosto,1998. O val glacial de Riocaldo semella a caldeira dun volcán. Hai lumes que chegaron endiañados pola banda de Muíños dende Portugal, e tamén dende a Serra Amarela, e tamén alá lonxe polo Leboreiro. Eiquí, de pé a carón de Javier, un sol de sangue afunde ás nosas costas por tras dos cotos arrubiados da serra de Santa Eufemia, semella o apocalipse. A emisora canta sen parar, temos xente da nosa e de protección civil, o exército e mesmo portugueses que tamén viñeron axudar. De súpeto alguén berra pola emisora, de seguido os gritos convértense en xuramentos e logo a voz remata afogada nun lamento estridente. Todo o val silencia de repente, centos de homes enmudecen atacados por unha arrepiante premonición. O capataz da brigada de Bande morre abatido polas lapas nunha corga próxima a capela do Xures.
Xullo, 2004. Veño de Santiago e me chama Antonio coa voz tomada pola angustia: teño que marchar á base de Beariz, podes vir ata a oficina? Que pasa? Estrelouse un avión... Aquel Dromader fixera unha descarga perfecta nun lume próximo á súa base de Beariz. Os seus compañeiros do ceo chamárono repetidamente sen resultado. En zonas montañosas como esta os avións aproveitan o empurre ascendente da descarga para coller altura, pero aquel avión non chegou a saír das corgas fondais da Serra do Suído. Logo chamoume Antonio e contoume desolado que o avión, por causas inda descoñecidas, fora espetar como un proxectil contra a montaña. Estralou nunha bola de lume dantesca. O piloto era un home novo que estaba a facer méritos para traballar nas Aeroliñas Arxentinas. Era o seu soño. Pero quedou para sempre con nós
Hoxendía. Meu amigo Carlos Varela, fiscal superior de Galicia, presentou un excelente traballo sobre o perfil psicosocial dos incendiarios. Vén dicir, entre outras, algunhas cousas que nós xa sabiamos hai moitos anos, pero que politicamente eran inaceptables. Cada vez que saía algún alto cargo inculpando a unha organización mafiosa como responsable dos lumes criminais quedabamos con cara de póker. Porque inda que doa e proa na meirande parte dos casos (como pon en evidencia dito informe) somos nós, en solitario, nas nosas aldeas, no mesmo lugar onde vivimos, de día ou de noite, polas razóns que sexan, os que poñemos lume ao noso patrimonio natural. E todo iso só se entende se somos capaces de enfocar e afrontar o asunto "entre todos" como un problema capital e estrutural no contexto correcto do país, nun país sen orde no territorio, sen obxectivos de futuro claros, cun déficit crónico en solidariedade, educación e conciencia ambiental, con centos de milleiros de hectáreas ermas improdutivas logo da hecatombe do mundo rural. Porque o que é evidente é que só aquilo que se valora e se aprecia é respectado.
Realmente somos merecentes de tan descomunal sacrificio, de que aqueles de antes e, agora, Julio e Rodrigo, tiveran que deixar as súas vidas nos montes de Galicia..?

¿Por qué Galicia bate marcas en cuanto a incendios forestales?

En Im-Pulso:

El actual verano es más caluroso de lo habitual --circunstancia esta que es cada vez más frecuente debido al cambio climático-- y los incendios forestales vuelven a ser noticia diaria en Galicia, donde desde hace ya años y años los bosques arden con mayor facilidad y reiteración que en el resto de las Españas.
¿Por qué? Los motivos son variados: el abandono del rural, la escasa profesionalización de las comunidades de montes, las venganzas, el deseo de vender suelo recalificado y encarecido, los descuidos, la irracional dispersión poblacional, la escasa planificación forestal, la desidia, etcétera y etcétera... Y también lo que describe Carlos Alarcia en "Arde Galicia", vía El país.
ENLACES a bitácoras de ecología.

Desexos

Luis Davila sempre tan axeitado:

A República "galega"

Artigo en Galicia Hoxe:

KEA anunciara en resposta a este xornal -tras a publicación dun artigo do escritor Miguel Anxo Fernán Vello que criticaba a ausencia do galego na tenda-, que prevía galeguizar o catálogo, "a ferramenta máis importante de comunicación da compañía". No mesmo comunicado non aclaraba nada sobre a rotulación do establecemento.

O Catálogo IKEA edítase xa en todas as linguas oficiais do Estado español: -castelán, catalán, éuscaro e galego-, así como en inglés -para as tendas de Murcia e Málaga-. Todas as edicións están dispoñibles en versión dixital a través de www.IKEA.es.O catálogo 2011 ten unha tiraxe de 9,2 millóns de exemplares en todo o Estado e chegará de forma gratuíta ao 80% dos fogares da área de influencia dos seus 13 establecementos en España: en Madrid (3), Barcelona (2), Málaga, Sevilla, Xerez (Cádiz), A Coruña, Zaragoza, Asturias, Murcia e Bilbao. O catálogo estará dispoñible na tenda a partir do 15 de setembro.

O Catálogo IKEA é a publicación comercial de maior tiraxe no mundo con 197 millóns de exemplares da súa edición 2011, que se distribúen en 41 países e en 29 idiomas. Nesta nova edición, o Catálogo conta con 376 páxinas nas que se inclúen 2.000 produtos da gama de máis de 10.000 artigos que conforman a oferta global de IKEA.

A empresa asegura que o 85% do seu cadro de persoal na Coruña fala galego, mais o formulario web que os candidatos a traballar na tenda debían cubrir non incluía ningunha opción para achegar coñecementos da nosa lingua.

19/08/2010

Presentación realizada por Pilar Ponte (A profa) para o obradoiro "Guías de lectura, máis alá do texto. Propostas didácticas" que se desenvolveu dentro das XX Xornadas de Lingua e Literatura da AS-PG e a CIG en Santiago de Compostela en abril de 2010.
Nela poderás atopar:
- Obxectivos da lectura.
- Tipos de guías de lectura.
- Elementos da guía de lectura.
- Na rede (compilación de páxinas na rede onde se poden atopar guías de lectura).



Vía

18/08/2010

Fala Ceibe solicita no Parlamento Castelá que o galego sexa recoñecido como “lingua propia”

As Cortes de Castela e León están a tarbllar na Lei da Comerca dese territorio. Un feito que aproveitou a asociación Fala Ceibe do Bierzo para presentar unha proposta de emenda adicional apra que o texto recolla a existencia da lingua galega no bierzo e, ao tempo, sexa declarada “lingua propia”. Así o recolle hoxe Xornal de Galicia, onde se afirma que a proposta inclúe a creación dun Servizo Lingüístico Berciano para informar e asesorar no uso do galego. O colectivo denuncia tamén que nos últimos tempos se produciu unha perda de falantes na zona.

Convenio fillos.org – blogaliza.org

A empresa Algueirada, responsable do servizo de blogs en galego Blogaliza, ven de asinar un convenio de colaboración coa asociación responsable da maior comunidade online da diáspora, Fillos.org, que conta xa con case 7 mil usuarios rexistrados. Grazas a este acordo evítase a desaparición deste proxecto histórico da Internet galega, que naceu en 1997 como ponte entre Galiza e os galegos do exterior, nomeadamente fillos e netos de emigrados. A falta de recursos económicos, agravada tras a cambio de goberno na Xunta de Galicia, e a carencia de persoal técnico capaz de xestionar unha rede social en continua expansión levaran á asociación Fillos de Galicia a facer un chamamento tras outro para acharen quen continuase co proxecto.
Aínda que estes chamamentos fracasaron e algúns medios apresuráranse a anunciar a morte do proxecto, abriuse unha derradeira oportunidade da man da consultoría tecnolóxica Algueirada: o traballo de actualización do portal Fillos.org realizado cos últimos recursos da asociación, facilitou a compatibilidade técnica con Blogaliza, o coñecido servizo ofrecido por Algueirada.

Deste xeito faise posible a supervivencia do proxecto, que agora fará parte de Blogaliza, quedando outros coñecidos proxectos de Fillos de Galicia como Atopadoiro.org fóra do acordo e baixo a xestión directa da asociación, xa cun custo moito menor. Os responsables de ambas organizacións felicítanse polo acordo e agardan poder sentar así as bases para novos proxectos a prol da cultura e a lingua galega no exterior.

Aos responsábeis da nova caixa

Xabier Docampo no Xornal:

Prezados señores: Que, damos a cousa por feita? Supoño que así é, polo tanto estarán xa nun punto de tomar decisións sobre do futuro que lles terá a cabeciña ben ocupada. Mais quero crer que han ter tempo para ler esta carta, que, coma todas as que levo publicadas, trata da nosa lingua (por favor, venzan os prexuízos e sigan a ler).

Teño para min que a nova caixa vén definida por ser unha entidade galega e ao servizo do pobo galego, ao que pertencemos, maioritariamente, os seus impositores, e mentres non chegue a entrada de capital privado, dun xeito ou doutro, ­unha entidade pública.

Así as cousas eu quería pedirlles que tomasen en consideración a posibilidade, nacida dunha obriga moral, de que, agora que están a definir o futuro, deixen claro que esta nova caixa galega, nesa súa vontade de se facer visíbel como tal, adopte a decisión firme de que a lingua de todas as súa relacións internas e externas, dentro do territorio de Galicia, haberá ser sempre o galego.

Isto sen negar os dereitos que todos os cidadáns teñen a seren atendidos, de xeito oral e por escrito, na lingua oficial da súa preferencia, polo tanto, todo aquel que desexe ser atendido en castelán, serao en canto así o manifeste. O mesmo que se supón que a min me ocorre en calquera das entidades bancarias con oficinas en Galicia, que teño que pedir expresamente a documentación en galego se así a quero.

Este detalliño de ter a lingua galega como o idioma de uso normal, convertería a nova caixa galega nunha entidade de clara, demostrada e orgullosa galeguidade. Non quero dicir que sexan menos galegos os cidadáns que falan castelán, de xeito ningún.

Dese dereito de se ter por galegos só exclúo os que renegan da lingua téndoa por inútil ou inferior, poñendo os medios para impedir que os seus fillos a coñezan ou aqueles que consideran normal que nun banco os atendan de xeito oral e por escrito de entrada en castelán e teñen por anormal que suceda así en relación coa lingua galega.

Por iso os convido a vostedes a daren ese paso que os poñería no mundo coma unha entidade bancaria galega, con toda a vocación universal que sexa posíbel, cousa perfectamente compatíbel con se afincar na galeguidade. Non lles estou a pedir nada extravagante, poden comprobalo lendo o PXNLG, aprobado no Parlamento galego en 2004 coa unanimidade de todos os grupos e de todos os deputados. Alí, poderán ver o que di sobre da “oferta positiva” como medida de normalización da lingua galega.

Para rematar, quería que considerasen que, é moi probábel, que a maioría daqueles que defendemos o uso e promoción da lingua galega, xa somos clientes dunha das dúas caixas matrices desta que agora nace, e que o facíamos por se tratar de caixas galegas ambas e dúas. E, desde logo poden ter a seguridade que este acto concitaría as simpatías de moitos galegos e galegas por enriba da lingua que fale cada un deles.

Demostrarían que non son unha entidade bancaria máis das que hai en Galicia, senón a única que ten verdadeira vocación de servizo aos galegos, comezando polo respecto á súa lingua propia. E isto sen menoscabo dos dereitos individuais de calquera cliente, que con pedilo, sería inmediatamente atendido na outra lingua oficial.

Teñan por seguro que seremos moitos os que permaneceremos atentos á súa decisión neste asunto para decidir o futuro dos nosos, poucos ou moitos, cartos. Atentamente.